Cantigas Medievales Gallegas: Escarnio, Amor y Milagros

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,5 KB

Cantigas de Escarnio e Maldicir

Estas son poemas satíricos e burlescos donde os trovadores critican a sociedade medieval sen facer distinción de clase social ou profesión. Así, a través da ironía, critican a xente como as soldadeiras e os infanzóns.

Aínda que ás veces é difícil, nas cantigas de xénero burlesco adóitase distinguir entre cantigas de escarnio (aquelas nas que se critica dunha maneira encuberta e irónica) e as cantigas de maldicir (aquelas nas que a burla se fai dunha maneira directa e explícita).

Temas das Cantigas Burlescas

  • Sátira Social: Faise burla a todas as clases sociais sen excepción, sendo moi común a crítica aos infanzóns e fidalgos de menor categoría.
  • Sátira Política: Ridiculízase a covardía dos nobres cristiáns na guerra cos musulmáns.
  • Sátiras Sexuais: Son escarnios contra as monxas, cregos e soldadeiras por manteren relacións sexuais.
  • Sátira Literaria: Búrlanse dos principais tópicos das cantigas de amor e amosan crítica contra outros trovadores por falta de creatividade.
  • Sátira Moral: Critícanse determinados vicios da época, como a mentira ou a corrupción.

Recursos Formais Destas Cantigas

Este tipo de cantigas non ten diferenzas formais coas cantigas de amigo e de amor; hainas de maestría e de refrán. Debemos fixarnos no contido para identificalas xa que non hai regras específicas.

Cantigas Líricas ou de Loor

Son 66 textos de loanza á Virxe María escritos ao xeito das cantigas de amor e empregando tópicos propios das mesmas. Teñen formato de poema.

Cantigas Narrativas ou de Milagres

Relatan un milagre da Virxe e teñen intención didáctica. Formalmente, empezan cun resumo breve da ensinanza da cantiga, despois narran o acontecido e, finalmente, resumen todo o escrito.

Lírica Relixiosa - Cantigas de Santa María

Son un conxunto de cantigas co obxectivo de loar a Virxe María, baixo a dirección do rei Alfonso X o Sabio. As coleccións en lingua latina comezaron no século VI, pero foi no XI cando a Igrexa potenciou o culto á Virxe María como protectora dos cabaleiros que marchaban ás cruzadas contra os árabes, agora xa en linguas romances. O obxectivo era duplo: relixioso e propagandístico de determinados santuarios.

Xéneros Menores

  • Pastorelas (Parecidas ás Serranillas, de LCL): Poemas nos que dialogan un pastor e un cabaleiro que lle pide o amor á mesma.
  • Tenzóns: Composicións dialogadas nas que dous trovadores discuten sobre un tema.
  • Prantos: Poemas nos que se loan as virtudes dunha persoa morta, que, normalmente, foi relevante socialmente.

Prosa Medieval

Ademais dos textos poéticos da Idade Media en galego, hainos tamén en portugués. Estas son traducións doutras linguas nas que os traductores se permitiron certa creatividade á hora de traducilas ao galego. Establécense dous períodos de tradución:

  • Prosa Galego-Portuguesa (séculos XII e XIV): Son novelas cabaleirescas de tema artúrico. As máis famosas son o Libro de Tristán e a Demanda do Sanro Graal.
  • Prosa Galega (finais do século XIV e século XV): Son obras de tres temáticas: a guerra de Troia (Crónica Troiana), os milagres de Santiago (Libro de Milagres de Santiago e Crónica de Santa María de Iria) e libros de historia (Crónica xeral).

Clasificación dos sons consonánticos segundo o punto de articulación

  • Bilabiais: Achéganse os dous labios.
  • Labiodentais: O labio inferior toca os dentes superiores.
  • Interdentais: A lingua sitúase entre os dentes.
  • Dentais: A lingua apóiase nos dentes superiores.
  • Alveolares: A lingua toca os alvéolos.
  • Palatais: A lingua elévase contra o padal.
  • Velares: A parte posterior da lingua apóiase no veo do padal.

A Lingua Galega - A Resistencia do Pobo

Chamamos séculos escuros (XVI-XVII) ao longo período en que non houbo produción literaria en galego propiamente dito debido a acontecementos políticos que provocaron a implantación da lingua castelá como lingua da Administración e do ensino. Despois da guerra civil desencadeada tras a morte de Henrique de Trastámara, a nobreza galega optou por Xoana a Beltranexa fronte a Isabel a Católica. A vitoria de Isabel marcou o inicio dos séculos escuros e formouse unha elite dominante que impuxo o castelán como lingua da Administración, da Igrexa e da educación.

Tamén houbo a creación dunha serie de prexuízos sobre a nosa lingua e sobre os galegos, a chamada Lenda Negra.

O Prerrexurdimento

Este é un período dende 1808 ata 1863, dende a invasión das tropas napoleónicas ata a publicación da primeira obra íntegramente en galego, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Nas primeiras décadas deste século, o século XIX, escríbense textos en prosa de carácter propagandístico: chamamentos de alzamento contra as invasións dos franceses, de defensa de ideas, etc.

Tamén houbo textos de literatura de circunstancias, como a obra de teatro A Casamenteira (parecida a La Celestina) de Antonio Benito Fandiño e dous poemas amorosos de Nicomedes Pastor Díaz.

Os Precursores

Os precursores son autores comprometidos coa defensa do galego e coa recuperación da cultura galega que publicaron textos literarios, sobre todo poéticos, na nosa lingua. Estes son:

  • Xoán Manuel Pintos (1811-1878): Publicou a Gaita Gallega, primeiro libro de literatura galega contemporánea aínda que ten páxinas en castelán e latín. É unha obra en prosa e verso que ten por obxectivo o aprendizaxe do galego.
  • Francisco Añón (1812-1878): Foi un prolífico poeta cuxa obra está dispersa por publicacións da época. Escribiu poemas costumistas e patrióticos como "A Galicia".

Foi moi relevante para o desenvolvemento da literatura galega destes anos a celebración, en 1861, dos Xogos Florais de Galicia, nos que participaron estes autores e outros como Rosalía e Pondal, cuxas composicións serían recollidas no volume Álbum de la Caridad.

Entradas relacionadas: