A Castelanización e a Literatura Galega na Posguerra

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,53 KB

A Castelanización na Posguerra

Neste período, o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentúase profundamente e acada niveis preocupantes non só dende un punto de vista cualitativo senón tamén, por primeira vez, cuantitativo. Así, en 1938 apenas o 10% da poboación galega falaba castelán, pero 50 anos despois case a metade dos galegos se instalaran parcial ou totalmente nesta lingua.

Motivos da Castelanización

Os motivos do aumento no proceso castelanizador son diversos:

  • Represión do franquismo contra todas as linguas distintas do castelán.
  • Xeneralización da educación obrigatoria, exclusivamente en castelán.
  • Cambio da estrutura socioeconómica tradicional: a industrialización chega a Galicia, moi tardiamente, coa creación dos polos industriais de Vigo, A Coruña e Ferrol. Isto provoca á súa vez a urbanización, é dicir, o éxodo do campo á cidade. Ambos os procesos foron sempre acompañados dun cambio de lingua cara ao castelán.
  • Chegada dos novos medios de comunicación audiovisuais (radio e, posteriormente, televisión), exclusivamente en castelán, que permiten que esta lingua se introduza en todos os fogares.

A Produción en Lingua Galega

Os anos que durou a Guerra Civil española (1936-1939) e os primeiros anos da ditadura franquista foron totalmente estériles para a produción cultural na lingua propia. Calquera movemento de carácter galeguista, non só político senón tamén cultural, quedou interrompido. Todas as iniciativas que comezaran a etapa anterior (revistas, editoriais etc.) rematan o mesmo ano en que comeza a guerra. Neste período a creación literaria tivo que continuar no exilio, con obras tan destacadas como Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, ou A Esmorga, de Blanco Amor. Cómpre esperar a 1950 para que o cultivo do galego comece a recuperarse, sobre todo grazas á fundación, ese mesmo ano, da editorial Galaxia, que recuperou os autores exiliados ou silenciados a partir de 1936 e integrou as novas xeracións xurdidas nos anos 50 e 60. Estaba prohibido publicar en galego calquera texto informativo nos xornais así como empregalo en actos públicos, mesmo da Real Academia Galega.

O Galego nos Movementos Políticos e Asociativos

A partir dos anos 60 comezan a xurdir agrupacións que reivindican o uso do galego e achégano á sociedade, a través de actividades como cursos, conferencias, coloquios etc. Ademais, a nivel político fúndase o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG). Estes partidos recuperan de novo o idioma para os usos públicos orais e o seu emprego acaba estendéndose a todos os partidos contrarios á ditadura.

Comentario de Celso Emilio Ferreiro

Este fragmento pertence á obra… de Celso Emilio Ferreiro, publicado en… Co remate da guerra civil, a poesía galega entrou nun período de silencio que desaparece coa publicación en 1947 do poemario Compañeros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño.

Características:

  1. Temática (intimista, social)
  2. Lingua empregada polo autor (sinxela, coloquial, cláusulas simples)
  3. Métrica (verso libre)
  4. Recursos estilísticos (anáfora, paralelismo, metáfora, comparación, hipérbole…)

Este autor pertence á xeración do 36, na que tamén destacan outros como Álvaro Cunqueiro coa obra Dona do corpo delgado e Luís Pimentel co Sombra do Aire na herba e Xosé Mª Díaz Castro con Nimbos.

Castelao:

  • Achegamento ás clases populares e aos máis humildes.
  • Non elitismo, vontade de ser entendido.
  • Emprego de estratexias de verosimilitude (testemuñas, manuscrito encontrado...).
  • Brevidade e ausencia de artificios (linguaxe sinxela).
  • Identificación coa idiosincrasia dos galegos (retranca, ironía, sentido do humor…).

Vicente Risco: Nós, Os inadaptados

Otero Pedrayo: Os camiños da vida

Fórmulas de apertura:

  • "Xa hai moito tempo"
  • Conclusión conceptual de carácter didáctico.
  • A voz narradora preséntase como testemuña, para que nos fiemos do que di e fai chamadas de atención aos oíntes.
  • Abundante uso de refráns.
  • Emprego de dialectalismos e barbarismos propios da montaña luguesa, nun intento de recoller a fala real.

Contextualización Castelao, Fole

Esta obra pertence a… do poemario… de autor… pertence ao Grupo Nós e as principais características do Grupo Nós son: formación universitaria de todos, sentimento de inconformismo e rebeldía co mundo que lles tocou vivir, querenza polas culturas alleas e exóticas e polo mundo do máis alá e a última e creadores da prosa e do ensaio galego moderno.

A Narrativa na Posguerra

A produción narrativa en galego interrompeuse bruscamente despois de estalar a guerra civil en 1936. A primeira novela de posguerra aparece no ano 1951: A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero. Desde este momento prodúcese unha lenta recuperación do xénero narrativo que permite a aparición de obras consideradas clásicas da nosa literatura. Así nos anos 50 comezan a percibirse unha serie de liñas narrativas ou temáticas:

  • O grupo de autores que continúan o labor e estilo da Xeración Nós. É o caso de Carballo Calero con A xente da Barreira, que narra a vida de varias xeracións dunha familia fidalga, na liña de Otero Pedrayo.
  • O realismo social: recrea a vida das clases populares nun ambiente urbano. Autor representativo: Eduardo Blanco Amor (A esmorga).
  • O realismo fantástico: mestura o mundo real e o fantástico; e mestura tamén o mundo tradicional galego e os mundos míticos doutras culturas (Sinbad, Merlín...). Autor representativo: Álvaro Cunqueiro (Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Se o vello Sinbad volvese ás illas).
  • O realismo popular ou etnográfico de Axel Fole onde reelabora, de forma culta, contos de ambientación popular (A lus do candil, Terra brava…) sen afastarse das características propias do relato oral.
  • Realismo rural de Xosé Neira Vilas coa obra Memorias dun neno labrego.
  • A Nova Narrativa: pretende romper coa narrativa anterior empregando temas e técnicas nunca antes pescudadas (monólogo interior, ruptura da temporalidade lineal,…). Autores representativos: Carlos Casares, Xosé L. Méndez Ferrín, Mª Xosé Queizán. Están influídos polos autores da narrativa universal do s. XX (Marcel Proust, James Joyce, Franz Kafka…).

Nova Narrativa:

  • Está protagonizada por autores e autoras novos e con formación universitaria.
  • Rachar coas formas de narrar tradicionais e optar por múltiples formas narrativas.
  • Espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
  • Concibir o ser humano como un obxecto máis.
  • Procurar universalidade dos textos que escriben.
  • Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.
  • Recibir influencias do "Nouveau Roman" francés e de escritores como Joyce ou Camus.

Principais autores con obras:

  1. Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nace un árbore
  2. Xosé Luís Méndez Ferrín: O crepúsculo e as formigas
  3. Xohán Casal: O camiño de abaixo
  4. María Xosé Queizán: A orella no buraco
  5. Xohana Torres: Adios, María
  6. Carlos Casares: Vento ferido

Entradas relacionadas: