Autores e obras fundamentais da literatura galega moderna: Cabanillas, Risco, Otero Pedrayo e Castelao
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 7,98 KB
Ramón Cabanillas
Naceu en Cambados no 1875 e faleceu en 1959. Considérase o primeiro gran poeta do século XX e o mellor expoñente da transición literaria.
Foi quen de unir a súa obra coa de Rosalía de Castro, a de Pondal e a de Curros, os tres mestres do Rexurdimento.
Obras de Cabanillas
Desterro (1913) e Vento mareiro (1915): os publicou na Habana. Poemas de tipo intimista e, noutros, de carácter costumista; evidénciase a pegada do ideario agrarista de Basilio Álvarez en poemas sociais e a influencia da lírica do Rexurdimento en composicións intimistas. Noutros textos pódese clasificar como costumista, o que convén coa progresiva introdución de elementos formais e temáticos propios do modernismo.
Da terra asoballada (1917): poetiza a recuperación do orgullo nacional. Neste poemario evidénciase a súa influencia modernista, pois inclúe referencias exóticas, descoñecidas pola lírica galega.
Na noite estrelecida (1926): constrúe a creación dunha historia mítica galega con clara influencia de Pondal. Divídese en tres sagas ou partes:
- A espada escalibour: onde se representa ao sabio Merlín e se coroa rei de Caledonia a Artur tras erguer a espada máxica.
- O cabaleiro do Santo Grial: descríbese a partida dos cabaleiros; destaca a figura de Galaaz.
- O soño do rei Artur: relata a volta de Galaaz ante o rei Artur.
A rosa de cen follas: dá paso ao intimismo amoroso a través da voz poética dun mozo enamorado, despois de pasar pola fase combativa e costumista.
A man da Santiña: primeira peza teatral; foi unha comedia escrita en prosa contemporánea. O mariscal: drama histórico en verso sobre a figura medieval do mariscal Pardo de Cela, mitificado como heroe de oposición.
Vicente Risco
Naceu en Ourense no 1884 e faleceu en 1963. Considérase unha das figuras máis influyentes do seu tempo; é o gran teórico do galeguismo e un dos principais impulsores da literatura galega moderna.
Obras de Vicente Risco
- Teoría do nacionalismo galego: é un ensaio que se basea nos presupostos ideolóxicos do cristiánismo, celtismo e atlantismo.
- Inadaptados: expón a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional a partir do rexeitamento.
- Mitteleuropa: foi unha crónica da viaxe que realizou por Alemaña para ampliar os seus coñecementos de etnografía; tamén describía as cidades.
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros: foi o primeiro relato modernista co que introduce o tema da maxia na literatura galega. Conta cun humor macabro.
- O lobo da xente: sobre a lenda dos lobishome.
- Trabe de ouro e trabe de alquitrán: mestura elementos das lendas de mouros coas orixes célticas de Galicia e a salvación.
- O porco de pé: novela satírica non realista; é a primeira novela moderna da literatura galega non realista e realiza unha dura crítica da burguesía ourensá.
Ramón Otero Pedrayo
Naceu en Ourense no 1888 e faleceu en 1976. É o escritor máis prolífico e plural da súa xeración.
Destaca como narrador grazas ás súas novelas e ás múltiples colaboracións literarias e ensaísticas.
Obras de Ramón Otero Pedrayo
- Pantelas, home libre: novela curta, primeira achega literaria; obtén un premio do Seminario de Estudos Galegos. Esta novela introduce dous elementos constantes na narrativa do autor: a identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente.
- O purgatorio de don Ramiro: recolle a liña do humor macabro indicada por Risco.
- Escrito na néboa: fai un primeiro achegamento ao retrato da súa xeración.
- Narrativa breve:
- Contos do camiño e da rúa
- Entre a vendima e a castañeira
- Contos de Santos e Nadal
- NOVELAS LONGAS DE RAMÓN OTERO PEDRAYO
- Nelas aparecen por primeira vez en galego técnicas narrativas propias das novelas do século XX.
- Camiños da vida: é unha triloxía na que se narra o realismo co proceso de transformación que sofre a sociedade rural galega.
- Arredor de si: un magnífico retrato da evolución ideolóxica da súa xeración a través do personaxe de Adrián Solovio.
- Devalar: realizada cunha técnica innovadora, na que Galicia se erixe como protagonista colectiva.
- Estes libros publicounos na Habana, onde entrou en contacto coa intelectualidade galeguista emigrante. Poemas de tipo intimista e noutros, de carácter costumista.
Castelao
Naceu en Rianxo no 1886 e faleceu en 1950. Foi debuxante, escritor e político.
A súa traxectoria artística está marcada por un compromiso con Galicia, aínda que a súa orixe humilde non o identifica co elitismo intelectual dos seus compañeiros e achega á realidade das clases populares.
Obras de Castelao
- Un ollo de vidro / Memorias dun esquelete: é unha novela curta formada por un conxunto de historias unidas por un mesmo narrador, que contempla, grazas a un ollo de vidro, todo o que acontece no cemiterio da cidade.
- Cousas: colección de pequenas pezas narrativas; céntrase nos problemas e na personalidade do pobo galego. Contén 44 relatos breves acompañados por un debuxo; o desenlace é pechado.
- Retricos: cinco contos de carácter autobiográfico baseados en distintos momentos da súa vida e ordeados de xeito cronolóxico.
- Os vellos non deben de namorarse: é unha obra teatral constituída por tres lances de estrutura moi semellante, nos que se repite o drama do vello que se namora dunha moza nova e que remata morrendo.