Cantigas de amor ejemplos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,76 KB
• A relación sentimental entre os protagonistas responde a un esquema marcado, a un
código amoroso coñecido como amor cortés. De acordo con el, presenta os
Seguintes trazos
>O amor que o cabaleiro lle profesa à dama é sempre un amor ideal,
platónico, sen alusións eróticas ou carnais.
> A señor é unha muller nobre e inaccesible, que adoita estar casada. O
retrato que se fai dela é moi abstracto e totalmente idealizado: destácanse
a súa fermosura e, sobre todo, as grandes calidades morais que posue.
>A relación entre e cabaleire e a dama é unha adaptación ao ámbito
sentimental dos esquemas que rexian as relacións feudais: o cabaleiro actúa
como un humilde vasalo ou scrvidor da súa señor, ante a que mostra total
submisión. Aparece, por tanto, a concepción do amor como un servizo que
o namorado presta, pero neste caso sen esperar ningún ben ou recompensa a
Cambio
>0 cabaleiro namorado manifesta calidades como a mesura, que implica
sensatez e prudencia. Sempre actúa con discreción e mantén oculto o nome
da dona para non expoiela nin prexudicala.
>O amor de cabalciro non é correspondido, pois a dama móstralle sempre
desdén ou indiferenza. Isto provócalle un sufrimento ou coita de amor, que o
pode levar á loucura ou a desexar a morte (morte de amor).
. Nas cantigas de amor, a voz poética pode dirixirse á dama o a algún outro tipo
de interlocutor: un amigo que actúa como confidente, unha figura simbólica (o
Amor, Deus.), un auditorio xenérico (os que sofren por amor...).