Características das vangardas galegas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,1 KB

TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA


Primeiras décadas do século XX xorden en Europa as vangardas, movementos artísticos que realizarn unha Renovación radical da estética, rompen co tradicional e crean novas Formas e linguaxes. Debido as transformacións sociais, políticas, Científicas e tecnolóxicas, cambia a maneira de percibir a Realidade.

Malia á diversidade de ismos, hai características comúns: A arte non debe imitar a realidade, o/a artista debe ter liberdade Absoluta, ser orixinal e desbotar as normas e a tradición, Proclámase unha arte deshumanizada e unha actitude antisentimental; Renóvase a linguaxe poética, empregando léxico do mundo Contemporáneo, ruptura das normas da escrita, predominio das imaxes Irracionais...

Os principais movementos de vangarda internacionais son: o Futurismo, que exalta o mundo moderno e industrial; o Surrealismo, manifestacións do subconsciente, soños, Delirios; o Cubismo, descompón xeométricamente a realidade; O creacionismo, non imita a realidade, crea unha realidade Nova.

As VANGARDAS NA LITERATURA GALEGA, as vangardas Internacionais chegan a Galicia nos anos 20 e 30 coa XERACIÓN DO 25, escritores nados na primeira década do s. Formados no Ambiente das Irmandades e discípulos do grupo Nós, cos que Colaboran estreitamente para crear o SEG ou o PG, e escribindo na Revista Nós e n'A Nosa Terra.

Do Grupo Nós herdan o afán modernizador e europeizador da nosa Cultura e literatura, que poñen ao día nas revistas poéticas Vangardistas que publican:

Alfar, Ronsel, Resol, Papel de Color, Yunque, Cristal

Son os responsables da renovación poesía galega seguen as Vangardas europeas, pero, en xeral, os poetas galegos non adoptan Unha ruptura absoluta coa tradición, movense entre a tradición e a Modernidade debido ao seu compromiso galeguista e social. Só uns Poucos, como M. Antonio se achegan a un Vanguardismo máis Rupturista.

Nos movementos vanguardistas galegos debemos distinguir: Movementos específicamente galegos, que non son propiamente Vangardistas, senón renovadores da tradición:

  • O neotrobadorismo;
    recreación temática e Formal das vellas cantigas medievais, especialmente das de amigo. A Publicación, uns anos antes, dos cancioneiros medievais en Portugal Impresiona a estes mozos ao descubriren un antecedente de esplendor Das nosas letras. Salientan dous poemarios de 1933: Nao Senlleira de Bouza Brey, fiel ao modelo medieval; Cantiga nova que se chama Riveira de Álvaro Cunqueiro, quen engade imaxes Modernas ao vello modelo.

  • O imaxinismo ou hilozoísmo, posta ao día da poesía Paisaxística: trata o tema tradicional da paisaxe personificada, Cunha métrica popular e sinxela, pero engáde imaxes moi novidosas. O máximo representante é Amado Carballo, con dous poemarios De finais dos anos 20, O galo e Proel.

Nos movementos propiamente vangardistas salientamos a Álvaro Cunqueiro, que escribe a principios dos 30 dous poemarios Vangardistas:

  • Poemas do si e non, Libremente vangardistas con influencia surrelista, narra unha Historia erótica que queda nun segundo plano: o importante son as Imaxes arbitrarias (mezclar cousas de mundos diferentes).

  • Mar ao norde, Segue o creacionismo de Manuel Antonio, presentándonos nuns breves Poemas un mar abstracto, puro e luminoso, no que importa máis o Xogo verbal ca o contido.

O cumio vangardista da xeración acadao o rianxeiro Manuel Antonio, coa obra creacionista De Catro a catro*.

O espírito rupturista e irreverente deste autor plasmase no Manifesto Máis alá!
Que rexeita os vellos e expresa a Vontade de romper coas normas e coa tradición. Escribe outros catro Libros que non foron publicados ata os 70 (anacos Do meu interior, Foulas, Sempre e mais despois, Viladomar)

*Formalmente,

De Catro a catro

(estrutura circular) é un poemario Totalmente vangardista, escrito coas técnicas creacionistas:

  • O esencial son as imaxes: sucesión de imaxes vanguardistas, Irreais e arbitrarias que crean un mundo poético independente da Realidade.

  • Utiliza o versolibrismo, abandona a métrica tradicional.

  • Máis que estrofas atopamos estratos autónomos que non Seguen unha secuencia temporal.

  • Tipografia novidosa: disposición irregular dos versos, uso Enfático de maiúsculas, ausencia de signos ortográficos, etc.

  • Usa un léxico cheo de termos mariños, con estranxeirismos e Tecnicismos.L

O contido, non segue o principio vangardista da Dehumanización da arte e, malia semellar superficialmente unha viaxe Mariña intrascendente, tratase dunha poesía existencial: O mundo Mariño que nos presenta, cun mar sen color e nocturno, reflicte Simbolicamente, os temas da angustia vital do eu poético, do paso do Tempo e da soidade irremediables.

Esta revolucionaria poética non tivo continuadores ata finais do Século XX por mor da Guerra Civil e da ditadura.



Entradas relacionadas: