El Cambio Dinástico y la Guerra de Sucesión Española: Impacto de los Decretos de Nueva Planta

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 11,57 KB

TEMA 13. O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN No ano 1700 Carlos II de Habsburgo morreu sen descendencia, deixando como herdeiro da Coroa de España a Felipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia e emparentado coa dinastía dos Habsburgo. Produciuse así un cambio dinástico que non foi aceptado por todos os países europeos, xa que o feito de que os Borbón accederán á Coroa supoñía un cambio no equilibrio de poder. Fortalecía a influencia desa dinastía nun momento no que Luís XIV tiña cada vez un papel máis relevante e podería levar, incluso, a que nun futuro se unirán as coroas de España e Francia. Ademáis, afectaba ao acceso aos mercados americanos, o que era de gran interese para países como Inglaterra. Daquela, formouse unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e as Provincias Unidas; á que despois uníronse Prusia, Portugal, Savoia e a meirande parte dos príncipes alemáns e italianos. Comezou así a guerra de Sucesión á Coroa de España, que se desenvolveu entre 1702 e 1713. Cada un dos candidatos defendía un modelo político distinto.
Felipe V fora educado por Bossuet (teórico do absolutismo)
, polo que representaba a monarquía absoluta e a centralización do Estado. Pola contra, o arquiduque Carlos representaba o respecto aos privilexios forais e á autonomía dos diferentes territorios da Coroa, na liña da monarquía hispánica dos Habsburgo. Iso levou a que a guerra se convertera tamén nun conflito interno, en forma de Guerra Civil: os territorios da Coroa de Castela apoiaron a Felipe V (esperando ver aliviada a súa carga fiscal), mentres que os territorios da Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares) apostaron polo arquiduque Carlos de Austria, temerosos ante a política centralizadora que representaba a monarquía borbónica e partidarios da antiga monarquía pactista dos Habsburgo. A guerra tivo, daquela, unha triple natureza: foi un conflito dinástico, internacional e civil. Ao principio non houbo un vencedor claro, estendéndose por Europa con diferentes batallas (destaca a de Almansa, de 1707) pero, en 1711, tivo lugar un evento internacional decisivo: o arquiduque Carlos de Habsburgo herdou o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico pola morte do seu irmán. A hexemonía dos Habsburgo convertíase tamén nunha ameaza internacional, o que sumado ao desgaste dos contendentes, levou a negociar a paz. A paz acadouse cos Tratados de Utrecht (1713) e de Rastadt (1714). 


Neles, tentouse manter o equilibrio de poder europeo, decidindo que Felipe V accedería ao trono de España pero, a cambio, renunciaría ao trono francés e debía facer as seguintes cesións territoriais: - Inglaterra sumaba Xibraltar e Menorca. Ademáis, obtiña concesións comerciáis: o “navío de permiso” para comerciar coa América hispánica e o “asentó de negros” (o monopolio do tráfico de escravos coa América Hispánica). Isto consolidaba a Inglaterra como potencia naval e comercial. - Austria sumaba Flandres, Nápoles, o Milanesado e Cerdeña (esta última intercambiouna por Sicilia con Savoia). - Savoia recibiu Sicilia (que intercambiou por Sardeña) - Portugal anexionou a colonia de Sacramento (hoxe en día, en Uruguai). - As Provincias Unidas recibiron unha serie de fortalezas na fronteira dos Países Baixos españoís (a denominada “barreira flamenca”). - Prusia sumou territorio dos Países Baixos e o título de reí. A pesares de asinarse a paz a nivel internacional, a guerra continuou na península ata que Felipe V conquistou Barcelona en setembro de 1714 e Mallorca e Eivisa en 1715. Como resultado da guerra de Sucesión, Felipe V perdeu o que quedaba do Imperio español en Europa, polo que aliarase con Francia durante o S. XVIII (“Pactos de Familia”) para recuperar algúns deles. Ademáis, trala conquista dos territorios de Aragón, iniciou un proceso centralizador e unificador para instaurar a monarquía absoluta: rematou cos dereitos forais, leis e autonomía da Coroa de Aragón.


TEMA 15. O REFORMISMO BORBÓNICO EN Galicia Denomínase “Reformismo borbónico” aos cambios implementados pola nova dinastía reinante a partir de 1700. Estés baseábanse no establecemento da monarquía absoluta mediante a centralización administrativa e, na segunda metade do S. XVIII (co Despotismo ilustrado), incluirán a aplicación do ideario ilustrado para elevar o nivel cultural e científico-técnico do país, mellorando así o eido económico. Dentro deste programa de aproveitamento dos diferentes territorios do reino, creouse en 1712 a Intendencia do Reino de Galicia. Dada a posición estratéxica de Galicia na defensa do Imperio colonial, porque era lugar de paso de armadas inimigas (especialmente inglesas, que tentaban saquear ou capturar barcos provenientes de América), decidiuse converter a Galicia nun baluarte marítimo. Construíronse distintos castelos costeiros e baterías. Ademáis, modernizouse a Real Armada, especialmente con Patíño e co Marqués de Ensenada (Secretarios de Estado). Dentro das reformas que tiveron lugar, destacan especialmente dúas, polos seus efectos en Galicia. En primeiro lugar, a aprobación da Matrícula de Mar en 1737. Era un novo sistema de recrutamento de tripulación para buques de guerra, que tentaba ser máis xusto que as levas e que pretendía garantir un persoal competente na Armada. Os inscritos dividíanse segundo a súa categoría (mariñeiro, artilleiro, grumete…) e, despois, establecíase un sistema de chamamentos en rotación (comezando por sorteo). Estar inscrito supoñía unha serie de beneficios, destacando a exclusividade de realización de oficios mariños (pesca). Debido a isto, na práctica moitos galegos, que eran pescadores e mariñeiros, tiveron que inscribirse. Chegaron a ser o 25% do total, o que lastrou o desenvolvemento económico de localidades galegas costeiras. A partires de 1770 o sistema comezou a fracasar polas sucesivas guerras nas que se viu inmersa o reino, que levaron a retrasos nas pagas (o que xeraba desercións) e a que o sistema non chegase a cubrir totalmente as necesidades de persoal. Eliminouse en 1802. En segundo lugar, destaca a construción do arsenal de Ferrol. Patíño converteu a Ferrol en 1726 na capital dun dos tres departamentos marítimos do reino, pasando a ser un dos grandes portos militares do país. 


Un ano despois, comezou a construír un arsenal na Graña, pero en tempos de Fernando VI (vinte anos despois) decidiuse trasladar o arsenal á enseada de Caranza, xa que a extensión desa localización e o fondo da ría eran mellores. Así, construíron alí o Arsenal de Esteiro. Por último, con Carlos III decídese crear a Academia militar de Garda Mariñas. A chegada masiva de poboación levou a ampliar a vila, construíndo un novo barrio para os traballadores en Esteiro e, para os oficiáis, o barrio da Magdalena. Este último era do gusto ilustrado da época, con trazado hipodámico. Ademáis destas reformas referentes á Armada, dentro do programa de reformismo borbónico, Galicia se viu afectada positivamente pola apertura do comercio colonial. En 1764 Carlos III estableceu na Coruña a sede do Servicio de Correos Marítimos, que inicialmente levaba a correspondencia á Habana. Un ano despois, en 1765, suprimiu o monopolio comercial de Cádiz coas Indias e autorizou a oito portos españoís a comerciar con ultramar, incluíndo o da Coruña. Na década dos 80, ademáis, ampliouse o beneficio a Vigo e Ferrol; pero a sede do Real Consultado do Comercio quedou na Coruña. Como consecuencia desta apertura do comercio colonial, incrementouse a actividade comercial e iniciouse o comercio marítimo galego a longa distancia. Desta forma, apareceu un primeiro núcleo de burguésía na Coruña, favorecendo a renovación urbanística e portuaria da cidade (destaca a restauración da Torre de Hércules en 1791).


TEMA 14. OS DECRETOS DE NOVA PLANTA E OS SEUS EFECTOS Os Decretos de Nova Planta son un conxunto de normas que levaron á abolición dos privilexios do réxime foral da Coroa de Aragón, é dicir, das súas institucións e leis propias: supuxeron a fin das particularidades territoriais e institucionais de Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares. A súa promulgación veu da man do reí da nova dinastía dos Borbón, Felipe V, e tiñan un dobre obxectivo: acadar un maior grao de centralización do poder político da Coroa (na liña do absolutismo francés) e, doutra banda, castigar aos territorios da Coroa de Aragón por apoiar ao arquiduque Carlos de Habsburgo durante a guerra. De feito, os decretos foron aprobados en cada territorio trala conquista durante a guerra (Valencia 1707, Aragón 1707-1711, Mallorca 1715 e Cataluña 1716), e mantivéronse os foros dos territorios que apoiaron a Felipe V (Navarra e o País Vasco). As principais medidas reguladas nos Decretos de Nova Planta foron as seguintes: - Abolen institucións propias da Coroa de Aragón, integrándoas nas de Castela ou cambiándoas pola organización castelá: o Suprimen as cortes de cada reino (Aragón, Valencia e Cataluña) e as integran nas de Castela, que pasan a denominarse “Cortes de España”. O Suprimen o Consello de Aragón: as súas funcións son asumidas polo de Castela. O Suprimen os virreis e dividen o territorio en provincias (deixan de existir os reinos). En cada unha, introducen a organización castelá: un capitán xeral gobernaba a provincia, presidindo tamén a Audiencia (con funcións xudiciais). Ademáis, a nivel local o gobernó déixase a cargo de correxidores. - A lingua catalá deixa de ser oficial. Ademáis, para case todos os cargos se nomean a persoas de orixe castelá. - Remodelan a Facenda, pero en lugar de introducir os tributos casteláns, implantan un sistema tributario novo. Este baseábase nun único imposto de cotas fixas, repartido en función da riqueza dos veciños. Despois, o marques da Ensenada tentaría implantar este modelo en Castela, sen éxito (foi o proxecto da Única Contribución). - Eliminan as aduanas interiores. Trala aplicación dos decretos, iniciouse un modelo centralista en España, que permitiu tamén cambiar a organización xeral do territorio. 


Este quedou dividido en provincias coa capital do reino en Madrid e, aínda que se mantivo o Consello de Castela e as súas cortes (as devanditas Cortes de España), Felipe V cambiou tamén a administración central do estado: creou Secretarías especializadas nun ámbito (antecedentes dos Ministerios) presididas por un Secretario escollido pola súa capacidade e preparación. Ademáis, tamén dividiron o territorio en intendencias a cargo de un intendente (cargo de inspiración francesa), que dependía directamente do reí e que tiña funcións fiscais e de dinamización da economía. Todo isto supuxo un reforzamento do poder da monarquía, cunha administración máis eficaz e directa: o estado xa non era un conxunto de territorios diferenciados que tiñan como elemento común ao monarca, senón que agora o reí podía impoñerse sobre unhas institucións representativas do reino en todos os territorios. É o inicio da concepción monárquica absolutista. Pero, con todo, a centralización foi incompleta. Navarra e o País Vasco mantiveron os seus privilexios forais pola súa fidelidade durante a guerra. Ademáis, en moitos señoríos os señores laicos e eclesiásticos seguiron exercendo o poder de forma efectiva. A irracionalidade administrativa seguiu, aínda, tendo unha presenza bastante notable

Entradas relacionadas: