Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: Unha Introdución

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,17 KB

Cantigas de amigo:

Características temáticas: voz narrativa dunha muller que se refire á ausencia do namorado. Dúas protagonistas: a namorada (muller) e o namorado (amigo). Hai moitas emocións: felicidade pola chegada do amigo, dúbida e vulnerabilidade pola non asistencia á cita, etc.

Logo aparecen personaxes secundarios (gardadora, amiga, cómplice, corvelleira), irmáns e amigos. O espazo é natural e acompaña a narración, manifestando especial relevo.

Clasificación:

  • Dirixidas directamente ao amigo.
  • Dirixidas indirectamente ao amigo.
  • Tipos: barcarolas (referencia ao mar e barcos), bailadas (referencia a bailes), romaría (cando a acción xira arredor dun santuario...).

Caracterización formal: paralelismo (repetición literal dun verso), leixaprén (repetición do último verso da primeira estrofa como primeiro da terceira), refrán (repetición do mesmo verso ao final de cada estrofa).

Cantigas de amor:

Estados psicolóxicos dos trovadores:

  • Fentedor (tímido): namórase á primeira vista pero non é capaz de declararse.
  • Pregador (suplicante): a dama dálle ánimos para expresar o seu amor. O trovador solicita falar coa señora pero ela esquívao.
  • Entendedor (namorado tolamente): a dona acepta coñecelo. A relación aumenta na mesura. A dama entrégalle prendas de amor pero o trovador quere máis.
  • Druts (amigo amante): amante correspondido e aceptado pola dama.

Caracterización temática:

  • Voz masculina.
  • O home demostra os seus sentimentos diante da dama porque está namorado.
  • Gran protección á dama.
  • O namorado non mostra máis que submisión cara á dama.
  • Trátase dun amor incomprendido.
  • A consecuencia directa é a coita de amor.

Clasificación:

  • Cantigas dirixidas á dama (directa e indirectamente).
  • De refrán (maior número de composicións).
  • De mestria (composición que non aparece no refrán).

Recursos:

  • Dolore (repetición de palabras nun lugar).
  • Mordobre (variantes gramaticais de desamor).
  • Alta-finde (oración final dunha estrofa continúa no primeiro verso seguinte).
  • Finde (conxunto de versos cos que se dá remate ao poema).

Influencia das linguas de substrato e superestrato no galego:

Maniféstase no léxico en arredor de 200 palabras referidas a elementos da natureza. Pobos indoeuropeos deixaron pegada no léxico e na fonética.

Preindoeuropeos:

  • Raíz (car(r)): carballo, carrasco…
  • Raíz (mor): morogo, amorodo…
  • Palabras presentes na toponimia: barranco, coto, esquerdo, gándara…

Indoeuropeas:

  • Non celtas: sufixo -ego: galego, lamego.
  • Celtas: topónimos que conservan a terminación “-o”: Añobe, O Grove, Sillobre…
  • Termos como bico, billa, camba, camiño…

Influencia dos superestratos xermánico e árabe:

Deixaron o seu legado, o máis importante na antroponimia e na toponimia.

Xermánico:

  • Antropónimos: Afonso, Elvira, Gonzalo…
  • Topónimos: -ar (Gondomar), -mil (Samil), -niz (Mondariz), -mundo/munde (Aldemundo), -rei/ei (Foscarei), -áns/ás/án (Goián), -ulfe/ufe/oufe (Regoufe).
  • Léxico común: agarallar, bareo, espía, feto, frecha…

Superestrato árabe:

  • Topónimos: Almuiña, Arrifana, A Almuzera…
  • Léxico de administración e da guerra: aldea, alerido, adaíl…
  • Léxico da construción: alcoba, almacén, azotea…
  • Léxico de actividades artesanais: alcohol, maquis, quintel, almofada…
  • Léxico da agricultura: acelga, arroz…
  • Outras palabras: alcume, almeneque, anil, azul, temblor, xadrez…

Principais evolucións fonéticas do latín vulgar ao galego:

Influencia do substrato celta:

  • Simplificación de "u" e "nn" intervocálica: ganu - galo, annu - ano.
  • p, t, k - b, d, g: ripiera - ribeira, amiko - amigo, rota - rude.
  • "ct" a "it".
  • "pl", "cl", "fl" a "ch".
  • Desaparición de "n" e "l" intervocálicas: luna - lúa.
  • Conservación de vogais "e", "o" tónicas: nebula - néboa.
  • Ditongo au - ou: automno - outono.
  • Conservación da "f".
  • Redución de "mn" a "n": damnere - danar.

Voces patrimoniais, semicultismos e cultismos:

Patrimoniais: época de romanización, evolucións fonéticas do latín ao galego.

  • "kt" a "it".
  • "n" intervocálico desaparece.
  • "l" intervocálico desaparece.
  • p, t, k a b, d, g.
  • b, v, d, g intervocálicos desaparecen.
  • pl, fl, cl a ch.

No léxico patrimonial consérvanse palabras das linguas de substrato, incorporándose palabras doutras linguas. Palabras patrimoniais: chema, cheo, cóbedo, enteiro…

Cultismos: palabras procedentes do latín ou grego incorporadas tardiamente. A palabra mantén a mesma forma que tiña na lingua de orixe ou presenta algunha alteración. Procedentes do latín: adxectivo, articular, clero, conxelar, lunar, obxecto… Procedentes do grego: anécdota, atmosfera, democracia, gramática, himno, período, psicoloxía…

Semicultismos: palabras procedentes do latín que se incorporaron tardiamente á lingua e sufriron pequenos cambios fonéticos.

  • pl a pr.
  • pl a ch. Exemplos: artigo, urano, praga, regra…

O galego e a súa historia: período de formación e as orixes:

Período de formación da lingua: No século IX nacemento de novas linguas: galego-portugués, astur-leonés, castelán, variedades mozárabes. O latín constitúe o compoñente principal do galego. Xogan tamén un papel importante elementos achegados polas linguas dos distintos pobos que se asentaron no noroeste da Península Ibérica antes e despois da chegada dos romanos.

O substrato prerromano: Antes da chegada dos romanos, atopamos a civilización castrexa, que se caracterizaba pola dispersión das súas poboacións; descoñecían a cultura urbana e escrita. Isto dificultou o proceso de latinización, pero o latín acabou impoñéndose debido ao dominio político. Estratos previos á latinización:

  • Os indoeuropeos, pertencentes á cultura dos metais.
  • Os preindoeuropeos, chegados aquí moito antes.

A romanización: A Gallaecia entrou na órbita de Roma e incorporouse ao Imperio Romano. A provincia romana da Gallaecia ocupaba un terreo máis extenso do que é hoxe Galicia. Os romanos consideraban bárbaras todas as linguas diferentes do latín. O coñecemento do latín converteuse en requisito imprescindible para a obtención da cidadanía romana, o que provocou a extinción das linguas autóctonas. Este proceso foi longo e lento. A finais do século IV e comezos do V, a Gallaecia gozaba dun alto nivel sociocultural. A provincia occidental atopábase xa plenamente integrada na civilización romana. O cristianismo tivo un papel fundamental no proceso de asimilación do latín, xa que dende finais do século III se empregou para expandir as doutrinas cristiás polo territorio.

O superestrato xermánico e árabe: No século V, tras a caída do Imperio Romano, os suevos estableceron a súa monarquía na Gallaecia. Foi o primeiro reino nacido en Europa Occidental despois da caída do Imperio Romano e mantivo a súa independencia máis dun século e medio. O reino foi anexionado polos visigodos. A pesar da superioridade política dos invasores, non chegaron a exercer unha influencia cultural e lingüística importante. Ademais de constituíren unha minoría fronte á poboación hispanorromana, os xermanos eran guerreiros, polo que se integraron nos reinos suevo e visigodo.

A invasión árabe no 711 supuxo o fin do reino visigodo. Comezaron a conquista da Península polo sur, establecendo en gran parte do territorio a súa cultura e lingua. Na zona norte da Gallaecia non chegaron a instalarse; a maior parte dos arabismos entraron de xeito indirecto, a través do castelán e o portugués.

As linguas romances e o galego-portugués: O romance que seguimos a falar na actualidade naceu ao norte e sur do río Miño e, considerando igualmente que esa forma idiomática se espallou polas terras do que habería de constituír o reino de Portugal, semella acertada a escolla habitual dos lingüistas: denominar galego-portugués á lingua medieval. O galego-portugués é o resultado da evolución do latín vulgar.

A transmisión do lirismo medieval: os cancioneiros: Na actualidade coñecemos 1679 cantigas profanas, compostas por 161 trovadores e xograres. Chégannos a través dunha serie de cancioneiros. Destacan tres grandes códices: un compilado no propio tempo dos trovadores e outros dous son copias.

  • Cancioneiro da Ajuda.
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
  • Cancioneiro da Vaticana.

Entradas relacionadas: