Cambio Climático: Impacto Humano, Efecto Invernadoiro e Sostibilidade

Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 3,4 KB

O Cambio Climático: Causas e Impacto Global

O cambio climático é a modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e no ámbito global. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos: a órbita da Terra, o tipo e cantidade de insolación, a composición da atmosfera, a disposición dos continentes e as correntes mariñas. Ao longo da historia do noso planeta, estes fenómenos foron variando de forma natural, así que, certamente, sempre existiron cambios climáticos.

A Influencia Humana no Clima

Os seres humanos son un máis dos axentes que poden influír no cambio climático. Aínda que durante moitos séculos a súa influencia foi moi reducida, nos últimos anos a cantidade e a intensidade das accións humanas sobre o planeta son tantas, que están a inducir notables transformacións das condicións climáticas e, o que é peor, a unha gran velocidade, o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias.

Para se referir ao cambio de orixe humana, úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico: as accións humanas de hoxe non só están a condicionar o clima a longo prazo senón tamén no futuro máis próximo.

Elementos Clave que Inflúen no Cambio Climático

  • O Efecto Invernadoiro e o Quecemento Global

    A enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un 37,5%) desa enerxía ao espazo exterior mentres que o resto é retido polos gases das capas superiores da atmosfera, producindo o seu quecemento. É o que se chama efecto invernadoiro, xa que funciona igual que os cristais dun invernadoiro de xardinaría, pero esta vez desenvolvéndose de forma natural: de aí o nome e o paralelismo.

    O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que producen este efecto (CO2, metano e clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) se elevou enormemente, de xeito que impide que saia ao espazo exterior parte da enerxía que emite a superficie da Terra. Como consecuencia, elévase a temperatura da atmosfera, empezando así un proceso de quecemento global e de cambio climático antropoxénico.

  • O Quecemento Global e os Océanos

    O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o ano 1960, a temperatura media dos océanos aumentou 0,1 °C, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2 °C. Iso, unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se orixine o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres.

Pegada Ecolóxica e Biocapacidade do Planeta

A chamada pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que resume, para cada individuo, cal é a área necesaria para producir os recursos que utiliza e para asimilar os refugallos que xera. O seu obxectivo consiste en avaliar o impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida.

A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en 1,8 ha, ou o que é o mesmo, se tivésemos que repartir o terreo produtivo da Terra en partes iguais, a cada un dos 7.000 millóns de habitantes, corresponderíanlles 1,8 ha para satisfacer todas as súas necesidades durante un ano. Malia o anterior, cada ser humano está gastando a cantidade de 2,23 ha, polo que, globalmente, se consomen máis recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir.

Entradas relacionadas: