Aspectos Culturais: Banda Deseñada e Lingüística Ibérica
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,71 KB
A banda deseñada ou cómic
A banda deseñada ou cómic é unha narración ilustrada na que se combinan viñetas e texto, é dicir, combínase a linguaxe icónica coa verbal ou literaria.
1- As imaxes amosan as accións realizadas polos personaxes e desempeñan función narrativa principal. 2- O texto constitúeno os breves diálogos dos personaxes e tamén as cartelas ou textos de apoio que dan voz ao narrador.
A historia cóntase en viñetas que presentan distintos momentos da acción. Nelas poden producirse elipses, saltos temporais nos que se omiten sucesos.
A banda deseñada galega conta con importantes autores cuxas obras triunfan por todo o mundo: Miguelanxo Prado, Fran Bueno, David Rubin, Emma Ríos, Kiko da Silva, Miguel Porto, Víctor Rivas, Jacobo Fernández, Alberto Guitián, Carlos Portela, Manel Cráneo, Alberto Vázquez, entre outros.
A linguaxe do cómic
Presenta moitas similitudes coa linguaxe doutros medios audiovisuais.
Planos e encadramentos
Segundo a proximidade con que son representados os personaxes e os escenarios, podemos diferenciar distintos tipos de planos:
- Plano xeral: aparecen os personaxes e o espazo no que se sitúan.
- Plano enteiro: os personaxes están de corpo enteiro.
- Plano americano: os personaxes aparecen cortados á altura dos xeonllos.
- Plano medio: os personaxes están cortados pola cintura; deste modo, a ollada do lector concéntrase na súa expresión.
- Primeiro plano: só aparece o rostro do personaxe.
- Plano detalle: só aparece un anaco dun corpo ou dun obxecto, para que o lector fixe ben a súa atención nel.
Segundo o ángulo de visión do debuxante, hai distintos encadramentos:
- Normal: a acción é vista horizontalmente, á altura dos ollos.
- Picado: a escena é vista desde arriba.
- Contrapicado: desde abaixo a arriba.
Outros recursos
O cómic posúe recursos extralingüísticos e iconográficos característicos:
- Os globos ou bocadillos: reproducen o que os personaxes falan ou pensan.
- As onomatopeas: representan os ruídos que se producen.
- Os sinais cinéticos ou liñas de movemento: marcan a traxectoria dun personaxe ou obxecto e dan sensación de movemento.
- As metáforas visuais ou ideogramas: expresan estados de ánimo, sensacións... Por exemplo: ver as estrelas = sentir dor; raio = estar anoxado, etc.
- Os xestos: reflicten os sentimentos e actitudes dos personaxes. Por exemplo: ollos desorbitados = cólera ou terror; boca moi aberta = sorpresa, etc.
As linguas da Península Ibérica
Ademais do castelán, lingua oficial en todo o territorio, hai outros idiomas que contan co status de cooficialidade nas respectivas comunidades autónomas.
A Constitución Española (1978) sinala o plurilingüismo do Estado e establece a cooficialidade do castelán coas outras linguas españolas.
- O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.
- As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural [...] obxecto de especial respecto e protección.
- No ano 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia, que declara que o galego é a lingua propia de Galicia, oficial xunto co castelán.
- A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar.
- Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
En Portugal hai dúas linguas oficiais: o portugués (lingua maioritaria) e o mirandés (falado en Miranda do Douro).
Chámase lusofonía o conxunto de 9 países cuxa lingua oficial é o portugués: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Angola, Mozambique, Timor Oriental e São Tomé e Príncipe.
As grandes similitudes entre galego e portugués facilitan a comunicación dos galegos con 250 millóns de cidadáns de Europa, África e Iberoamérica que falan esta lingua irmá.