Cancioneiros Galego-Portugueses: Historia e Tipos
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 16,25 KB
Materiais Previos aos Cancioneiros
- Liederblätter (follas de cancións): Unha única folla. Pode ser un rótulo (enrolada) ou unha folla voante (dobrada) como o Pergamiño Vindel.
- Liederbücher (libros de cancións): Libro que contén as composicións dun determinado autor. Na nosa lírica non se conservan, pero deberon existir de Johan Airas de Santiago e Don Dinis.
- Liedersammlungen (pequenos cancioneiros): Varios autores con algún nexo entre eles, un xénero.
Cancioneiro A (da Ajuda)
Historia
É o máis antigo, probablemente da última década do XIII (anterior á extinción do movemento). Ibérico, consérvase no Pazo da Ajuda desde 1832. Descuberto en 1810 por Raimundo de Nogueira na Biblioteca do Real Colexio dos Nobres. En 1842 atópanse 11 folios máis. A mediados do XV pertencía a Pedro Homem (asina). A primeira edición é de 1823 de Lord Charles Stuart.
Descrición
88 folios pergamiño de tamaño variable (menos recursos, rei). Encadernado con Livro das Linhagens do Conde de Barcelos, sen transición marcada entre eles. Comeza no medio dunha cantiga de Vasco Fernández Praga de Sandiun e remata no medio dun verso de Roi Fernández de Santiago (é posible que se deixase de copiar e non falten folios). Encadernado no XVI, o que puido provocar a perda dalgúns folios e, ademais, outros foron cortados para perfeccionar a encadernación.
Amanuenses
Carolina Michaëlis: un só. María Ana Ramos: 2. O primeiro con poucas abreviaturas e o segundo ningunha e, ademais, a letra gótica francesa en tinta negra é máis picada.
Estrutura
Ao principio pensábase en 14 cadernos, coa restauración do 99/2000, 17 cadernos irregulares. O texto está a dúas columnas polos dous lados, coincidindo de maneira exacta as liñas.
Decoración
Principal: só as 16 primeiras están pintadas, o resto están esbozadas ou só aparece espazo para elas (escaseza cor azul, non corte real). Secundaria: letras iniciais de tamaño diferente; as de inicio de ciclo non teñen decoración e o resto aparecen decoradas ou non de xeito irregular. Os dous últimos cadernos non teñen decoración secundaria.
Música
Preparado para recibila, pero non se escribe. Disposición semellante á das Cantigas de Santa Maria: espazo só na primeira estrofa, pero neste caso tamén o hai nalgunhas findas. María Ana Ramos pensa que o compilador xuntou dous materiais distintos: música para a primeira cobra, e música para a primeira cobra e para a finda. Nalgún caso hai separación silábica no texto, espazo para o pneuma.
Lugar de Elaboración
Carolina Michaëlis: corte portuguesa de Afonso III, copia do Livro das trovas de el rei D. Afonso. Tavani: corte Afonso X, concomitancias coas Cantigas de Santa Maria, decoración, transcrición, música e grafías ll e nn. Varnhagen: Conde de Barcelos, mediados XIV. Raimundo de Oliveira: copia dun hipotético Segundo cancioneiro aristocrático. Última década XIII (cantiga Paio Gomes Charinho). María Ana Ramos: non corte real polos medios, norte de Portugal ou Galicia, paleografía (achégase ao texto galego-castelán).
Contido
310 cantigas de amor (agás unha de escarnio, Cantiga da guarvaia). 38 autores anteriores ao período dionisíaco. Edicións: 1823, edición diplomática Lord Charles Stuart (París); 1849, Varnhagen, edición parcial, Madrid; 1904, Carolina Michaëlis, edición crítica (reeditada con glosario e estudo); H. Hare Cartes, 1941, edición diplomática completa; 1994, Lisboa, edición facsimilar.
Cancioneiro B (Colocci-Brancuti)
Ata 1924, Colocci-Brancuti.
Importancia
Transmite máis autores e textos (1647 de 1679). 250 só neste, e o único que ten a Arte de Trobar. Apógrafo italiano. Mandado copiar por Angelo Colocci para uso persoal, con notas.
Descubrimento
De 1549 a 1875 non se sabe nada. Atópase na biblioteca Brancuti. 1880, edición Molteni. Monacci adquíreo en 1888 e en 1924 o goberno portugués. Biblioteca Nacional de Lisboa.
Descrición
Groso, cartáceo (5 tipos), 335 folios, modesto (sen decoración, desordenado). Dúas columnas, recto e verso. Tinta negra. 41 fascículos irregulares.
Amanuenses
Italianos e ibéricos. Tavani: 5. A. Ferrari: 6. Copista principal: máis coidado, rúbricas atributivas, letra cursiva itálica chanceleresca (resto gótico bastardas). Colocci: rúbricas introdutorias, notas marxinais, razós, correccións, numeración das cantigas, inicio Arte de trobar.
Copia alla pecia
A. Ferrari dátao en 1526: marcas de auga, folio 13v moedas 1504/1526, Colocci confróntao con M con notas feitas en 1525/26. E. Gonçalves: o orixinal chegou a Roma a través dun sacerdote portugués situado en Roma en 1525, non posterior a 1526, saco de Roma (Papa marcha).
Antecedentes
Tavani: B e V orixinais diferentes. A. Ferrari, Gonçalves, Livermore e D’Heur: o mesmo orixinal.
Contido
1647 cantigas, 3 xéneros, autores en orde cronolóxica.
Edicións
1880, Molteni, diplomática parcial (non comúns con V); 1949, E. Pacheco e Machado, 8 volumes, moi criticada; 1982, Lindley Cintra, facsimilar.
Cancioneiro V (da Vaticana)
Colocci, intercambio/regalar (+coidado). 1526. Debeu entrar na Vaticana en 1558 (Monacci), bo estado. Descuberto en 1840 (Wolf). 1877, restauración, folios en branco pasan ao final. Coñécese a estrutura orixinal pola edición paleográfica de Monacci (1875).
Descrición
3 tipos de papel, 210 folios en 11 cadernos. Non se distinguen liñas para escribir (≠ B). Primeiros 9 folios, 1 columna, resto a 2 agás un no medio. Numeración árabe, romana e literación. Un amanuense. Colocci numera os folios en 2 partes: Folios 1-10: 1’… e tinta negra. Folios 11-final: 1, 2… tinta sepia e literación. Tavani: ≠ antecedente que B. Copia pecia cruzada para copiar B e V (se mesmo orixinal). 1200 cantigas, 3 xéneros = textos que B. Lagoas: non ten a Arte de Trobar. E comeza coa cantiga 391. Colocci: faltan 43 folios.
Edicións
1847, Lopes Moura (Don Dinis), descríbeo; 1870/72, Varnhagen, edición parcial; 1875, Monacci, paleográfica; 1878, T. Braga, edición crítica baseada en Monacci; 1973, Lindley Cintra, edición facsimilar.
Cancioneiro K
Varnhagen dá noticias de que atopa en Madrid (1857) un “Cancioneiro dun grande de España”. Ve que está incompleto e relación con V. 1858, Roma: Semellanzas: comezo abrupto cantiga Fernán González de Seavra. Alto primeira páxina, número 103. Ao lado terceira cantiga, cifra 86 en números romanos. Diferenzas: K ten un papel e letra máis modernos. K, 272 folios segundo Varnhagen, pero coa 111 repetida, polo que serían 273. Perdido ata 1983, adquirido pola Bancroft Library con manuscritos da familia Gutiérrez de los Ríos.
Descrición
Papel, Roma 1566/1600. 273 folios en fascículos de 4 follas. Letra cursiva, propia segunda metade XVI-XVII.
Mans
3.
Promotor
Conde de Haro e duque de Frías, gobernador español en Milán e tamén destinado en Roma 1592/1612, coleccionista.
Contido
Copia de V con 43 poemas menos. Ningunha edición, estudado por A. Askins.
Tavola Colocciana
8 folios. Índice dun cancioneiro escrito por Colocci, chega a nós nun códice misceláneo da Biblioteca Vaticana cuxa parte principal é un vocabulario de diferentes autores, tamén de Colocci. Nomes dos poetas precedidos por cifras (1-1675) que coinciden en xeral cos de B (aínda que só ten 1647).
Interpretacións
a) Índice dun cancioneiro perdido máis completo ca B (β) para Tavani, Molteni e Pelegrini. b) Dúbida índice B ou β para Monacci e Carolina Michaëlis (tamén dubida se foi elaborado por Colocci ou copiado). c) E. Gonçalves e outros están seguros de que é o índice de B completo. Ademais, non é copia de Colocci porque nunca copia el mesmo.
Edicións
Elsa Gonçalves.
Pergamiño Vindel (R, N)
Descuberto en 1914 por Pedro Vindel, parte da encadernación dun códice do XIV que contiña De officiis de Cicerón. 1915, edición de Vindel con reprodución fotográfica. 1918, adquíreo Mitjana, un musicólogo, que morre no 1921 sen estudalo. Pérdese e chega a crerse que non existiu ata 1977, descuberto por Ismael Fernández de la Cuesta na Pierpoint Morgan Library de Nova York.
Descrición
1 folio de pergamiño, rectangular disposto en horizontal a 4 columnas, só polo recto. Non hai indicios de formar parte dun códice. Letra cursiva gótica redonda (fins XIII-XIV). Decoración letras iniciais de cantiga e de cobra alternando cores vermella e azul.
Tipo manuscrito
Tavani di que é un rótulo, é dicir, usado para a confección dun códice (de aí a sigla R), sería o único na literatura románica. Manuel Pedro Ferreira di que é unha folla voante, mesma función que o rolo pero dobrada, nova sigla N (Nova York). Contén 7 cantigas de amigo de Martin Codax (están en V e B) na mesma orde e poucas variantes. Pergamiño bastante coidado. Música de 6 das 7 cantigas, ata 1990 (Pergamiño Sharrer) único manuscrito que ten música da lírica profana.
Mans
É un apógrafo pero debe ser contemporáneo ou pouco posterior ao autor (fins XIII). Manuel Pedro Ferreira: 3 mans. Primeira man: 6 cantigas iniciais, rúbrica atributiva. Segunda man: cantiga 7 e notación musical da 1, 4, 5 e 7. Terceira man: notación musical de 2 e 3.
Edicións
1915, Vindel; 1956, Cunha baseada na de Vindel; 1876, Vesteiro Torres no Heraldo gallego de Ourense. A obra de Martin Codax, pero non pode ter en conta N.
Manuscritos M e P
Século XVII. O M consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid e o P na do Porto.
Descrición
Transmiten a mesma tenzón entre Don Afonso Sanches e Vasco Martins de Resende. O P ten unha nota que di que o orixinal pertencía a André de Resende e que tiña música pero no XVII non debía entenderse e xa non se copia.
Manuscrito dos Lais de Bretaña (Vª/L)
Descrición
3 follas integradas nun volume misceláneo da Biblioteca Vaticana. Texto a unha columna sen división versal. Letra minúscula gótica da escola española do XVI.
Contido
5 lais de Bretaña que xa se atopan no inicio de B.
Antecedentes
Tavani di que Vª e B teñen antecedentes diferentes e Anna Ferrari di que era o mesmo. O amanuense non debía ser hispánico. Siglas: Vª de xeito xeral (Vaticano) e L CIRP (lais).
Pergamiño Sharrer
Descuberto por Sharrer en 1990. Folla arrincada dun códice. Coñecido como L (Lisboa) ou D (Don Dinis, atribuída polo CIRP). Texto a 3 columnas de ancho desigual. Moi mal estado. Contén 7 cantigas de amor de Don Dinis xa contidas en V e B. Música das cantigas, a única que se conserva das de amor.
Xénese
Tavani
Arquetipo común, probablemente compilado na corte de Afonso X. Razón existencia: a maioría dos textos repítense.
División A/α
A, textos anónimos e debeu ser feito na corte de Afonso X. α ten nomes e erros que non ten A pero si B/V, arredor de mediados do XIV, por xéneros, identifícase coa compilación do Conde de Barcelos.
β e γ
β hipotetízase sobre C, arredor de 24 atribucións diferentes en B e C, non ten a Arte de Trobar e fai referencia a textos non presentes en B. γ, erros comúns a B e V que fan crer nun antecedente común.
δ e ε
δ hipotetizado sobre os erros comúns a B e V e na lagoa inicial de B; ε hipotetizado sobre a lagoa inicial de V e erros. Hipotetización de ζ: fase degradada de ε, en ε faltarían os 42 folios que di Colocci e en ζ máis.
J. M. D’Heur
Igual a Tavani na parte inicial pero diferente a partir de α. Divide en 2 pólas hipotéticas: β e γ, antecedente directos de B e V. Nun primeiro momento C é índice de β, pero despois di que é de B. A segunda proposta: elimina as divisións hipotéticas de α.
Raimundo de Oliveira
Cruzamento estrutura cancioneiros e datos da vida dos autores:
- Cancioneiro de cabaleiros (1275, 35 trobadores galegos, por xéneros, corte de Afonso X, nobre galego).
- Segundo cancioneiro aristocrático: 1290, os 35 anteriores máis 19 portugueses; por xéneros; no mesmo lugar que o primeiro.
- Cancioneiro de xograres galegos: Fins XIII/XIV, 28 xograres galegos, xéneros, Galicia ou Castela, anexión aos cancioneiros aristocráticos polo Conde de Barcelos.
- Cancioneiro da Ajuda: XIII/XIV, copia do segundo máis textos de clérigos, estrutura tripartita xéneros.
- Libros de autores: Don Dinis, Johan Airas de Santiago, Estevam da Guarda.
Cantigas de Santa Maria
Códice To
128 cantigas, proxecto inicial. Sarmiento. Biblioteca Nacional de Toledo (agora Madrid). Dúas columnas, non miniaturas, decoración secundaria (letras iniciais). Música refrán parte inicial. Prólogo A, Índice: 5 festas Virxe, 5 festas Cristolóxicas, 16 textos que se distribuirán noutros textos de xeito diverso. Copia tardía do XIV (hoxe: copia de Afonso X). Musicólogo portugués: o máis antigo pero copia.
Códice E
417. Escorial, códice dos músicos (40 miniaturas loor). Dúas columnas, letra gótica cursiva, iniciais vermello/azul. O máis amplo pero o máis modesto. Proxecto 400 cantigas intersección loor milagre (359, faltan e repiten 7). Música refrán inicial e primeira cobra, ocasionalmente tamén para o final. Cítase a Airas Nunes.
Códice Rico (T)
195/193 (seguinte na evolución da obra). Riqueza miniaturas, máis de 1600, láminas de 6 cadros. Na 5 e múltiplos: dobre páxina. Música moitas veces referida á composición completa. Dúas columnas pergamiño. Falta parte do índice e último caderno. 24 traducións ao castelán a pé de páxina.
Códice F
104, Conservado Biblioteca Nacional Florencia. A nivel de contido é a continuación do Rico pero máis incompleto (ten 2 cantigas exclusivas). Preparado para a música pero non a ten. 5 e múltiplos dobre páxina de miniaturas. Fáltanlle miniaturas.
Etapas
Mettmann
Primeira) 1270/74. 100 cantigas. Poema introdución, Prólogo B e Pitiçom (na dedicatoria, 401), estrutura sobre 10, non orixinal. Segunda) 1274/77: 200 cantigas, máis estrutura sobre 5. Códice Rico. Terceira) 1277/1282. 400 cantigas. Códice E e F.
Montoya
Primeira) 1257-66/69. 200 cantigas. Prólogo rei romanos. Códice To, primeiras 200 de E e o T. Segunda) 1270-1282. 200 últimas de E e o Códice F. Hai 13 datables antes do 69, cantiga Cerveri de Girona e documentos de Sevilla doazón 1253/69.
Autoría
F. Valverde: labor intenso rei, unidade estilística. 1 autor, o rei, corte literaria axuda. Mettmann, autor principal e o rei só as de primeira persoa (8/10). Aparición de Airas Nunes, pero citado en lugar marxinal, colaborador, coordinador ou grande parte súa. Tavani, Airas Nunes non estivo na corte de Afonso X. Spanke, autor música. Marqués de Valmar, aporta temática pero na actualidade.
Versificación
Todas con refrán agás 7. Aparece ao inicio e repítese ao final de cada estrofa. Rima consoante. Masculina/feminina. Medida moi variada: 3/4 (loor) ata 21 (milagre) con cesura cada 7. Estrofa: máis característico, zéxel, refrán inicial e o refrán non se mestura co corpo da cobra. Rondel, menos usado; algunha loor máis cercana á lírica profana.
Fontes
Narrativa
Escritos en latín, en romance, obras de tipo xeral, textos, coleccións marianas locais estranxeiro, peninsulares, cantigas autobiográficas.
Loor
Amor mundano vs. a María; contraposición Eva-María, xogos de palabras Ave/Eva. 5 letras nome María.