Astronomía, Galaxias e Recursos Naturais: Corrección de Contidos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Química
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,74 KB
Pregunta 1: Ptolomeo e o Xeocentrismo
Heliocentrismo Copernicano
Pregunta 4: As Galaxias
Distintos tipos de galaxias
- Elípticas: Forma de elipse, compostas por estrelas vellas e as máis grandes que hai son as xigantes elípticas.
- Lenticulares: Grupo intermedio entre as elípticas e as espirais. Forma de disco aplanado, cunha concentración de estrelas central e sen brazos.
- Espirais: Galaxias cun núcleo central de gran densidade estelar e con brazos en forma de espiral onde se están a xerar novas estrelas.
- Espirais Barradas: Galaxias espirais con brazos, pero o seu núcleo ten a forma dunha banda alongada.
- Irregulares: Carecen dunha estrutura común, non presentan núcleo e teñen un aspecto caótico. Compostas por estrelas novas e conteñen grandes cantidades de gas e po intersetelares.
A Vía Láctea
Pregunta 9: Que recursos se esgotan?
Recursos renovables
Recursos que se poden restaurar mediante procesos naturais de xeito tan rápido que percibimos que hai unha achega continua deles e que non se esgotan por moito que se consuman. Son deste tipo, por exemplo, a luz solar ou o vento.
Recursos non renovables
Rexenérense en procesos xeolóxicos ou fisicoquímicos que teñen lugar en períodos que duran millóns de anos. Por esa razón consideramos que existen en cantidades fixas, que chamamos reservas, que se van esgotando a medida que se consumen. Por exemplo, os combustibles fósiles (carbono, petróleo, gas natural) e os minerais.
Recursos potencialmente renovables
Rexéneranse de forma natural en períodos curtos, pero que deben ser consumidos sen superar ese rendemento de renovación, xa que doutro modo producirase o seu esgotamento temporal ou definitivo. Entre eles atópanse o aire, a auga doce, o solo ou os seres vivos.
Chamámoslle sobreexplotacións á extracción do medio dun recurso non renovable ou potencialmente renovable en tal cantidade e a tal velocidade que non ten tempo de rexenerarse.
Pregunta 10: Os Residuos
Que residuos xeramos?
- Segundo a súa perigosidade poden ser:
- Residuos tóxicos e perigosos: que conteñen unha ou máis substancias prexudiciais en concentracións tales que representan un risco para a saúde humana, os recursos ou o medio.
- Residuos inertes: non son perigosos a priori e non experimentan transformacións químicas, físicas ou biolóxicas significativas.
- Segundo a súa procedencia:
- Industriais, agrícolas e gandeiros, mineiros, sanitarios, residuos sólidos urbanos.