O Estado de Benestar e os Servizos Sociais en Galicia: Conceptos e Funcionamento
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,85 KB
Estado de Benestar
Estado de Benestar: Conxunto de institucións estatais que garanten os dereitos sociais aos cidadáns, desenvolvidos a través de políticas de carácter redistributivo en base á solidariedade interxeracional e apoiados na idea do “cidadán/cidadá traballador/a” (ganapán) que é suxeito de dereitos sociais e, residualmente, como “cidadán/cidadá necesitado/a”.
Servizos Sociais
Servizos Sociais: “Prestacións técnicas e outras actividades nas que se lle brinda axuda ou apoio, fundamentalmente relacional e de proximidade, para a cobertura de carencias e o desenvolvemento de potencialidades no que ten que ver coa autonomía (ou dependencia) persoal e a integración (ou exclusión) comunitaria e social no seu conxunto.”
Funcións dos Servizos Sociais
Principais Funcións
- Información e orientación (para prevención de desigualdades)
- Axuda a domicilio e outros apoios á unidade de convivencia (facilitación dunha serie de servizos para facilitar un contorno de convivencia adecuado)
- Alonxamento alternativo (solventar problemas de alonxamento temporal ou permanente)
- Prevención e inserción social (dirixido a colectivos en risco)
- Fomento da solidariedade e cooperación social
Tipos de Servizos Sociais en Galicia
Servizos Sociais Comunitarios (SSC)
Concellos que teñen a competencia na creación e xestión dos Servizos Sociais. Carácter local, atenden a un territorio e unha poboación determinada e constitúen o acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención ao Sistema Galego de Servizos Sociais (SGSS). Teñen un carácter integrador, desenvolven intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias para a incorporación social e laboral. Están coordinados mediante protocolos e sistemas de derivación, información e colaboración cos Servizos Sociais Especializados, e outros servizos de benestar que operen no territorio (saúde, educación, migracións, etc.).
Servizos Sociais Especializados (SSE)
Prestada pola Xunta de Galicia. Están dirixidos a poboación con necesidades determinadas que implican unha maior especialización técnica, intensidade na intervención ou base territorial supramunicipal. Por exemplo: escolas infantís da Consellería.
Competencias dos Concellos
Competencias en Servizos Sociais
- A creación, xestión e mantemento dos Servizos Sociais Comunitarios básicos e específicos.
- A colaboración no fomento dos Servizos Sociais prestados por entidades de iniciativa social, así como a promoción de mecanismos de coordinación das actuacións realizadas por elas, evitando, no posible, a duplicidade e infrautilización dos equipos sociais.
- A promoción e realización de estudos e investigacións sobre a problemática dos Servizos Sociais no ámbito local e a divulgación dos resultados obtidos.
- A detección e análise das necesidades e da problemática social existente no seu ámbito territorial.
- A elaboración de plans e programas de servizos sociais no seu ámbito territorial.
- A participación, como entidade colaboradora, na xestión das prestacións económicas e, se é o caso, nas subvencións concedidas pola Xunta de Galicia.
- O fomento e a promoción da solidariedade e da participación da sociedade civil na prevención e inserción social no ámbito local.
- A creación, a regulación e o impulso de mecanismos de participación local no ámbito dos servizos sociais.
- A coordinación dos Servizos Sociais cos restantes servizos municipais e das restantes administracións no desenvolvemento dos plans e programas de intervención comunitaria, facilitando a participación das entidades sociais e a implicación da cidadanía no proceso.