Autores Esenciais da Narrativa Galega do Século XX: Cunqueiro, Fole, Blanco Amor, Neira Vilas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,05 KB

Principais autores da etapa:

1. Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

Características:

  • Mestura de realismo e fantasía: personaxes da literatura universal comparten con xentes do pobo galego vivencias e preocupacións.
  • Predominio da oralidade no estilo: como os contos da súa nai e na botica do pai, o que influíu no seu gusto pola maneira tradicional de contar, cheo de apelacións ao oínte, comentarios do narrador…
  • Tendencia á disgregación da novela: non hai unha estrutura clásica de presentación, desenvolvemento e desenlace, senón unha técnica de relato dentro do relato.

Merlín e familia (1955) é a máis coñecida: recreación da materia de Bretaña desde unha perspectiva galega. Escribiu tamén libros con breves retratos de personaxes populares coa aparencia de seres reais.

2. Ánxel Fole (1903-1986)

A súa obra está formada case exclusivamente por libros de contos (Á luz do candil -1953- e Terra brava -1955-) ambientados nas montañas de Lugo e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares que se contaban antes. Tamén os temas seguen esa tradición oral: contos de lobos, lendas populares combinados con sentido do humor.

3. Eduardo Blanco Amor (1897-1979)

Toda a súa narrativa sitúase en Ourense a principios de século. Dúas das súas novelas están consideradas o mellor da narrativa galega.

Obras destacadas:

  • A Esmorga (1959): participa na renovación da narrativa galega da época, tanto na temática como na forma. É a declaración a un xuíz dun acusado que relata a historia tráxica del e dous compañeiros, homes marxinais, en 24 horas de bebedela que acabará coa morte de todos.
  • Xente ao lonxe (1972): É unha radiografía de Ourense de principios do século a través da experiencia dun grupo de traballadores de carácter obreiro e sindical que loitan por unha escola laica fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa. O personaxe principal é Suso, neno de 12 anos que vai madurando ao longo da obra.

4. Xosé Neira Vilas (1928-2015)

Liñas temáticas:

  • Galicia interior: a sociedade campesiña marcada pola pobreza económica, cultural e ideolóxica. Destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. Novela de estrutura sinxela, en boca dun neno que non se conforma con esa vida e se ve obrigado a emigrar.
  • Galicia emigrante: mostran os problemas xerados por causa da emigración forzosa: morriña da terra, adaptación ao mundo urbano, loita por saír da miseria… Exemplo: Historias de emigrantes (1968).

A Nova Narrativa Galega

Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozos que incorpora á nosa narrativa novos motivos e técnicas relatoras. Son os integrantes da Nova Narrativa Galega: intención innovadora e desexo de ruptura formal coa tradición narrativa.

O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín (1938) cunha obra variada e relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con presenza de violencia e elementos políticos. Un exemplo é O crepúsculo e as formigas (1961), conxunto de relatos nos que nos fai dubidar se o que narra é real ou imaxinario.

Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares (1941-2002), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásicas. Nesta corrente inscríbense o libro de relatos Vento ferido (1967) e a novela Cambio en tres (1969). No 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Entradas relacionadas: