Castelao e a Vangarda Galega: Legado Literario e Cultural do Século XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,08 KB
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Figura Central da Cultura Galega
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi a figura máis sobranceira da cultura galega no século XX. Participa no sindicato Acción Gallega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades da Fala, iniciando un intenso labor político. Comeza tamén a súa relación co grupo ourensán de Risco, Otero e Cuevillas. En 1920 faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 forma parte do Seminario de Estudos Galegos. En 1926 foi elixido membro da Real Academia Galega. Participa na creación do Partido Galeguista, polo cal foi elixido deputado en 1931 e 1936. É un dos promotores do Estatuto de Autonomía para Galicia, que será aprobado en plebiscito en 1936. Crea en Bos Aires o Consello de Galiza, unha especie de goberno galego no exilio, do que é presidente ata a súa morte en 1950.
A Súa Obra Literaria: Temas e Estilo
Características Xerais
- Crítica social: Denuncia das inxustizas que sofren os máis débiles, defensa das clases populares, reivindicación da lingua galega, defensa da democracia fronte ao fascismo e o imperialismo.
- Humor acedo: Ironía e retranca, amosa os defectos da sociedade galega do seu tempo.
- Lirismo: Abundantes recursos expresivos.
- Concisión e brevidade.
Narrativa de Castelao
- Ollo de vidro: Novela curta con tema de ultratumba. Predominan o humor negro e o compromiso social.
- Cousas: Reúne un conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración. As «cousas» son a creación máis orixinal de Castelao e supoñen unha síntese entre a narrativa e a plástica.
- Retrincos: Colección de cinco relatos que narran acontecementos e vivencias do autor en distintos momentos da súa vida.
O narrador acumula múltiples trazos positivos na caracterización e negativos no segundo.
Ensaio e Pensamento Político
- A obra ensaística máis importante é Sempre en Galiza, escrita entre 1935 e 1961. É a obra máis importante do pensamento galeguista da época. Galicia é definida coas características propias dunha nación. Fronte ao centralismo, propón un federalismo de todos os pobos ibéricos.
- Destaca a arte popular: As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.
As Vangardas na Literatura Galega
Características das Vangardas
- Actitude romántica e antisentimental.
- Defensa da total liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
- Defensa da arte pola arte: renuncia a calquera finalidade exterior ao propio discurso artístico, procura da arte pura.
- Renovación da linguaxe literaria.
A Xeración do 25: Renovación e Nacionalismo
Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores que leva a cabo a renovación da lingua galega mediante a incorporación das novidades das vangardas europeas (Xeración do 25, Xeración do 22, Xeración das Vangardas). Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. Creación do Seminario de Estudos Galegos e formación do Partido Galeguista con conciencia nacionalista.
Como medios de expresión usaron os órganos xornalísticos, publicaron revistas literarias de creación propia nas que difunden os seus versos e dan a coñecer entre nós aos principais representantes da vangarda española e mundial.
A Poesía de Vangarda en Galicia
Centráronse fundamentalmente na poesía e agrúpanse en dúas grandes liñas:
- Sen romper coa tradición literaria autóctona, renova a poesía galega mediante a asunción de certos presupostos vangardistas: Hilozoísmo e Neotrobadorismo.
- Rompe totalmente coa tradición literaria galega e segue o camiño marcado polas literaturas vangardistas europeas: Vangarda plena ou Creacionismo.