Avaliación Educativa: Principios de Santos Guerra e Inspección LOE

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,88 KB

Principios de Avaliación segundo Miguel Santos Guerra (2010)

Miguel Santos Guerra (2010) alude a unha serie de principios fundamentais para a avaliación educativa:

  • Que naza da decisión dos protagonistas (aínda que poidan colaborar axentes externos) e que exista un clima adecuado.
  • Que o control estea nas mans dos avaliados (negociación).
  • Regulada por regras éticas que garantan o respecto ás persoas, a confidencialidade da información, o anonimato dos avaliados e a privacidade dos profesionais.
  • Educativa, é dicir, centrada nos procesos de aprendizaxe, nos resultados e en como se obteñen estes.
  • Que dea voz aos participantes en condicións de liberdade, autonomía e independencia que garantan a verdade.
  • Atenta aos procesos do centro, non só aos resultados do alumnado.
  • Realizada con métodos sensibles, diversos e adaptados á realidade que se quere avaliar.
  • Preocupada pola mellora da práctica profesional.
  • Que se plasme en informes negociados que permitan o debate entre as persoas implicadas e entre interesados na educación.
  • Que os avaliadores externos actúen como facilitadores do xuízo dos protagonistas, non como xuíces.

Encaixe dos Principios de Santos Guerra na Avaliación Interna

Os principios de avaliación aos que alude Miguel Santos Guerra encaixan mellor na descrición da avaliación realizada por axentes internos. O principal motivo é que Santos Guerra moita importancia a que no proceso avaliativo participen os seus protagonistas e non tanto axentes externos que poden deixar no tinteiro aspectos importantes á hora de avaliar e, polo tanto, facer unha avaliación pobre. Ademais, Santos Guerra considera máis importantes os procesos que o resultado en si, encaixando isto co tipo de avaliación realizada polos axentes internos. Tamén, esta avaliación mellora a autonomía profesional (é dicir, achega unha mellora da práctica profesional, aspecto que tamén busca Santos Guerra).

Tipos de Inspección Educativa

  • Inspección ordinaria ou educativa: é a máis segmentada e distribuída por todo o sistema educativo.

    A LOE establece para a Inspección educativa as funcións de supervisión dos programas que inciden nos centros educativos, a avaliación do cumprimento e aplicación dos principios e valores da lei ou a participación na avaliación do sistema educativo, entre outras.

    Ademais destas funcións, establécense tamén diversas atribucións que os inspectores deben ter en conta para cumprir as súas funcións, como coñecer as actividades que se realizan nos centros para así poder avalialas ou o exame da documentación dos centros para comprobar que se xeran todos os documentos e que estes cumpren os requisitos establecidos por lei.

  • Alta inspección: regulada polo Estado e responsable do cumprimento das leis.

    A función deste corpo é garantir o cumprimento das facultades que se lle atribúen aos axentes implicados no proceso de ensino-aprendizaxe, así como dos seus principios e normas.

    Entre as funcións que se lle establecen na LOE a este corpo son, entre outras, o cumprimento dos requisitos establecidos polo Estado sobre a Ordenación Xeral ou a comprobación da inclusión dos aspectos básicos do currículo dentro dos currículos dos diversos centros, ou velar polo cumprimento das condicións básicas que garanten a igualdade dos españois, dos seus dereitos e deberes no terreo e contexto educativos. As actuacións deste corpo serán reguladas e avaliadas polo Goberno, encargado tamén da súa organización segundo establece a LOE.

Entradas relacionadas: