Arte Gótica e Crise do Século XIV: Arquitectura e Impacto Social
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,38 KB
A Arte Gótica: Un Estilo Urbano
A Arquitectura
A partir do segundo cuarto do século XII, xurdiu no norte de Francia o gótico, un novo estilo que se difundiu pronto polo resto de Europa, onde perviviu ata o século XV. O gótico foi un estilo urbano que reflectiu o esplendor alcanzado nas cidades, nas que se financiaron custosos edificios decorados con esculturas, pinturas e vidreiras.
Características Xerais da Arquitectura Gótica
- Arco apuntado: É máis dinámico que o de medio punto.
- Bóveda de crucería: É máis lixeira que a bóveda de aresta románica. Fórmase polo cruzamento de dous arcos apuntados nun punto central chamado clave.
- Arcobotante: Utilízase para conducir ata os piares exteriores as presións laterais das bóvedas. Os muros perden o seu papel sustentante e neles poden abrirse grandes ventás pechadas con vidreiras.
Tipos de Edificios
Edificio Relixioso
O principal foi a catedral, que se converteu nun símbolo do poder das cidades.
Catedral Gótica
Adoita ter planta de cruz latina, con tres ou cinco naves, transepto, cabeceira con deambulatorio e numerosas capelas.
Interior
Consta de tres pisos: arcadas, triforio ou galería calada e ventás provistas de vidreiras.
Exterior
Posúe unha fachada enmarcada por dúas torres. Catedrais máis destacadas:
- Francia: Notre Dame, Chartres, Reims, Amiens e Laon.
- Reino Unido: Salisbury.
- Alemaña: Colonia.
Edificios Civís
Abundaron nas cidades. Os máis destacados foron os concellos, lonxas comerciais e os palacios nobiliarios ou burgueses.
Arquitectura Gótica Tardía
Gótico Mediterráneo
Desenvolveuse nos séculos XIV e XV en Italia, o sur de Francia e a Coroa de Aragón. Os edificios máis destacados son as catedrais de Florencia, Siena e Orvieto en Italia, a catedral de Albi en Francia, as catedrais de Barcelona e Palma e as lonxas de Valencia e Palma.
Gótico Flamíxero
Propagouse especialmente no século XV. Caracterízase por unha maior tendencia decorativa, manifestada na utilización de novos arcos. En Europa destacan edificios relixiosos, como a catedral de Gloucester, e os concellos de Bruxas e Bruxelas.
A Crise do Século XIV
Todos os países europeos sufriron durante o século XIV unha profunda crise.
Causas da Crise
- As guerras: A máis prolongada e devastadora foi a chamada Guerra dos Cen Anos, na que se enfrontaron Francia e Inglaterra.
- A peste: As epidemias da peste foron frecuentes. A máis importante foi a Peste Negra en 1348.
- A fame: A súa orixe estivo en varios anos seguidos de elevadas precipitacións que inundaron os campos.
Consecuencias da Crise
- Poboación: A poboación europea descendeu de 80 a 45 millóns de persoas entre 1300 e 1400.
- Economía: Decreceu. A produción agraria reduciuse, baixou a demanda de produtos artesanais e o comercio entrou en crise.
- Sociedade: Asistiu a un incremento dos conflitos no campo e na cidade.
- Arte: Paralizáronse as construcións e o pesimismo da época.