Aseo do Paciente e Preparación da Cama Hospitalaria

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,14 KB

ASEO DO PACIENTE: Hai 3 tipos: encamado, no encamado e pediátrico (neonato de 0 a 1 mes e lactante). E hai 3 elementos: cabelo, corpo e boca. A FINALIDADE do aseo é eliminar os restos escamados de pel, o exceso de graxa, as bacterias e as partículas adheridas á pel. A falta de coidado da pel fai aumentar as posibilidades de infeccións secundarias, propiciando o agravamento do estado do paciente. Os OBXECTIVOS DE ENFERMERÍA en relación con esta actividade son:

  • Favorecer o benestar do paciente.
  • Conservar a pel en bo estado.
  • Evaluar o grao de mobilidade.
  • Constatar o estado físico e psíquico do paciente.
  • Estimular a comunicación.

MATERIAIS DO ASEO: esponxas desbotables, cepillo de dentes, toallas, roupa de cama (camisón ou pixama, zapatillas e bata), tesoiras.

CONDICIÓNS DO BAÑO:

  • A temperatura debe ser entre 22 e 24 ºC.
  • Material da pila antideslizante, senón usamos alfombrilla.
  • Dispor de barras ou asas de seguridade.
  • Dispor dun timbre de chamada.
  • Conservación de temperatura constante (sen correntes).
  • A auga da ducha ten que ter entre 36 e 37 ºC.
  • Ducha máximo 10 minutos.

PROCEDEMENTOS PARA O ASEO:

  • Lavarse as mans.
  • Preparar o material necesario.
  • Se o paciente necesita axuda, poñer luvas.
  • Vixiar o estado de saúde da pel do paciente.

En canto ao aseo do paciente, debemos estimular ao paciente para que realice toda a parte do aseo ata onde poida.

MATERIAIS NECESARIOS PARA O ASEO DO PACIENTE ENCAMADO: 1 ou 2 palanganas de auga quente, unha para lavado e outra para aclarado, esponxa ou manopla desbotable, toalla de mans, cepillo de dentes, dentífrico, tesoiras de punta roma, cremas hidratantes, pixama, lecería de cama, bolsa para a roupa sucia.


Mobiliario e Preparación da Cama Hospitalaria

MOBILIARIO DA UNIDADE DO PACIENTE: cama, mesiña, carro bandexa, cadeira, armario, lámpada, biombo.

MATERIAIS DE USO HABITUAL: vaso para beber e outro para a hixiene bucal, palangana para a limpeza, cuña e orinal, pixama ou camisón, panos desbotables ou gasas, termómetro e depresor lingual.

Factores Ambientais na Unidade do Paciente

FACTORES AMBIENTAIS:

  • Temperatura: 20-22 ºC.
  • Humidade: entre 40-60%. En afeccións respiratorias, máis baixa. Canto máis alta, produce transpiración corporal e máis baixa reseca a pel e mucosas.
  • Ventilación e movemento do aire.
  • Pureza do aire.
  • Iluminación: pode ser natural ou artificial e poden ser de 3 tipos: XERAL, ESTUDIO E DESCANSO, situadas na cabeceira.
  • Ruído: factor desagradable para a saúde.
  • Hixiene da unidade.

Características da Cama Hospitalaria

CAMA HOSPITALARIA: Superficies sinxelas de limpar e que se deterioran pouco. Nunca usar superficies porosas.

  • Somier articulado de 2 ou 3 pezas. A máis normal é de pezas central, unha á cabeza e outra aos pés.
  • Dimensións: 80-90 cm de ancho, 190-200 cm de longo e 70 cm de altura sen colchón.
  • Distancia entre camas: 120 cm.
  • Entre cama e parede: 110 cm.
  • Colchóns de espuma e de muelles.
  • Lencería ampla e resistente: sábana baxeira, entremetida, encimeira, manta, colcha e almofadón.
  • Cada unidade do paciente adoita ter 3 m².

Tipos de Camas Hospitalarias

TIPOS DE CAMAS:

  • Cama somier ríxido de 1 peza.
  • Cama articulada.
  • Cama traumatolóxica ou ortopédica que dispón dun somier articulado.
  • Cama circoeléctrica (para grandes queimados ou lesións medulares... dispón de dous círculos metálicos que permiten manter ao paciente levantado).
  • Cama roto-rest (prevención úlceras por decúbito).
  • Cama levitación (grandes queimados).
  • Incubadora.

Accesorios da Cama Hospitalaria

ACCESORIOS DA CAMA: almofadas (de espuma, poliuretano e poliuretano + auga), colchóns (diferentes materiais).

Tipos de Colchóns

TIPOS DE COLCHÓNS:

  • Colchóns de muelles e de espuma (máis usados).
  • Colchóns de auga.
  • Colchóns de auga + bolas de poliuretano.
  • Colchóns antiescaras ou alternating.

Lencería da Cama

LENCERÍA: cubrecolchóns de algodón e a parte en contacto co paciente é plástico, sabanas (baxeira e encimeira), hule, entremetida, manta, colcha, almofadón.

Outros Accesorios

OUTROS ACCESORIOS:

  • Barandela (para que o paciente non sufra caídas).
  • Protectores de barandela de materiais elásticos.
  • Cuñas tope para evitar desprazamento.
  • Soporte para pés cilíndrico e de area adaptable ao pé.
  • Arco de cama metálico ou de plástico para illar a lencería do paciente.
  • Soporte de soros na cama, móbiles ou no teito.
  • Soporte de bolsa de diurese nos pés ou no lateral da cama.

Técnicas de Arranxo da Cama

TÉCNICAS DE ARRANXO DA CAMA:

  • Cama pechada (non ocupada).
  • Cama aberta desocupada (preparada para uso).
  • Cama aberta ocupada (con paciente).
  • Cama cirúrxica que contén varios matices comparada coa aberta.

Entradas relacionadas: