Arte contemporánea do século XX: movementos, artistas e obras clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Plástica y Educación Artística

Escrito el en español con un tamaño de 11,64 KB

Contexto histórico: segunda metade do século XX

Na segunda metade do século XX, o mundo viviu importantes transformacións políticas, sociais e culturais. Tras a Segunda Guerra Mundial, emerxeron dúas superpotencias, os EEUU e a URSS, que protagonizaron a Guerra Fría, marcada pola carreira armamentística e por conflitos indirectos en países como Corea e Vietnam. A caída do Muro de Berlín e a desaparición do bloque comunista deron paso á expansión do capitalismo e á transición democrática en Europa do Leste. A descolonización de África e Asia marcou o fin dos imperios europeos, aínda que moitas desas novas nacións quedaron afectadas polo subdesenvolvemento.

En Europa avanzouse cara á integración con tratados como o de Maastricht (1992), que levou á creación da Unión Europea e, posteriormente, do euro. Socialmente, o mundo experimentou un forte crecemento demográfico e novos desafíos ambientais. No ámbito artístico destacou a liberdade creativa, a ruptura coa tradición e o desprazamento do centro cultural cara aos Estados Unidos, impulsado polo existencialismo, o impacto da globalización e as novas tecnoloxías.

Informalismo

O informalismo é un movemento artístico europeo que xurdiu tras a Segunda Guerra Mundial, caracterizado pola rexeita da forma tradicional, o uso expresivo da materia e unha estética de apariencia caótica ou espontánea. No movemento destacan dúas correntes: o informalismo matérico e o action painting europeo.

Antoni Tàpies (España)

Antoni Tàpies é un dos máximos expoñentes do informalismo matérico. A súa obra destaca polo uso de materiais pobres e inusuais como area, po de pedra, vernices, cartóns, cordas ou obxectos da vida cotiá como roupa vella ou mobles, co obxectivo de que a materia fale por si mesma. Tamén incorpora signos como cruces, letras ou números, creando superficies cargadas de simbolismo e espiritualidade.

Gran pintura gris (1955): nesta obra, Tàpies utiliza unha paleta de tons grises e terrosos, aplicando a materia de forma espesa e rugosa, o que crea unha textura que invita á contemplación táctil. Os elementos simbólicos aparecen case ocultos entre as capas de materia, como se foran restos arqueolóxicos. A obra transmite unha sensación de silencio e profundidade, como se fose unha parede antiga chea de memoria.

Manolo Millares (España)

Manolo Millares, pertencente ao grupo El Paso, é outro dos grandes nomes do informalismo español. Utiliza tea de saco rota e cosida como soporte, creando obras que lembran peles ou vendaxes, coas que expresa a dor, o trauma e o sufrimento humano. As súas creacións están influenciadas pola cultura prehispánica das illas Canarias, especialmente polos guanches, aos que homenaxea simbolicamente.

Cuadro 61 (1958): nesta obra, Millares presenta unha superficie feita con tea de saco desgarrada e cosida, salpicada con pintura negra e vermella. A combinación dos materiais e das cores produce unha sensación de ferida aberta ou corpo torturado. As costuras lembran cicatrices, e a forza expresiva da composición conecta directamente co sufrimento humano e coas feridas da posguerra. A obra é un berro visual, tanto político como existencial.

Expresionismo abstracto

Este movemento xorde nos Estados Unidos nos anos 40 e 50 e constitúe a primeira gran vangarda americana. Busca expresar emocións internas profundas, o subconsciente e a forza do xesto, sen representación figurativa. Divídese en dúas tendencias principais: o action painting e o color field painting.

Jackson Pollock (Estados Unidos)

Jackson Pollock é o principal representante do action painting, un estilo no que o artista pinta con xestos físicos e espontáneos, empregando a técnica do dripping: verter e salpicar pintura sobre o lenzo colocado no chan. Para Pollock, o acto de pintar era un ritual, unha forma de liberar o subconsciente. A súa vida intensa e marcada polo alcoholismo influíu na forza expresiva das súas obras.

Number 1A (1948): esta obra é un claro exemplo da técnica do dripping: a pintura non se aplica con pincel, senón que se verte, se deixa caer e se salpica con movementos rápidos e coreográficos. O resultado é unha superficie cuberta por liñas entrelazadas, manchas e goteos que parecen caos, pero que están cheos de ritmo e dinamismo. Pollock buscaba que o espectador se mergullase na obra, sen punto de fuga nin centro, como se fose unha extensión infinita da mente.

Mark Rothko (Estados Unidos)

Mark Rothko representa a vertente do color field painting. As súas obras están formadas por grandes campos ou bloques de cor colocados sobre fondos monocromos. O seu obxectivo era provocar unha experiencia emocional profunda no espectador. Recomendada observar as súas obras a pouca distancia e en silencio, como se fosen altares, buscando unha conexión espiritual.

Orange and Yellow (1956): nesta pintura, Rothko superpón dous grandes rectángulos de cor laranxa e amarela sobre un fondo dourado claro. As transicións entre as cores son suaves, case etéreas, grazas ao uso de veladuras finas. A simplicidade formal contrasta coa intensidade emocional da obra, que transmite unha sensación de luxo, calor e meditación. Rothko pretendía que a cor nos afectase profundamente, como se fose un estado de ánimo.

Capela Rothko (1971): aínda que finalizada despois da súa morte, a capela é un dos seus proxectos máis ambiciosos. Trátase dun espazo silencioso e íntimo, con catorce grandes pinturas en tons escuros (violetas, negros, marróns) pensadas para a contemplación espiritual. A obra funciona como un templo laico, onde a pintura se converte nun camiño cara á introspección e ao silencio interior.

Arte Pop

O Pop Art é un movemento artístico nacido nos anos 50, inicialmente no Reino Unido e despois nos Estados Unidos, onde alcanzou maior relevancia. Xurdiu como reacción contra o expresionismo abstracto, un arte emocional e elitista, propondo unha arte próxima ao cotián e popular, inspirada na cultura de masas: publicidade, cómics, cine, televisión e obxectos de consumo.

Esta corrente reflexa o auge do consumismo e dos medios de comunicación tras a Segunda Guerra Mundial, sen unha crítica directa pero con certa ironía. Rompe coa idea do arte como algo elevado e exclusivo, e utiliza imaxes recoñecibles por todos, tratándoas con técnicas industriais como a serigrafía, o collage ou a repetición mecánica.

  • Características principales: uso de cores planas e chamativas, representación de obxectos cotiáns, eliminación da carga emocional e mestura entre o arte "culto" e o popular.
  • Moitas obras do Pop Art baséanse na repetición de imaxes icónicas, moitas veces sacadas directamente da vida comercial e urbana.

Richard Hamilton (Reino Unido)

Richard Hamilton é considerado o pioneiro. A súa obra Just what is it that makes today’s homes so different, so appealing? (1956) ironiza sobre o estilo de vida moderno usando imaxes publicitarias.

Andy Warhol (EE. UU.)

Andy Warhol traballou con serigrafías de obxectos ou persoas famosas, como as latas Campbell ou Marilyn Monroe. Co seu taller, The Factory, converteu o arte en produción en cadea, eliminando a pegada persoal do artista.

Eight Elvises: repite a imaxe do actor Elvis Presley armado, xogando coa idea do ídolo popular como produto en serie.

Green Coca-Cola Bottles: mostra múltiples botellas iguais, resaltando como o cotián se converte en símbolo universal.

Roy Lichtenstein

Roy Lichtenstein inspírase nos cómics, reproducindo escenas con globos de diálogo e puntos de cor, imitando o seu estilo gráfico.

Whaam!: escena de combate aéreo con texto, combinando acción visual coa estética de viñeta.

Hopeless: mostra a unha muller chorando con dramatismo, reflexando emocións estereotipadas dos cómics románticos.

Claes Oldenburg

Claes Oldenburg crea esculturas de obxectos cotiáns a gran escala, dándolles unha presenza monumental e irónica.

Floor Burger: representa unha hamburguesa xigante feita de tela blanda, desafiando a idea tradicional de escultura.

Giant Toothpaste Tube: converte un obxecto trivial nunha escultura chamativa e absurda.

Robert Rauschenberg e Jasper Johns

Rauschenberg e Jasper Johns sitúanse entre o expresionismo abstracto e o Pop Art. Rauschenberg combina pintura con obxectos reais; Johns reinterpreta símbolos coñecidos como bandeiras ou números, dándolles un novo valor artístico.

Monogram: Rauschenberg integra obxectos reais, como unha cabra disecada e unha roda, rompendo cos límites do cadro tradicional.

Flag: Jasper Johns reinterpreta a bandeira dos EEUU en cera e tecido, obrigando ao espectador a ver cun novo ollo un símbolo tan coñecido.

Hiperrealismo

O hiperrealismo xurdiu en Estados Unidos a finais dos anos 60 como reacción ao expresionismo abstracto e como evolución do Pop Art. A miúdo chamado fotorrealismo, baséase na fotografía, que os artistas reproducen cunha precisión extrema, a veces incluso maior que a realidade mesma.

Aínda que as obras son técnicamente perfectas, non só buscan copiar a realidade, senón resaltar o mecánico, impersoal ou baleiro da vida moderna. Representan o cotián (escaparates, rúas, persoas, obxectos) con fidelidade case obsesiva, eliminando a emoción directa. Destacan artistas como Richard Estes (escenas urbanas), Chuck Close (retratos) e Duane Hanson (esculturas hiperrealistas de persoas).

En España, o maior representante é Antonio López.


Antonio López

Nado en 1936 en Tomelloso, Antonio López é o hiperrealista máis importante de España. O seu estilo baséase nunha observación profunda da realidade, cunha técnica precisa e un forte interese pola luz, o paso do tempo e o cotián. Traballa lentamente e revisa as súas obras durante anos.

Os seus temas máis comúns son paisaxes urbanas (especialmente de Madrid), interiores domésticos, obxectos sinxelos e retratos. A diferenza do frío hiperrealismo americano, a súa obra ten unha carga poética e simbólica, reflectindo silencio, tempo e atmosfera.

Gran Vía: vista realista e deserta desta rúa madrileña, onde destaca a luz natural e o silencio urbano. Reflicte o paso do tempo e a precisión obsesiva de Antonio López ao traballar, xa que pintaba sempre á mesma hora para manter a mesma luz.

Muller na bañera: escena íntima e cotiá dunha muller de espaldas nunha bañera. Con gran realismo e sinxeleza, transmite calma e reflicte o interese do autor pola luz, o corpo humano e o tempo detido.

Fluxus

Fluxus foi un movemento artístico dos anos 60 e 70, fundado por George Maciunas, que rexeitaba o obxecto artístico tradicional e promovía unha arte aberta, sociolóxica e lúdica. Os seus principios incluían a experimentación, a mestura de medios, a simplicidade das obras e a participación do público, que completaba a obra a través do azar e da interacción.

Influenciado polo Dadaísmo, Fluxus utilizaba obxectos cotiáns, sons e imaxes. Destacaron artistas como Yoko Ono, Joseph Beuys e Nam June Paik. Este movemento tamén influíu na arte conceptual e de acción, desmaterializando o obxecto artístico, achegando a vida á arte e creando novas formas de reflexión sobre a sociedade.

Entradas relacionadas: