Breviario de Eutropio: pasaxes traducidas da historia de Roma
Resumen
Selección de pasaxes traducidas do Breviarium ab Urbe condita de Eutropio, que recorre a historia de Roma desde a fundación por Rómulo ata os emperadores do século II d.C. Inclúe a Monarquía, as primeiras guerras da República, as guerras púnicas, as conquistas en Hispania, o asasinato de César e a época imperial de Augusto, Calígula, Domiciano, Traxano e Septimio Severo.
Puntos clave
- Rómulo fundou Roma e creou o senado, e os romanos raptaron as mulleres dos pobos veciños.
- Numa Pompilio estableceu leis, costumes e o calendario de dez meses, e Tulo Hostilio ampliou a cidade co monte Celio.
- Tarquinio Prisco instituíu os xogos romanos e Servio Tulio fixo o primeiro censo.
- Durante a Segunda Guerra Púnica Aníbal chegou a catro millas de Roma, e Escipión o Africano conquistou Cartago Nova en Hispania.
- Viriato foi asasinado polos seus compañeiros tras loitar contra os romanos durante 14 anos en Lusitania.
- César foi asasinado por máis de sesenta conxurados ao volver a Roma tras as guerras civís.
- Augusto gobernou en solitario durante 44 anos e morreu en Nola aos 76 anos.
Selección do Breviarium ab Urbe condita de Eutropio
Compilación de pasaxes históricas traducidas que percorren a Monarquía, a República e o Imperio romano, desde a mítica fundación de Roma por Rómulo ata os emperadores do século II d.C.
Libro I: A Monarquía Romana
- 1, 2 (Rómulo e as orixes de Roma): Unha vez fundada a cidade, á que polo seu propio nome chamou Roma, fixo en total o seguinte: acolleu a unha multitude de pobos veciños na cidade e escolleu de entre os máis vellos a cen, con cuxo consello levaría adiante todos os asuntos, aos cales chamou senadores por mor da súa ancianidade. Entón, como el mesmo e o seu pobo non tivesen esposas, invitou a un espectáculo de xogos ás nacións veciñas á cidade de Roma e raptou as mulleres destas.
- 1, 3 (Numa Pompilio): Despois, Numa Pompilio foi nomeado rei, o cal certamente non levou a cabo ningunha guerra; porén, non beneficiou menos a cidade ca Rómulo. Pois tamén estableceu leis e costumes para os romanos, os cales, polo hábito das guerras, xa eran considerados ladróns e semibárbaros. Tamén dividiu o ano en dez meses (antes de que se producise ningunha confusión sen ningunha orde) e construíu multitude de templos e ritos sagrados en Roma. Morreu de enfermidade no cuadraxésimo terceiro ano de mandato.
- 1, 4 (Tulo Hostilio): A este sucedeuno Tulo Hostilio. Este renovou as guerras, venceu aos albanos —que distan da cidade de Roma doce millas— e aos veientes e fidenates —uns dos cales estaban a 6 millas da cidade de Roma e outros a 18 millas—, vencéndoos a todos na guerra; ademais, ampliou a cidade engadindo o monte Celio. Reinando durante 32 anos, ardeu xunto coa súa casa fulminado por un raio.
- 1, 5 (Anco Marcio): Despois deste, Anco Marcio, neto de Numa por parte de nai, asumiu o poder. Loitou contra os latinos e engadiu á cidade os montes Aventino e Xanículo. Xunto á desembocadura do río Tíber fundou unha cidade á beira do mar, a unha distancia de 16 millas da cidade de Roma. Morreu por enfermidade no vixésimo cuarto ano de reinado.
- 1, 6 (Tarquinio Prisco): Despois, Tarquinio Prisco recibiu o reino. Este duplicou o número de senadores, edificou en Roma un circo e instituíu os xogos romanos, os cales aínda permanecen na nosa memoria. El mesmo venceu aos sabinos, engadiu ao territorio da cidade de Roma non poucos campos que lles foran arrebatados, e foi o primeiro en entrar triunfante na cidade. Construíu murallas e cloacas no Capitolio. Aos 38 anos de reinado foi asasinado polos fillos de Anco Marcio, rei a quen el mesmo sucedera.
- 1, 7 (Servio Tulio): Despois deste, Servio Tulio asumiu o poder, nado dunha nobre muller, aínda que prisioneira e serva. Este tamén someteu aos sabinos e engadiu á cidade tres montes: o Quirinal, o Viminal e o Esquilino. Construíu fosas ao redor da muralla da cidade e posteriormente foi o primeiro de todos en confeccionar un censo, instrumento descoñecido ata entón. Foi asasinado polo crime do seu xenro Tarquinio o Soberbio —fillo daquel rei a quen el mesmo sucedera— e da súa propia filla, a quen Tarquinio tiña por esposa.
Libro II: Os Comezos da República e as Guerras Púnicas
- 2, 5 (Tito Quincio e Manlio Torcuato contra os galos): O ditador Tito Quincio foi enviado contra os galos que viñeran a Italia. Estes acamparan a catro millas da cidade de Roma, alén do río Anio. Alí, o mozo Lucio Manlio, o máis nobre de entre os senadores, presentouse a un combate singular matando a un galo que o provocara. Ao quitarlle o torque de ouro e colocalo no seu propio pescozo, acadou non só para el, senón tamén para os seus descendentes, o alcume perpetuo de Torcuato.
- 2, 21 (A Primeira Guerra Púnica en África): Sendo cónsules L. Manlio e M. Atilio, a guerra trasladouse a África. Contra Amílcar, xeneral dos cartaxineses, combateuse no mar e foi derrotado; pois, perdidas 64 naves, retirouse. Pola súa parte, os romanos perderon vinte e dúas. Tras cruzar cara a África, recibiron en primeira instancia a rendición da cidade africana de Clípea. Os cónsules avanzaron sen interrupción ata Cartago e, logo de arrasar moitas prazas fortes, Manlio volveu vitorioso a Roma levando consigo 27 000 prisioneiros, mentres Atilio Régulo permaneceu en África. Este formou as tropas contra os africanos: loitando contra tres xenerais cartaxineses saíu vencedor, matou a 18 000 inimigos, capturou a 5000 xunto con 18 elefantes e recibiu baixo fidelidade a 74 cidades. Vencidos deste xeito, os cartaxineses solicitaron a paz aos romanos.
Libro III: A Segunda Guerra Púnica
- 3, 14 (A ameaza de Aníbal e a campaña en Hispania): Dez anos despois de que Aníbal chegase a Italia, sendo cónsules P. Sulpicio e Cn. Fulvio, Aníbal achegouse case sen pausa a catro millas da cidade, e os seus xinetes chegaron ata a propia porta. Pouco despois, polo temor aos cónsules que viñan co exército, Aníbal retirouse a Campania. En Hispania, por mor de Asdrúbal, irmán de Aníbal, ambos os Escipións, que foran vencedores durante moitos anos, foron asasinados; porén, o exército mantívose íntegro.
- 3, 15 (Escipión o Africano en Hispania): Entretanto, P. Cornelio Escipión é enviado ás Hispanias onde, mortos os dous xenerais, non ficaba ningún mando romano. Foi enviado o fillo de P. Escipión para levar a cabo a contenda, tendo a idade de 24 anos; un varón senlleiro entre todos os romanos, non só do seu tempo senón das épocas posteriores. Capturou Cartago Nova en Hispania, onde se atopaba todo o ouro, a prata e os aparellos bélicos, así como os reféns máis nobres recibidos dos hispanos; apresou tamén a Magón, irmán de Aníbal, a quen enviou a Roma xunto con outros prisioneiros. Tralo anuncio da vitoria, xurdiu en Roma unha inmensa ledicia.
Libro IV: Conquistas en Hispania
- 4, 16 (Metelo e a Guerra Lusitana con Viriato): Nese mesmo tempo Metelo levou a cabo fazañas importantes en Celtiberia xunto aos romanos. Sucedeuno Q. Pompeio. Non moito despois, Quinto Cepión foi enviado a esa mesma guerra que un tal Viriato libraba en Lusitania contra os romanos. Por medo a este xeneral, Viriato foi asasinado polos seus propios compañeiros, tras ter axitada a Hispania durante 14 anos contra os romanos. Ao comezo fora pastor, logo xefe de bandoleiros e, por último, incitou a tantos pobos á guerra que chegou a ser considerado o defensor contra os romanos. E cando os seus asasinos solicitaron unha recompensa ao cónsul Escipión, foilles contestado que os romanos nunca aprobaron que un xefe fose asasinado polos seus propios soldados.
Libro VI: O Final da República e a Morte de César
- 6, 12 (Pompeio contra os piratas e Mitrídates): Mentres ocorrían estas cousas, os piratas infestaban todos os mares ata o punto de que a navegación xa non era segura en ningún punto nin para os propios romanos vitoriosos. Polo tanto, encomendóuselle esta campaña a Pompeio, a cal rematou en poucos meses con rapidez e fortuna. Pouco despois declarouse a guerra contra o rei Mitrídates e contra Tigranes. Pompeio venceu a Mitrídates en Armenia Menor nun combate nocturno, destruíu o seu campamento e matou a 40 000 soldados dos seus, perdendo tan só vinte homes do seu exército e dous centurións; o rei fuxiu xunto coa súa muller.
- 6, 25 (Asasinato de Xulio César): Rematadas as guerras civís en todo o mundo, César volveu a Roma. Comezou a comportarse moi insolentemente contra o costume tradicional da liberdade republicana romana. Xa que logo outorgaba as maxistraturas segundo a súa soa vontade e realizaba outras accións de natureza rexia e case tiránicas, máis de sesenta senadores e cabaleiros romanos conxuráronse contra el. Así pois, ao acudir César á curia un día de senado xunto cos demais, foi atravesado por vinte e tres feridas.
Libros VII e VIII: A Época Imperial
- 7, 8 (O goberno e a morte de Augusto): Deste xeito, concluídas as guerras en todo o mundo, Augusto regresou a Roma. Escribiu a historia do imperio exercendo o poder en solitario durante 44 anos; antes, gobernara doce anos xunto con Antonio e Lépido. Así, dende o principio do seu principado ata o remate, pasaron 56 anos. Morreu aos 76 anos de idade de morte natural na cidade de Nola, na Campania. Foi sepultado en Roma, no Campo de Marte: un varón que xustamente foi considerado deus pola meirande parte dos cidadáns.
- 7, 12 (Calígula): Sucedeulle Caio César, de sobrenome Calígula, sumamente criminal e perverso, superando mesmo as infamias de Tiberio. Levou a cabo a guerra contra os xermanos e, acadando ata Suevia, nada fixo con valor. Mantivo relacións incestuosas coas súas irmás e chegou a recoñecer unha filla nada dunha delas. Sendo aborrecido por todos por mor da súa crueldade e apetitos depravados, foi asasinado no palacio aos 29 anos de idade, no terceiro ano, décimo mes e oitavo día do seu mandato imperial.
- 7, 23 (Domiciano): Domiciano asumiu o imperio; era o irmán máis novo de Tito e máis semellante a personaxes como Calígula, Nerón ou Tiberio ca ao seu pai e ao seu irmán. Nos primeiros anos mostrou moderación no exercicio do poder, pero axiña derivou cara a vicios extremos de luxuria, ira, crueldade e cobiza, espertando tanto odio contra a súa persoa que botou por terra os méritos do seu pai e do seu irmán. Mandou asasinar aos senadores máis nobres; foi o primeiro en ordenar que o chamasen «señor e deus», e non consentiu que se lle erixise ningunha estatua no Capitolio agás de ouro e prata. Asasinou tamén aos seus curmáns, revelando unha soberbia vergoñenta. Con todo, construíu moitos edificios en Roma, entre eles o Capitolio, o Foro Transitorio, o Pórtico dos Deuses, o templo de Isis e Serapis e o Estadio. Morreu asasinado aos 45 anos, no décimo quinto ano de goberno, por mor dunha conxura tramada polos seus achegados dentro de palacio.
- 8, 2 (Traxano): Sucedeu a Nerva Ulpio Crinito Traxano, nado en Itálica, en Hispania, no seo dunha familia máis antiga ca ilustre. O seu pai fora o primeiro da liñaxe en acadar o consulado. Traxano foi proclamado emperador en Colonia Agripina, nas Galias. Administrou o goberno de maneira que sempre puxo o benestar público por riba de calquera privilexio persoal. As fronteiras do Imperio, fixadas con prudencia por Augusto, foron expandidas por Traxano con amplitude e gloria moito máis lonxe.
- 8, 18 (Septimio Severo): Máis adiante, a administración do Imperio romano pasou a mans de Septimio Severo, orixinario de África, da provincia Tripolitana e da cidade de Leptis Magna. Foi o único emperador procedente de África do que haxa memoria, tanto anterior coma posterior. Este exerceu en primeiro lugar como funcionario do fisco, despois como tribuno militar e, logo de ascender a través de moitos cargos e honores diversos, acadou o goberno supremo de todo o Imperio. Restaurou e fortificou numerosas institucións por todo o orbe romano.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Quen fundou Roma segundo este texto?
Segundo o texto, Rómulo fundou a cidade e deulle o seu propio nome. Tamén creou o senado con cen dos homes máis vellos.
Por que Lucio Manlio recibiu o alcume de Torcuato?
Matou nun combate singular a un galo que o provocara e quitoulle o torque de ouro para colocalo no seu propio pescozo. Ese alcume pasou tamén aos seus descendentes.
Como morreu Calígula?
Foi asasinado no palacio aos 29 anos de idade, no terceiro ano do seu mandato imperial, por ser aborrecido por todos pola súa crueldade e apetitos depravados.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.