Autores e obras principais do exilio galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,94 KB

A literatura do exilio entre 1936 e 1976

O centro de actividade literaria galega no primeiro terzo do século XX situarase en México e Arxentina. En Bos Aires, os emigrados entrarán en contacto cos exiliados e desenvolverán un amplo traballo intelectual. Isto suporá o elo de continuidade que a Galiza interior vira rexeitado pola represión do réxime; no exilio vanse publicar as obras que aquí non podían saír á luz.

A poesía no exilio

Un dos xéneros máis cultivados, marcado polas consecuencias da Guerra Civil e o exilio. Retoma un ton cívico e social.

  • Luís Seoane: Promotor de editoriais e publicacións periódicas. Déixanos cinco títulos de poesía: Fardel de eisilado, Na brétema, Sant’Iago, As cicatrices e A maior abondamento. A súa poesía desenvolve unha temática social e comprometida cun estilo realista a través dun verso longo e sinxeleza expresiva.
  • Lorenzo Varela: Poesía cívica cunha maior preocupación formal. En Catro poemas para catro gravados recrea catro figuras da historia galega e en Lonxe domina a temática mítico-histórica centrada na Guerra Civil, ademais de poetizar a ausencia da terra, o exilio e a saudade.
  • Emilio Pita: Inclúese no exilio e cultiva poesía de compromiso cívico (Jacobusland e Polos camiños do povo) e unha poesía próxima á literatura popular e neotrobadoresca (Cantigas de nenos ou O ronsel de verdegal).

A narrativa do exilio

Caracterízase por estar centrada na Guerra do 36 cun afán memorialístico e un ton de denuncia e testemuña.

  • Ramón Valenzuela: Non agardei por ninguén, temática que continuará en Era tempo de apandar.
  • Silvio Santiago: Escribe sobre a súa infancia en Vilardevós e relata a súa fuxida de España e a súa situación en O silencio redimido.
  • Antón Alonso Ríos: Segue a liña do Grupo Nós (Da saudade, Amor, Arte e Misticismo) xunto á novela autobiográfica na que narra a súa experiencia ata chegar a Bos Aires en O siñor Afranio ou Como me rispei das gadoupas da morte.

O ensaio: Castelao e o pensamento político

A obra máis importante foi Sempre en Galiza, publicada no exilio bonaerense de Castelao. É unha obra dobremente importante por ser unha crónica da época republicana e por recoller o pensamento político e o futuro que el propuña para a sociedade galega. Está composta por un prólogo co nome de "Adro" e catro libros nos que expón o seu pensamento político e analiza os problemas de Galiza dende unha óptica nacionalista. Tamén publica no exilio As cruces de pedra na Galiza e As cruces de pedra na Bretaña (estudos comparativos destas construcións). Outros ensaístas foron: Xosé Núñez Búa, Lois Tobío Fernández...

O teatro no exilio

Conviven o teatro popular, enxebrista e costumista, que pretende evocar a terra afastada e manter o sentido e orgullo de colectividade galega, cun teatro máis culto e temas dramáticos e innovadores.

  • Castelao: Publica en Bos Aires Os vellos non deben de namorarse. Combina elementos renovadores e tradicionais e presenta gusto pola simetría estrutural, concepción concentrada, expresionismo e simbolismo, ademais de humorismo e folclore. Presentará, ademais, unha inclinación por un teatro de protagonismo popular e a idea do teatro como un espectáculo estilizado e integral.

77

Entradas relacionadas: