Castelao: Vida, Obra e Legado
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,01 KB
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Unha Vida Dedicada a Galicia
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) é a figura máis destacada da cultura galega no século XX. Naceu en Rianxo. Entre os 10 e os 14 anos reside na Pampa arxentina, onde emigrara seu pai. De volta en Galicia, estuda o Bacharelato e a carreira de Medicina en Santiago. Ten grande habilidade como debuxante e caricaturista.
Participa no sindicato Acción Gallega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades da Fala. En 1920 faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. En 1926 é elixido membro da Real Academia Galega.
Participa na creación do Partido Galeguista. É un dos principais promotores do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado en 1936. Ao remate da Guerra Civil exíliase. Crea en Bos Aires o Consello de Galiza, do que é presidente ata a súa morte en 1950. Desde 1984 os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago.
A súa Obra Literaria
Como escritor comeza cultivando a narrativa, máis tarde inicia o seu labor como ensaísta e, por último, como dramaturgo.
Principais Características da súa Obra
- Crítica social: denuncia as inxustizas que sofren os máis débiles.
- Humor acedo: amosa os defectos da sociedade galega do seu tempo.
- Lirismo: con abundantes recursos expresivos: anáforas, comparacións...
- Concisión e brevidade.
Narrativa
- Un ollo de vidro: novela curta centrada no tema de ultratumba, predominan o humor negro e o compromiso social.
- Cousas: conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración, un mosaico que amosa a realidade galega do seu tempo.
- Retrincos: colección de cinco relatos nos que se narran acontecementos e vivencias do autor.
- Os dous de sempre: única novela longa de Castelao que presenta a biografía de dous personaxes, Pedriño e Rañolas:
- Rañolas: rapaz que supera circunstancias adversas pola súa intelixencia, valentía e idealismo.
- Pedriño: persoa sen vontade, preguiceiro e materialista, preocupación por comer e folgar.
Ensaio
- Sempre en Galiza: escrita entre 1935 e 1947 e publicada en Bos Aires en 1944. Obra máis importante do pensamento galeguista da época. Características propias dunha nación: territorio diferenciado, lingua propia, tradición cultural...
- Destacan tamén: As cruces de pedra na Bretaña (1930) e As cruces de pedra na Galiza (1950).
Teatro
Os vellos non deben de namorarse (1941), única obra teatral.
Os amores serodios dos vellos van aparellados á morte. Os lances presentan 3 versións dun mesmo drama: en cada un hai un vello namorado dunha moza e un mozo que rivaliza con el. Tamén aparece a morte como personaxe que advirte ao vello das dramáticas consecuencias do seu namoramento.
No epílogo os 3 vellos reúnense xa convertidos en esqueletos e analizan as circunstancias da súa morte.
Quería manifestar a importancia que lle concedía aos artificios escenográficos (iluminación, vestiario, decorados...) mediante os cales modernizou o teatro galego do seu tempo.
Obra Gráfica
Castelao foi tamén pintor, debuxante e caricaturista. Publicou os debuxos do álbum Nós (1916), Cincuenta homes por dez reás (1931) e a serie Cousas da vida. A través do humor dá unha visión crítica da Galicia do seu tempo.
Despois da guerra aparecen os álbums Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938), dramáticas estampas da cruel represión fascista en Galicia.