As Pinturas Negras de Goya: Simbolismo, Técnica e Exilio en Bordeos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,5 KB
Interpretacións e Legado das Pinturas Negras de Goya
As interpretacións sobre o que quixo deixar o pintor son numerosas. A máis simple e lineal, baseada no mito de Saturno (o Cronos grego, deus do tempo), di que Goya só pretendía amosar como o paso dos anos o devora todo. Hai tamén unha interpretación política: o deus Saturno sería Fernando VII devorando ao seu pobo. O impacto visual e a forza expresiva son factores que asumirían expresionistas e surrealistas no século XX.
O Aquelarre (El Aquelarre)
O cadro representa, como o seu propio nome indica, un aquelarre ou reunión de bruxas que invocan ao demo; este aparece en forma de macho cabrío á esquerda do lenzo. A composición é simétrica, xa que as figuras están sentadas en círculo. Pódese dicir que o centro da mesma o forma a muller do pano branco.
Análise da Composición e Técnica
- O Demo: Á esquerda atópase o demo, que destaca na escena polo seu tamaño e a súa enorme mancha negra.
- Paleta e Pincelada: Como na maioría das súas Pinturas Negras, Goya utiliza unha paleta sucia (varias cores mesturadas con negro). A pincelada é moi solta, pero nalgunhas figuras Goya realiza o contorno con liñas bastante finas, como por exemplo a figura da esquerda.
- Luz e Claroscuro: A luz é expresiva, dá forza e enerxía á imaxe, e céntrase nas figuras de diante, onde a escena ten maior movemento. Permítenos ver con moito realismo e percibir o morbo da situación e do feito tan tenebroso que representa unha invocación ao diaño. Utilízanse fortes claroscuros, como o pano da bruxa sentada na cadeira.
- Perspectiva e Figuras: A perspectiva é aérea, xa que das bruxas situadas máis lonxe non podemos distinguir ben os seus rostros, mentres que nas de diante si. Os rostros de todas as bruxas están deformados, e as figuras están moi xuntas, non habendo espazo visible entre elas. Isto crea un efecto de masa, de unidade, non de figuras xuntas.
Todo isto contribúe a crear unha escena de terror macabra.
Riña a Garrotazos (Duelo a Garrotazos)
De tódalas Pinturas Negras, esta é a máis dotada de cor. Nela aparecen dous homes enleados nunha loita a morte, porque ningún deles pode fuxir xa que están enterrados ata os xeonllos no barro.
O seu cruel enfrontamento simbolizaría as loitas fratricidas dos españois a través da historia, e ás que Goya non vía solución, ou representaría a violencia propia do ser humano, combatida polo racionalismo da Ilustración. A pesar do abocetamento, os personaxes transmiten a furia que os embarga nunha paisaxe crepuscular e dura que inevitablemente parece preludiar a morte.
Os Últimos Anos de Goya: Exilio e Legado Final
Goya manifestárase partidario da Constitución liberal de 1812 (a Pepa, restablecida temporalmente durante a breve etapa do Trienio Liberal –1820-1823–) e, temendo a incautación dos seus bens ao se restablecer o réxime absolutista de Fernando VII, pediu seis meses de licenza das súas obrigas como pintor de Cámara, que, en realidade, tiña totalmente abandonadas, para tomar as augas minerais de Plombières.
Concedida a licenza, saíu para Francia, pero dirixiuse a Bordeos, lugar de refuxiados españois. Considérase como a última obra de Goya A Leiteira de Bordeos, que pinta aos 81 anos e que é todo un anticipo do impresionismo.
O 16 de abril de 1828 morreu en Bordeos.