Cantigas de Escarnio e Maldicir: Sátira, Humor e Tradición na Literatura Medieval Galego-Portuguesa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,14 KB

Cantigas de Escarnio e Maldicir

1. Orixe e Características

O profesor Tavani e o resto da crítica consideran o xénero produto da influencia do sirventés provenzal sobre unha poesía popular autóctona, ligada á tradición do Entroido, gran festa da fin do inverno. Deste modo, a cantiga satírica aparecerá como a expresión literaria popular desta celebración na que o mundo é posto do revés.

X. R. Pena sinala as seguintes características do xénero:

  1. Teñen un ton burlesco e crítico e a súa finalidade é facer rir, a diferenza do sirventés provenzal, que ten un ton moralizante.
  2. Execútanse sátiras de tipo social, non interesa tanto arremeter contra un individuo concreto, senón contra o grao social ao que pertence.
  3. O realismo obsceno convértese en esencial. Sen censura e con total liberdade de expresión, os autores empregan os termos máis crus e as situacións máis grotescas. O tema da sexualidade está tratada cun realismo extraordinario, ausente de eufemismos ou tabús.

Con todo, as nosas cantigas satíricas medievais posúen un importantísimo valor:

  • Sociolóxico: reflicten a sociedade da época, o seu carácter, costumes, crenzas...
  • Lingüístico: empregan a lingua que amosa a fala viva do pobo, unha enorme variedade de topónimos.
  • Histórico: amosan datos que omiten as crónicas.
  • Literario: representan o inicio dunha tradición de denuncia e humor na nosa historia da literatura.

2. Tipos de Cantigas Satíricas

A Arte de Trovar diferencia entre cantigas de escarnio e cantigas de maldicir:

  • Cantigas de escarnio: son aquelas que os trobadores fan querendo dicir mal de alguén e dillo con palabras encubertas que teñen dous entendementos.
  • Cantigas de maldicir: son aquelas que os trobadores fan descubertamente, critican directamente e sen dobres sentidos.

O profesor da USC J. L. Rodríguez (1977) demostrou que esta diferenciación está baseada nun recurso estilístico, o equívoco. Nin nos propios cancioneiros se diferenciaban entre elas e todas aparecían baixo a epígrafe "cantigas de escarnio e maldicir". Este criterio é o que seguirán os estudosos que se ocupan do tema.

Os Xéneros Menores

Os xéneros menores son aquelas composicións que aínda realizadas nun número restrinxido de textos, empregan unha estrutura temático-formal propia, autónoma. Numericamente representan unha mínima parte do corpus lírico galego-portugués. É dicir, menores ha ser entendido no sentido de cantidade.

Tavani identifica como menores os seguintes xéneros:

  1. Tenzón: é unha composición en forma de diálogo elaborada simetricamente por dous poetas que, defendendo a súa tese e refutando a do contrario, se van alternando de cobra en cobra e de fiínda en fiínda se a houber. Consérvanse nos cancioneiros dúas tenzóns de amor e 28 (tres delas fragmentarias) de escarnio e maldicir.
  2. Pranto: é unha cantiga elexíaca en que se gaban as virtudes dun personaxe nobre que acaba de morrer, cunha breve loanza do seu sucesor. Só se conservan cinco textos deste tipo, catro deles de Pero da Ponte e un de Joam, xograr morador en León.
  3. Cantiga de seguir: era unha composición que imita en certos aspectos a outra xa existente. O autor da poética fragmentaria de B ("Arte de Trovar") precisa que este "seguir se pode facer de tres maneiras":
    1. Adoptar a melodía e a estrutura silábica da cantiga base.
    2. Adoptar só os versos, rimas e estruturas estróficas.
    3. Adoptar as mesmas palabras, pero cun novo entendemento (significado).
    Con todo, só son aceptables tres cantigas de seguir nos nosos cancioneiros, dúas de Joam de Gaia e outra de Lopo Liáns.

Tamén vai ser satirizada a aristocracia. A figura máis atacada será a do ricome, ao que se lle vai recriminar a súa avaricia. Os infanzóns tamén reciben pullas debido á miseria en que viven (cociña-sesta-moscas).

Sátiras Político-Guerreiras

Nos nosos códices non abundan este tipo de composicións, pero podemos atopar asuntos de importancia na historia do medievo:

  1. A entrega dos castelos ao conde de Boloña, que se converterá en rei de Portugal grazas á traizón de moitos nobres portugueses, que non opoñerán resistencia e cambian de bando.
  2. O ciclo da guerra de Granada, que alude á covardía de moitos nobres que abandonaron a Afonso X cando ía loitar contra os "mouros" granadinos (1264).
  3. Tamén se pode incluír neste apartado o sirventés político "Ora faz ost' osenhor de Navarra", de Joám Soares de Paiva e considerada a cantiga máis antiga de todo o noso corpus medieval (ca. 1196).

Sátiras Morais

Non hai moitos exemplos desta temática xa que a finalidade principal dos poemas burlescos é facer rir, sen máis pretensións. A peza máis rica do grupo é unha cantiga de Martín Moxa que trata sobre o home de cultura obrigado a se "prostituír" ante o inculto adiñeirado.

Recursos Retóricos

A crítica coincide en considerar a ironía e o equívoco como os dous recursos principais. J.L. Rodríguez afirma que o equívoco consiste en aproveitar o dobre sentido das palabras para conseguir efectos cómicos.

Este recurso é utilizado sobre todo nas cantigas que teñen un fondo obsceno. Palabras como casa, pousada, maeta, buraco, fendedura, arca... fan referencia ao sexo feminino en tanto que teñen en común o sema de "recinto interior ou escuro"; mentres que para o sexo masculino aparecen formas como madeira, peça, bastón, pedra, pedreiros... que comparten o sentido de obxecto duro. En cambio, para o acto sexual utilizan verbos de movemento como picar, subir, traballar, tallar ou cavar vinas...

Prosa Ficcional

O Ciclo Artúrico ou Materia de Bretaña

Constitúe o núcleo máis importante pola cantidade de textos que o desenvolven e pola influencia que estes exerceron na literatura posterior. As obras incluídas neste grupo sitúan as súas historias na actual Bretaña francesa ou en Gran Bretaña, e recrean as aventuras do rei Artur e dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Santo Graal.

A materia de Bretaña alcanzou un extraordinario e riquísimo desenvolvemento en lingua francesa; iso explica que a maior parte das obras deste ciclo sexan versións e traducións de textos franceses.

  • A lenda do Graal: configúrase como o núcleo de maior simbolismo. O Graal ou Grial, aparece en todas as variantes como un recipiente enigmático e máxico que será obxecto dunha incesante busca por parte dos cabaleiros da Táboa Redonda. Nas sucesivas versións, este símbolo foise cristianizando e identificouse co cáliz que Xesucristo empregou na Derradeira Cea. As obras que recollen esta lenda son:
    • Libro de Xosé de Arimatea: narra a orixe e o significado da copa sagrada - Xosé de Arimatea recolle nela o sangue de Xesús - e o traslado do Graal desde Xerusalén deica a Bretaña.
    • Demanda do Santo Graal: narra as aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda á procura do vaso sagrado; é un libro cargado de simbolismo relixioso.
    • Libro de Merlín: refire os encantamentos e as profecías do mago, en que anuncia a chegada de novos tempos.
  • A lenda de Artur: remoto caudillo bretón que combatera contra os saxóns, foise agrandando ata convertelo nun rei magnánimo polo que espera o seu pobo para conquistar un futuro glorioso cando el regrese da illa de Avalon, onde está enterrado.
  • A lenda de Tristán e Iseo: refire os amores tráxicos dos amantes máis famosos da Idade Media. Trátase de Tristán, un dos cabaleiros da Táboa Redonda, e Iseo, unha princesa irlandesa.

O Ciclo Clásico ou Troiano

Inclúe textos que recrean as lendas derivadas do asedio e destrución da cidade de Troia, e o destino dalgúns dos heroes que participaron nesa guerra. Estes relatos, debedores da tradición grecolatina, gozaron de gran popularidade en Europa durante a Idade Media.

  • A Crónica Troiana: traducida por encargo de Fernán Pérez de Andrade, rematouse en 1373 e constitúe o romance en prosa máis importante dos que se conservan en galego, ademais de ser o único completo.
  • Historia Troiana: comparte coa obra anterior a mesma visión da Antigüidade da guerra de Troia, pero diferénciase dela no seu carácter bilingüe, pois intercala episodios en castelán con outros en galego.

Cantigas Narrativas

Son maioría (356) e relatan milagres atribuídos á Virxe, cunha intención didáctica. Cada unha consta das seguintes partes:

  • Unha epígrafe ou razón, que resume o contido da cantiga.
  • Un refrán, que condensa a ensinanza que se quere transmitir.
  • Desenvolvemento do relato do milagre, co refrán que se repite ao final de cada unha.

Cantigas Líricas

Loan as calidades da Virxe en termos moi parecidos a como os trobadores facían coas súas damas nas cantigas de amor profanas.

Algúns dos motivos que tratan son:

  • O contraste entre o amor mundano e o amor divino.
  • A contraposición entre Eva (o pecado) e María (a salvación).
  • Os loores aos seus dons maternais e á súa capacidade de intercesión perante Deus ou o seu Fillo.
  • A exaltación da súa figura como auxilio e socorro dos aflixidos.
  • A glosa do significado das letras que forman o nome da Virxe.

A obra organízase conforme un esquema numérico invariable, como se fai no rezo do rosario: as composicións agrúpanse en series en que as nove primeiras son cantigas narrativas e a décima é de loor. No código simbólico medieval, o número 10 tiña o valor da perfección e da totalidade, identificadas coa divindade.

Entradas relacionadas: