As Principais Correntes do Idealismo na Filosofía

Enviado por Miguel y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en español con un tamaño de 3,83 KB

Idealismo Subxectivista de Berkeley

Que é unha realidade? Idea é todo contido do meu pensamento do que o individuo é consciente. Deses contidos, os que informan de como é a realidade son as impresións sensibles.

Para Berkeley, a materia que presiona os sentidos e produce impresións sensibles é un erro porque a materia:

  • É algo dotado de calidades secundarias (olor, cor, sabor...): pero estas non existen fóra dos sentidos, e cambian dependendo da persoa. Son subxectivas.
  • É algo dotado de cualidades primarias (extensión, figura...): tampouco existen fóra dos sentidos, son subxectivas.
  • É un conxunto de impresións subxectivas: que só existen no meu pensamento.

Idealismo Transcendental de Kant

Idea é a forma en que o pensamento organiza a información que, a través dos sentidos, temos das cousas que existen na realidade fóra do pensamento. Esta forma é común a todos os seres.

Esta forma de organizar a información:

  • Ten duración temporal.
  • Ten causas responsables da existencia e características.
  • Sexan fenómenos psíquicos ou físicos.

A dimensión da realidade que nin a ciencia estuda nin os sentidos nos mostran, Kant chámaa Noúmeno.

Idealismo Absoluto de Hegel

A realidade é unha realidade de ideas, e as ideas son os modos nos que a realidade se organiza.

  • As ideas coas que a realidade se organiza están na vontade.
  • O que predicamos é unha idea, un concepto universal.
  • Coñecer é dicir o que é algo, ou recoñecelo coma un caso de idea. O ser das cousas é a realización das ideas, que son un caso particular.
  • Idea = Razón; todo o real é racional, pódeo comprender o home.

A realidade é a progresiva realización da razón, e o home é un ser racional. Por que non coñecemos todo? Porque o coñecemento desenvólvese no tempo, é histórico.

Idealismo Ontolóxico de Platón

Características das Ideas (Mundo das Ideas):

  • Perfectas: modelo ideal ao que as cousas deben parecerse.
  • Inmutables: non cambian co tempo.
  • Eternas: non se xeran nin se destrúen.
  • Intelixibles: pódense coñecer co pensamento.
  • Universais: todos os obxectos que pertencen á mesma clase.

As Ideas non existen na conciencia nin na mesma realidade de todo o demais. As Ideas existen por si mesmas.

Pensar non é inventar ideas, senón descubrir co pensamento o que xa era así antes. O pensamento depende da Idea.

A Idea non provén da experiencia.

Hai Ideas que non representan nada existente no mundo físico.

Se as Ideas existen á marxe dos homes e das cousas, existen por si mesmas.

División da Realidade segundo Platón:

  1. Mundo das Ideas (Espiritual)

    • Características: inmutables, eternas, intelixibles, universais, perfectas.
    • As Ideas son o ser das cousas do mundo material.
    • As Ideas son o principio de organización do material.
    • Son o resultado da organización da materia que realiza un deus (Demiurgo).
    • As Ideas aspiran a realizarse no mundo material.
  2. Mundo Físico (Material)

    • Características: mutables, finitas, intelixibles (parcialmente), particulares, imperfectas.
    • As Ideas son o modelo ao que as cousas deben parecerse.
    • As Ideas son o criterio moral para xulgar as realidades do dominio material.

Relación entre os Mundos:

Relacionáronse como modelos (as cousas do mundo físico imitan as Ideas).

O Humano:

Composto por:

  1. Alma
  2. Corpo material

Entradas relacionadas: