A caída de Cataluña e a fin da Guerra Civil Española

Francés2,84 KB

A caída de Cataluña e a fin da guerra (1938-1939)

Tras a vitoria do Ebro, o exército de Franco desencadeou unha forte ofensiva sobre Cataluña; miles de persoas e autoridades republicanas exiliáronse a Francia. En febreiro de 1939 o goberno de Franco era recoñecido oficialmente. Na zona republicana xurdiron fortes enfrontamentos entre os partidarios de buscar unha solución negociada e os partidarios de resistir a toda costa que, seguindo a Negrín, confiaban en que se iniciase un conflito en Europa provocado pola política agresiva de Hitler.

Nesta situación, o 5 de marzo de 1939, o coronel republicano Segismundo Casado deu un golpe de Estado que acabou co goberno de Negrín e coa formación dun Consello Nacional de Defensa. O 1 de abril de 1939, Franco asinou o derradeiro parte de guerra.

Gobernos republicanos e fragmentación do poder

Debemos ter en conta que a desorganización das institucións provocada polo poder militar orixinou unha diminución da autoridade e do poder do Estado republicano.

Durante os anos de guerra sucedéronse tres gobernos:

  • Goberno de Xosé Giral (19/07/1936 a 04/09/1936): este estaba formado por republicanos de esquerdas que non foron quen de evitar os avances e as accións dos sublevados.

  • O goberno de Largo Caballero (05/09/1936 a 17/05/1937): neste, as principais tensións entre os distintos partidos e forzas que apoiaban á República non desapareceron. Estas tensións estaban provocadas pola disxuntiva: "Facer a guerra e a revolución ao mesmo tempo?". O enfrontamento máis forte orixinouse entre o PCE (apoiando á República) e o POUM. En 1936 Caballero creou os comités directivos co fin de controlar as oligarquías financeiras.

  • Goberno de Negrín (15/05/1937 a 05/03/1939): apoiado fundamentalmente polo PCE e a coordinación militar, conseguiu grandes ofensivas republicanas como as de Teruel e do Ebro. O goberno de Negrín elaborou un plano económico e social para coordinar a economía baixo a dirección dun Consello Nacional de Economía que, finalmente, non obtivo resultados. O bando republicano seguiu resistindo na zona centro ata o golpe de Estado do coronel Casado, marchando ao exilio a finais de marzo.

Conclusión da Guerra Civil

En definitiva, o saldo da guerra foi moi negativo a todos os niveis: o número de mortos foi polo menos de 600.000 aos que hai que engadir o inxente número de feridos e mutilados, a destrución de materiais afectou especialmente ás cidades e zonas industriais, os niveis de produción reducíronse notablemente, o desenvolvemento quedou truncado e, o máis importante, miles de españois exiliáronse mentres que en España se instalaba un réxime ditatorial que duraría case 40 anos.

Descargar

PDF Word HTML