A Arte Medieval: Estilos, Evolución e Legado
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en español con un tamaño de 5,97 KB
Durante a Idade Media sucedéronse, conviviron e influenciáronse entre si varios estilos artísticos. Ao longo de dez séculos, os distintos territorios do Mediterráneo, de Europa occidental e da Península contemplaron a construción de igrexas, catedrais, castelos e pazos, ademais de pinturas e esculturas nas que se plasmou o pensamento e a concepción dun mundo que xiraba ao redor da crenza no poder absoluto de Deus.
1. A Arte Románica
Ao redor do ano mil xeneralizouse a crenza de que o final do milenio traería o fin do mundo. Isto explica que houbese unha grande exaltación relixiosa que se materializou en novos templos e ordes monásticas. Neste contexto, a Europa occidental e feudal, incluíndo os territorios cristiáns peninsulares, viu aparecer un novo estilo artístico coñecido como Románico. Deuselle ese nome por entender que era un estilo herdeiro da arquitectura romana, e que tomaba dela elementos como o arco de medio punto.
Este estilo desenvolveuse entre os séculos XI e XII baixo o poder da Igrexa, que o utilizou para difundir a mensaxe cristiá de forma pedagóxica. Durante aqueles séculos, a construción de igrexas e mosteiros incrementouse de forma notoria.
Tamén teñen moita importancia nestes séculos (XI e XII) as peregrinacións aos lugares santos do Cristianismo: Xerusalén, onde predicara a súa mensaxe Xesucristo; Roma, onde se atopaba a tumba do apóstolo Pedro; e Santiago de Compostela, onde se atopara a tumba do apóstolo Santiago.
A través das rutas de peregrinación desprazábanse talleres de canteiros que construían os principais edificios relixiosos.
1.1 Arquitectura Románica
Caracterízase por presentar os seguintes elementos:
- Muros grosos e con poucos vans e pouca decoración exterior.
- A planta de cruz latina nas igrexas: unha ou máis naves que terminan en ábsidas semicirculares.
Elementos da planta:
- Girola
- Crucero
- O arco de medio punto: arcos en forma de semicírculo.
- A bóveda de canón, construída a partir da sucesión de arcos de medio punto, e a bóveda de aresta, que se crea mediante o cruce de dúas bóvedas de canón.
Diagramas de Arquitectura Románica
ARQUITECTURA ROMÁNICA
BÓVEDAS ROMÁNICAS
BÓVEDA de CANÓN
BÓVEDA de ARESTA
ARQUITECTURA ROMÁNICA
Elementos estruturais:
- Arcos faixóns
- Bóveda de canón
- Arcos formeros
- Columnas
- Pilares
- Contrafortes
- Os pilares: soportes verticais pero que non son cilíndricos.
- O uso de contrafortes: para fortalecer a estrutura.
- As torres campanario: xeralmente de grande altura.
2. A Arte Gótica (Séculos XII-XV)
Na Francia do século XII, producíronse unha serie de avances técnicos que permitiron desenvolver un novo estilo artístico que non tardou en difundirse pola Europa occidental: o Gótico. Foi unha arte relixiosa á vez que símbolo do poder económico das cidades baixomedievais.
2.1 Arquitectura Gótica
A arquitectura gótica empregou unha serie de elementos estruturais que permitiron levantar edificios máis altos e esveltos que os que se fixeran ata entón:
- O arco apuntado ou oxival.
- A bóveda nervada.
- Os piares.
- Os arcobotantes e contrafortes.
Introducíronse ademais outras innovacións e elementos propios do Gótico:
- As vidreiras e rosetóns de cores, os pináculos e unhas portadas máis altas e esveltas.
Diagramas de Arquitectura Gótica
Elementos estruturais e decorativos:
- Cuberta
- Ático
- Bóveda de Oxiva
- Pináculo
- Claustro
Aínda que o edificio paradigmático do Gótico é a catedral, símbolo do poder da cidade, a difusión deste estilo artístico está ligada ao desenvolvemento político e económico urbano da época. Por esta razón, o Gótico tamén foi utilizado nos edificios civís como concellos, lonxas, estaleiros, palacios urbanos, etc.
Elementos da planta e estrutura:
- Torre
- Gárgola
- Estribo
- Arcada
- Contraforte
- Nave lateral
- Nave central
- Transepto
- Xirala
- Absidiolo
- Nave Lateral
- Crucero
- Pilares cruciformes
Comparativa de Plantas
- Planta Románica
- Planta Gótica
2.2 A Escultura Gótica
A escultura gótica seguiu estando estreitamente unida á arquitectura, tanto relixiosa como civil. Con todo, de forma progresiva foron esculpíndose ou tallando imaxes exentas de gran valor e beleza que conferiron á escultura gótica unha entidade propia. As principais características desta son:
- A naturalidade e o realismo.
- O movemento e a expresividade.
Exemplo destacado:
Anunciación e Visitación da Portada da Catedral de Reims
2.3 A Pintura Gótica
A pintura gótica foxe do esquematismo e a simplicidade do Románico e busca lograr unha representación máis realista das figuras e dos escenarios. Aínda que nalgunhas obras podemos observar os primeiros intentos de utilizar a perspectiva, a pintura gótica defínese por:
- A riqueza de cores.
- O uso do dourado e a introdución de paisaxes de fondo.
- O realismo e movemento. En Flandes vaise perfeccionar unha nova técnica: o óleo, que favoreceu o brillo e o detallismo nas roupaxes das personaxes nos cadros, así como o realismo. Van Eyck e a súa obra "O matrimonio Arnolfini" abren xa o camiño ao Renacemento.
Elementos Arquitectónicos Comúns
Diagrama de planta:
- Ábside, absidiolos
- Porta lateral
- Transepto
- Nave central
- Torre campanario
- Naves laterais
- Porta principal