As Vangardas na Literatura Galega: Revolución e Modernidade Poética
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
español con un tamaño de 3,33 KB
As Vangardas na Literatura Galega
Nas primeiras décadas do século XX, aparecen en Europa un conxunto de movementos de renovación estética que van revolucionar todos os aspectos da arte. É o denominado vangardismo. Os poetas nacidos ao redor de 1900, que constitúen a xeración seguinte á xeración das Irmandades da Fala e da Xeración Nós, levaron a cabo a renovación das letras galegas no campo da poesía. Son coñecidos co nome de "novecentistas" ou "vangardistas".
Estes incorporan á literatura galega os adiantos das vangardas literarias europeas, aínda que non todos poden ser nomeados como vangardistas. En Santiago de Compostela promoveron o Seminario de Estudos Galegos, e tiveron un papel decisivo na formación do Partido Galeguista. Algúns destes autores, como Manuel Antonio, proclamaron a necesidade dunha renovación estética.
Fundamentos das vangardas galegas
Algúns dos fundamentos das vangardas galegas son:
- A ruptura con toda a literatura anterior.
- Os temas que van tratar son pouco transcendentes dende o punto de vista social.
- A provocación literaria de cara á mocidade, de ir contra "o vello", como ben establece Manuel Antonio no seu manifesto ¡Máis Alá!.
- Fuxir da realidade e fuxir dos valores consagrados na estética galeguista, entre eles a rima e o ritmo no poema.
A difusión desta nova poesía foi a través das revistas especializadas publicadas ao longo de dúas décadas por toda Galicia, como Ronsel, Cristal ou Yunque.
Clasificación dos movementos e autores
O movemento vangardista foi unha corrente estética que abrangueu diferentes artes por toda Europa, que se organizou en -ismos e que influíron en maior ou menor medida na creación deste movemento dentro da literatura galega. Por iso, podemos clasificar a algúns escritores galegos en dous grandes grupos:
A) Os seguidores da vangarda plena
Cunha poesía novidosa que rompe con todo o anterior, como o creacionismo de Manuel Antonio. É un ismo que se basea na creación dunha nova realidade por medio da xustaposición de imaxes innovadoras como recurso estilístico máis importante. Mariñeiro de profesión, presenta continuamente o mar e diversos elementos marítimos en moitas das súas pezas. Predomina tamén o verso libre e o humor presentado a través do ton irónico.
B) Seguidores dunha corrente vangardista moderada
Menos innovadora e cunha base tradicional aínda:
- Hilozoísmo: Poesía inspirada na paisaxe e a natureza. Trata de transmitir unha serie de contidos xa existentes na nosa literatura dende un novo prisma. Destaca Luís Amado Carballo coas súas obras Proel e O Galo.
- Neotrobadorismo: Emprega temas e recursos estilísticos da lírica galego-portuguesa mesturándoos e adaptándoos aos gustos do século XX. Destacan Álvaro Cunqueiro coa obra Cantiga nova que se chama riveira e Fermín Bouza Brey con Nao Senlleira.