Autores Galegos do Século XX: Obra e Legado

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,8 KB

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979)

A súa obra

Abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador...

Narrativa

As tres obras principais desenvólvense no mesmo marco espacial (Ourense).

A súa obra narrativa presenta, ademais, unha serie de características comúns:

Características da narrativa

  • Localización espacial en Auria (Ourense).
  • Localización temporal nas dúas primeiras décadas do s. XX.
  • Protagonismo infantil e xuvenil.
  • Preferencia polo narrador subxectivo que narra en primeira persoa.

Poesía

Consta de 3 títulos: Romances Galegos, Poema en Catro Tempos, Cancioneiro.

Teatro

Dous volumes que reúnen varias pezas teatrais: Teatro pra a Xente, Farsas para Títeres.

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1989)

A súa obra

É narrador, poeta, dramaturgo e ensaísta.

Narrativa

Podemos clasificala en novelas e libros de relato:

Novelas

a) Merlín e Familia: Retoma a figura mítica do Mago Merlín, cun tempo presente e un escenario galego. É narrada por Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín.

O libro reúne unha sucesión de historias independentes:

  • Chegada dun visitante ao pazo de Merlín en busca dos seus saberes.
  • Exposición do caso ante o mago.
  • Resolución do problema mediante a fantasía.

Ademais: As Crónicas do Sochantre e Se o Vello Sinbad Volvese ás Illas.

Libros de relato

b) Escola de Menciñeiros, Xente de Aquí e de Acolá e Os Outros Feirantes teñen a mesma temática e estrutura.

Poesía

Comeza o seu labor poético na preguerra e continúao coa publicación de Dona de Corpo Delgado e Herba Aquí e Acolá.

Teatro

Escribiu O Incerto Señor Don Hamlet...

Ensaio

Tesouros Novos e Vellos é o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.

Ánxel Fole (Lugo, 1903 - 1986)

Narrativa

Foi un mestre do relato curto. A súa obra narrativa está formada principalmente por catro libros de contos:

  • Os dous primeiros: A Luz do Candil e Terra Brava, están ambientados na Galicia rural, nas terras do Courel.
  • Os dous últimos: Contos da Néboa e Historias que Ninguén Cre, comparten unha ambientación urbana, na cidade de Lugo.

A súa obra narrativa basea-se no conto popular de tradición oral:

  • Fórmulas introductorias.
  • Remate sentencioso.
  • Apelacións ao oínte.
  • Conto enmarcado.

Teatro

Publicou a peza teatral Pauta do Demo.

Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1929)

A súa obra

É un autor de ampla obra literaria, na que se inclúen narrativa, poesía e ensaio.

Narrativa

A súa obra narrativa podemos clasificala desde dous puntos de vista:

Clasificación da narrativa

  • a) Segundo o espazo no que se sitúan as historias: Galicia / América.
  • b) Segundo o seu protagonismo: Infantil / Adulto.

Temáticas e obras

  • A Galicia rural: Memorias dun Neno Labrego, Cartas a Lelo... (protagonistas adolescentes). Xente no Rodicio, A Muller de Ferro (protagonistas adultos).
  • A Galicia emigrante: Camiño Bretemoso, Historias de Emigrantes...

Entradas relacionadas: