Atenas e Esparta: Clases Sociais e Sistemas Políticos na Antigüidade
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Griego
Escrito el en español con un tamaño de 4,14 KB
Clases Sociais en Atenas
A sociedade ateniense na época clásica estaba dividida en tres grandes grupos:
Os Cidadáns
- Eran os varóns nacidos en Atenas de pais tamén atenienses.
- Tiñan plenos dereitos políticos e sociais, por exemplo, ter propiedades.
- Tamén tiñan obrigas de tipo político, económico e social, por exemplo, participar en guerras ou pagar impostos.
- O número de cidadáns na época clásica sería duns 40.000.
Os Metecos
- Eran gregos, ás veces tamén estranxeiros, que, aínda sen ser atenienses, vivían de forma estable en Atenas.
- Eran o motor da economía ateniense, xa que se adicaban ao comercio, a artesanía, a industria e a banca.
- Aínda que non tiñan a condición de cidadáns, podían participar nalgunhas actividades da vida cidadá, por exemplo, asistindo aos baños públicos ou aos ximnasios locais.
- O número de metecos na época clásica era duns 70.000.
Os Escravos
- Eran homes ou mulleres que foron capturados nas guerras, que tiñan moitas débedas impagadas ou cuxo país era escravo.
- Carecían de dereitos públicos ou civís.
- Os escravos eran bens propiedade do Estado ou dun dono. Non obstante, ás veces conseguían recuperar a súa liberdade.
- Realizaban todo tipo de tarefas: unhas máis agradables, por exemplo, os mestres, obreiros ou empregados do fogar; e outras máis duras, por exemplo, traballar nas minas de prata de Laurión.
- O número de escravos en Atenas na época clásica era duns 125.000.
Clases Sociais en Esparta
Se en Atenas había cidadáns, metecos e escravos, en Esparta había espartanos, periecos e ilotas.
Outra diferenza era que os espartanos se dedicaban máis tempo ao exercicio das armas que ao goberno da cidade.
A Democracia en Atenas
As bases desta forma de goberno eran:
A Isonomía
- Todos os cidadáns eran libres e iguais ante a lei e tiñan os mesmos dereitos e obrigas.
- As mulleres, os metecos e os escravos, ao non formar parte da cidadanía, quedaban fóra deste sistema político.
A Parresía
- Era a liberdade de expresión dos cidadáns, que falaban e votaban libremente na asemblea e nos tribunais.
- Se os cidadáns observaban nalgún político comportamentos ambiciosos ou tendencias autoritarias perigosas para o ben de Atenas, podían expulsalo da cidade por un período de dez anos (eran necesarios 6.000 votos).
- A esta medida chamóuselle "Ostracismo", xa que o nome do cidadán ao que se quería desterrar de Atenas escribíase sobre un óstracon, un anaco de tella.
Institucións para a Paz e a Guerra
As institucións que axudaban a xestionar a democracia eran:
- A Eclesía
- A Bulé
- Os Arcontes
- Os Estrategoi
- Os Tribunais de Xustiza
A Monarquía en Esparta
Era unha monarquía peculiar porque había dous reis, ambos coa mesma autoridade, e unhas institucións políticas que lles axudaban no goberno eran:
A Apella
- Era a asemblea e estaba formada polos espartanos e cidadáns de Esparta.
- Elixía os membros da Xerusía e os Éforos, e aprobaba ou rexeitaba as súas propostas.
A Xerusía
- Era un consello de anciáns chamados Xerontes.
- Estaba composto polos dous reis e por outros 28 espartanos maiores de 60 anos.
- A Xerusía redactaba as leis, xestionaba os asuntos de política interna e xulgaba os delitos, funcionando tamén como unha especie de tribunal supremo.
Os Éforos
- Eran 5 altos cargos da administración pública.
- Velaban para que a tarefa dos reis fose apropiada e dirixían os asuntos de política exterior.