Arte Islámica: Características da Arquitectura e Decoración

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,23 KB

Arte Islámica: Características Comúns

Ausencia de Artes Figurativas

Non se desenvolven as artes figurativas (escultura, pintura...), agás puntualmente nas artes menores e a miniatura. A relixión musulmá rexeita as representacións figuradas por temor a que das imaxes deriven cultos idólatras. As principais manifestacións na arte musulmá son arquitectónicas.

Estilo Ecléctico e Adaptación

Non hai un estilo único, senón que se adoptan formas preexistentes, axeitándoas ás novas necesidades e achegando unha nova ornamentación.

Materiais de Construción

Non é tan frecuente o uso da pedra, senón que nos primeiros tempos, as necesidades obrigan a empregar materiais máis económicos: o cachote e o tixolo. Estes aparellos pobres son recubertos con xeso profusamente decorado ou con materiais máis luxosos.

Soportes: Piares e Columnas

Úsanse piares (incluso de tixolo) e columnas. Con moita frecuencia, reutilízanse materiais procedentes de edificios romanos ou bizantinos anteriores. Os capiteis corintios son copiados, ben toscamente, ben estilizando os seus motivos vexetais, tallándoos mediante a técnica do trépano, como en Bizancio.

Arcos Característicos

O preferido é o arco de ferradura, ao que logo se engaden variantes (arcos de ferradura apuntados, lobulados, mixtilíneos, entrecruzados...).

O Arco de Ferradura Islámico

O arco de ferradura islámico é máis pechado que o arco visigodo, sendo o seu peralte a metade do radio do arco.

O Alfiz nas Portadas

Nas portadas monumentais, os arcos enmárcanse nunha moldura cadrada, chamada alfiz.

Tipos de Cubertas

As máis das veces son artesoados de madeira, pero tamén se empregan a bóveda e a cúpula.

Bóvedas de Crucería e Cúpulas Gallonadas

Son moi características as bóvedas de crucería sen clave, nas que os arcos saltan entre dous muros evitando cruzarse no centro, que se cobre cunha cúpula gallonada (coa forma dos gallóns ou gomos dunha laranxa).

A Riqueza da Decoración Islámica

Resulta o máis característico da arquitectura islámica. Falta nela a representación humana ou animal, que é excepcional, por mor dos preceptos relixiosos. Hai unha marcada tendencia á estilización dos motivos vexetais.

  • Lacerías Xeométricas

    Composicións xeométricas, con entrelazos complicados seguindo pautas matemáticas, formando estrelas, figuras xeométricas e efectos variados.

  • Ataurique Vexetal

    Decoración realizada con motivos vexetais estilizados, follas e flores.

  • Epigrafía e Caligrafía (Arabesco)

    Son inscricións repetidas en caracteres árabes cursivos ou cúficos, de versículos do Corán ou versos de poetas (denominada frecuentemente "arabesco").

  • Mocárabes Decorativos

    Decoración arquitectónica a base de pequenos prismas colgantes de diversas formas, a modo de estalactitas, cos que se cobren bóvedas e cúpulas, o intradós dos arcos e os capiteis das columnas.

Entradas relacionadas: