O Barroco na Arte: Escolas Europeas, España e Galicia
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,71 KB
A pintura italiana
O pintor barroco italiano máis importante foi Caravaggio. A pintura de Caravaggio baseouse na observación directa da realidade con toda a súa crueza. Os seus personaxes inspiráronse en persoas da vida cotiá. Caravaggio foi un mestre do claroscuro. A súa técnica chamouse tenebrismo.
A escola holandesa
Tiveron moita influencia os gustos da burguesía comercial. Rembrandt foi o pintor máis importante da escola holandesa. Frans Hals foi un gran autor de retratos, tanto individuais coma colectivos. Vermeer especializouse en interiores de fogares burgueses.
A escola flamenga
En Flandres, o sur dos Países Baixos. Estivo moi influída pola pintura italiana e por iso un dos principais trazos foi o naturalismo ou realismo. Outra das características foi a minuciosidade. O principal pintor flamengo foi Rubens. Van Dyck foi discípulo de Rubens.
O Século de Ouro da pintura española: Características xerais
Actuou en gran medida como unha arma propagandística da Contrarreforma. O estilo barroco español caracterizouse polo realismo e por unha gran emotividade. Destacaron os pintores:
- José Ribera (1591-1652): seguiu o modelo de naturalismo de Caravaggio.
- Francisco Zurbarán (1598-1664): pintou escenas relixiosas para decorar conventos.
- Bartolomé Esteban Murillo (1617-1682): cambiou o seu estilo co paso do tempo.
Diego Velázquez
Naceu en Sevilla en 1599 e alí formouse no obradoiro de Francisco Pacheco, onde adquiriu un estilo moi influído polo realismo e polo tenebrismo. En 1623 foi chamado á corte para pintar un retrato de Filipe IV. O rei quedou tan satisfeito que o nomeou pintor de cámara. En 1631 realizou a súa primeira viaxe a Italia. Destacan por captar perfectamente a personalidade dos seus retratos, polo maxistral uso da luz e pola súa capacidade para pintar a profundidade nos seus cadros. Velázquez loitou toda a súa vida para lograr que se considerase a pintura como unha arte e non como un traballo manual.
A escultura barroca
Características principais:
- Impúxose o realismo.
- As esculturas representaban personaxes con sentimentos moi intensos.
- As figuras adquiriron gran mobilidade, enerxía e vitalidade.
- Creáronse efectos luminosos.
Bernini foi o principal escultor barroco e un dos máis grandes escultores.
A escultura española
Os encargos viñan da Igrexa, polo que a maioría das obras foron retablos para adornar os altares das igrexas e imaxes para decorar os templos e para as procesións de Semana Santa. A maioría das imaxes eran de madeira policromada que reflectían gran emotividade e patetismo.
O barroco galego
O maior esplendor artístico comprende o século XVII e a primeira metade do XVIII. Boa parte da arte barroca galega é relixiosa. A arquitectura barroca transformou a cidade, comezando pola catedral. O máis destacado do barroco compostelán do século XVIII é o barroco de placas. Destacan as fachadas-pano do mosteiro de Santa Clara, obra de Simón Rodríguez, e da Casa do Cabido, na praza das Praterías, de Clemente Fernández.
A escultura e o urbanismo no Barroco galego
A escultura está moi vinculada coa arquitectura. Destacaron Gregorio Fernández e Francisco de Moure. O barroco supuxo tamén un urbanismo que pensa a cidade como un teatro. Á falta de grandes avenidas, a praza constitúese no punto de interese.