Arte Barroco en Galicia: Arquitectura, Escultura e Pintura
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
gallego con un tamaño de 19,09 KB
- Planta e fachada da igrexa de San Carlos das Catro Fontes, en Roma (1664-1667), de Borromini.
- Columnata de San Pedro do Vaticano (1656-57), de Bernini.
- Praza Navona, en Roma.
- Pazo de Versalles (1680), de Hardouin-Mansart.
- Fachada do Hospicio de Madrid (1725-26), de Pedro Ribera.
- Praza Maior de Salamanca (1756), de Alberto Churiguera.
- Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (1738-50), de Fernando de Casas Novoa.
- Pórtico Real e Torre do Reloxo da Catedral de Santiago (1678-80), de Domingo de Andrade.
- Escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval (1700), de Domingo de Andrade.
- Casa do Cabido, en Santiago (1758), de Fernández Sarela.
Barroco compostelán ou barroco de placas
- Fachada do convento de Santa Clara de Santiago (1719), de Simón Rodríguez.
Outras obras:
- Fachada da catedral de Valencia (1703-1741), de C. Rudolf.
- Portada do palacio de San Telmo, en Sevilla (1682), de Leonardo de Figueroa.
- Fachada da Universidade de Valladolid (1715), de Narciso e Diego Tomé.
- Fachada da catedral de Murcia (1742-54), de Xaime Bort.
- Gruta de Apolo, en Versalles (1666-75), de F. Giradon.
- Escultura española:
- Cristo xacente (1636), de Gregorio Fernández.
- Piedade (1617), de Gregorio Fernández.
- San Xerome (1611), de Martínez Montañés.
- Retablo de Santo Estevo de Salamanca (1692), de José Churiguera.
- Obras de Bernini:
- Baldaquino de San Pedro do Vaticano (1624-33).
- Fonte dos Catro Ríos, na praza Navona de Roma (1651).
- Apolo e Dafne (1625).
- Rapto de Proserpina (1622).
- Éxtase de Santa Teresa (1650).
- David.
Ademais da información que figura no libro de texto, debes ter en conta:
- Principais temas: Relixiosos, mitolóxicos, paisaxes, retratos, bodegóns, cadros de costumes.
- Percura do realismo: Efectismo, teatralidade.
- Importancia da luz, o movemento e a cor.
- Visión da escena en profundidade: Composición diagonal, ás veces máis de unha. A distribución de manchas de luz e cor axuda a captar o conxunto como un espazo dinámico.
- Os contornos das figuras dilúense e a particularidade de cada unha perde relevancia en favor do conxunto da escena.
Haberá distintas escolas segundo os países, pero en todas desempeña un papel esencial a luz.
ITALIA
Pintura fundamentalmente relixiosa e decorativa. Destaca Caravaggio (1571-1610). Obras:
- A Crucifixión de San Pedro (1601).
- A Vocación de San Mateo (1599). Neste cadro podemos apreciar o estilo e temática de Caravaggio: un tema relixioso tratado como cadro de sotumes. Realismo teatralizado. A composición é estática, horizontal, o fondo neutro. Fíxate na importancia da luz: hai dous focos exteriores ao cadro que iluminan só certas zonas, provocando violentos contrastes (tenebrismo). A luz resalta as figuras e axuda a dramatizar o contido do cadro.
Ademais, debes ver as seguintes obras deste autor (percurándoas en internet): A cea de Emaús, O amor victorioso, Baco, O tránsito de María, A flagelación de Cristo.
FLANDES
Barroco católico ao servizo da Contrarreforma. Destaca Rubens (1577-1640). Obras:
- As tres Grazas (1638).
- O descender de Cristo (1612). Composición diagonal. Predominio das liñas curvas. Prácticamente todos os personaxes están no mesmo plano. Os escorzos dan profundidade, así como un segundo plano escuro. Importancia da luz e a cor. O movemento consíguese mediante a luz, a cor e a posición das figuras (movemento de masas). O que importa é o efecto global, de conxunto, non o que fai cada figura illada.
Ademais, debes buscar máis obras deste autor, por exemplo: O levantamento da Cruz, O triunfo da Eucaristía, Retrato de Elena Fourment, O xardín do amor.
HOLANDA
Barroco burgués: retrato de grupo, retrato individual, autorretrato, paisaxes, escenas da vida cotiá... Desaparición dos temas relixiosos. Pintor máis destacado: Rembrandt (1606-1669). Trátase dun pintor xenial que está por enriba das distintas escolas. É un mestre no tratamento da luz. Pintou variedade de temas: retratos de grupo, autorretratos, paisaxes, temas relixiosos… Obras:
- Lección de anatomía (1632).
- Autorretrato (1669).
- Ronda nocturna. Non é o típico retrato de grupo, aínda que foi encargado como tal. Destaca uns personaxes máis ca outros. A luz contribúe a crear o espazo, a dar vida ao grupo. O claroscuro convírtese así nun medio de expresión.
Procura máis obras de Rembrandt en internet. Outros pintores e obras importantes:
- Exemplo de retrato de grupo: Banquete dos oficiais da Compañía cívica de San Xurxo (1616), de Franz Hals.
- Exemplo de escena da vida cotiá: A leiteira (1658), de Vermeer.
ESPAÑA
A pintura é a arte máis característica desta época en España. Hai variedade de temas, pero predominan os relixiosos. A arte emprégase como vehículo de propagación da doctrina católica e de exaltación do culto aos santos e das verdades da fe. Nos temas realistas trátase de representar a realidade tal como é, alonxada do anecdótico e recargado. Destaca o interese pola luz: algúns pintores superarán o tenebrismo, facendo que a luz modifique figuras e obxectos, creando espazos.
Pintores:
- Zurbarán: Pintor da vida monástica, cores brancas, sobrias. Bodegón (1633).
- Ribera: Pintor de temas variados (relixiosos, mitolóxicos…). Evoluciona a partir do tenebrismo. Santo Andrés (1632).
- Murillo: Estilo doce, agradable, imaxes piadosas alonxadas da realidade concreta. Inmaculada (1660).
- Velázquez: Sen dúbida, o pintor máis importante do barroco e un dos grandes xenios da historia da pintura de todos os tempos. Cultivou gran variedade de temas: retrato aristocrático, costumista, mitolóxico, bodegóns… É o primeiro que dá o paso da pintura tenebrista ao realismo baseado na luz, percurando a profundidade espacial (perspectiva aérea); a difuminación das liñas, o uso da cor e a meticulosa elaboración técnica caracterizan a súa pintura.
Obras de Velázquez:
- As lanzas, ou a Rendición de Breda.
- A fragua de Vulcano (1630).
- A Venus do espello (1648).
- Inocencio X (1650).
- Os borrachos (1628).
- Cristo crucificado (1632).
- As fiandeiras (1657).
- Fábula de Atenea e Aracne.
- As meninas (1656). Debes ampliar información sobre este cadro en internet (Wikipedia ou outro sitio onde atopes un bo comentario non moi extenso).
Outros pintores importantes: Alonso Cano, Valdés Leal, Claudio Coello.
NOVAS INSTITUCIÓNS: Nomearon un gobernador en 1475 para o reino de Galicia, unha especie de vicerrei con amplos poderes para gobernar e administrar xustiza. En 1480 crearían a Real Audiencia, un tribunal superior de xustiza que entendía en numerosos asuntos tanto civís como eclesiásticos. Os nobres recuperaron o seu poder despois das revoltas sociais do século XV, refixeron as fortalezas destruidas polos irmandiños e mantiveron frecuentes loitas entre eles para restablecer a orde e facerse obedecer. Os Reis Católicos impuxeron medidas como:
- Os señores debían abandonar as fortalezas nas que se refuxiaban para escapar da xustiza real.
- As fortalezas dos nobres que non obedecían as súas ordes serían derrubadas.
- A nobreza debía servir aos monarcas alí onde atopasen e desempeñar os cargos que lle asignasen.
En 1486, os Reis Católicos fixeron un viaxe por Galicia na que culminaron o proceso de control e pacificación do reino. Para reorganizar e controlar os mosteiros, os Reis Católicos ordenaron:
- Agrupar os mosteiros pequenos noutros maiores para que fose máis doado controlalos.
- Que todos os monxes vivisen no mosteiro.
- Sustituíronse os abades galegos por outros casteláns para evitar que se cometesen abusos.
Tamén adoptaron outras medidas para intensificar o control sobre o reino de Galicia:
- Para restablecer a orde e a paz, crearon a Santa Irmandade, institución que se organizou en Galicia en 1480. En 1498 foi suprimida por considerarse que xa cumprira a súa misión.
- Aumentaron a autoridade dos correxedores, funcionarios nomeados polos Reis que actuaban como máximas autoridades dos concellos das cidades.
- Estableceron o castelán como única lingua oficial.
A partir de 1516, coa chegada dos Habsburgo, Galicia aumentou a súa importancia dentro da monarquía hispánica. Os feitos máis importantes foron:
- Potenciación das institucións: Neste século alcanzaron plena configuración as diferentes institucións do reino de Galicia, tanto as xa existentes como a nova que se creou, a XUNTA do Reino, que representaba a Galicia ante a coroa. Estaba constituída polos delegados das sete cidades cabeceiras, non tiñan función de goberno, pero si capacidade para aconsellar ao rei, facer peticións, distribuir cargas fiscais e facer recrutamento de soldados.
- Participación en descubrimentos xeográficos: Álvaro de Mendaña, descubridor das illas Salomón, Marquesas e Santa Cruz. Pedro Sarmiento de Gamboa, que viaxou desde Perú a España polo estreito de Magallanes, onde estableceu varios asentamentos. Os irmáns Bertomeu e Gonzalo, que percorreron toda a costa de América do Sur. Carlos I autorizou o establecemento na Coruña da Casa de Contratación da especiaría.
- Presenza dos Reis e das armadas reais: Debido á súa situación xeográfica, como punto de partida nas súas viaxes cara ao norte de Europa, tanto Carlos I como Felipe II estiveron en Galicia embarcando no porto coruñés. As rías de Ferrol e Coruña converteronse en base de abastecemento e porto de invernada. A armada máis importante foi a armada invencible que partiu en 1588 desde a Coruña para participar na conquista de Inglaterra.
- Ataque de Drake: Como represalia ás accións da armada invencible, os ingleses enviaron unha gran flota ao mando de Francis Drake que atacou a Coruña.
Mantemento da estrutura socioeconómica tradicional: Predominio dunha economía agraria e tradicional. O desequilibrio entre a poboación e os recursos favoreceu a aparición de crises de subsistencia. As cidades eran moi pequenas. A marcha da alta nobreza propiciou a ausencia de mecenas e patróns nobiliarios importantes.
Na ARQUITECTURA poden diferenciarse con claridade variantes: o PLATARESCO e o PURISTA e ESCURIALENSE. Entre os arquitectos destacaron: Xoán de Alava, Rodrigo Gil de Hontañón, Xoán de Tolosa e Mateo López.
A ESCULTURA está relacionada con temas relixiosos. Destacaron: Cornielles de Holanda e o Mestre de Sobrado. A principal actividade da Xunta do Reino foi a loita pola recuperación do voto en Cortes. Desde o século XV, o reino de Galicia deixou de ter representantes directos nas cortes de Castela; a nobreza intentou conseguir a recuperación do dereito de representación nas cortes, pero non o lograron. En 1622, Felipe III concedeu este dereito a cambio da entrega de mil ducados para a construción e mantemento dunha escuadra coa que defender as costas.
ATAQUE turco a Cangas: Tras atacar varias localidades das rías baixas, unha flota de piratas turcos asaltou Cangas.
ATAQUE francés ao porto da Coruña: Os franceses atacaron o porto da Coruña coa finalidade de destruir a gran armada.
ATAQUE anglo-holandés a Vigo: Durante a guerra da sucesión, unha escuadra entrou na ría de Vigo perseguindo a flota española.
FIDALGOS: Desde comezos do século XVI, a alta nobreza galega vivía na corte en Madrid. Esta ausencia permitiu o auxe da fidalguía. Os fidalgos eran a baixa nobreza.
- Materiais: Pode ser pedra, madeira, ladrillo, adobe (barro secado ao sol).
- Función: O edificio pode ter unha función civil, relixiosa, funeraria, militar, conmemorativa.
- Elementos sustentantes: Son os que soportan o edificio, e poden ser:
- a) Soporte continuo. O aparello ou disposición dos ladrillos ou pedras de cantería nun muro pode ser regular (fiadas coas mesmas dimensións) ou irregular (pedras de diferente tamaño colocadas sen orde predeterminada).
- b) Soporte non continuo. Columna, pilastra, estribo ou contraforte (macizo pegado a un muro ao que reforza).
- a) Cuberta. A exterior pode ser alintelada (plana) ou a doble vertente (triangular). A interior pode ser alintelada (plana) ou abovedada (bóveda de canón, de aresta, de cruzaría).
- b) Arco. Pode ser: apuntado, de medio punto, de ferradura, lobulado, etc.
- Tipo de obra: Pode ser de dous tipos:
- a) Relevo. Diferenciando alto relevo, baixo relevo e relevo inciso.
- b) Escultura exenta ou de vulto redondo. Cando a figura aparece completa é unha estatua; se representa só tórax e cabeza, busto. A escultura pode ser individual ou formar un grupo de varias figuras.
Para comentar unha pintura, debemos en primeiro lugar identificar a técnica e o tipo de soporte no que está feita a obra. Consideramos, de momento, estes dous tipos:
- Ao fresco, se está pintada nunha parede ou nun teito.
- Ao óleo, se está pintada nunha tela (lenzo) ou sobre madeira (táboa).
A continuación, analizamos unha serie de aspectos segundo a seguinte orde:
- A composición: É a disposición das figuras dentro do cadro. Os pintores, normalmente, organizan distintos elementos que o compoñen seguindo un esquema, que pode ser: con eixes verticais, horizontais, diagonais, piramidais, circulares… Segundo os eixes que predominen, a composición será vertical, horizontal, diagonal, etc.
- Predominio do debuxo ou da cor: Predominio do debuxo. As figuras ou os obxectos están perfectamente delimitados cun trazo fino ou groso que separa as cores. Predominio da cor. Os límites das figuras ou os obxectos non son tan nítidos e a separación das cores non se realiza cunha liña. As cores frías (azul, verde, violeta, gris) fan que os obxectos semellen afastarse, e as cálidas (vermella, amarela) que semellen aproximarse.
- Como se representa o espazo? Consideramos tres posibilidades:
- Perspectiva xeométrica. Consiste en liñas que converxen nun punto.
- Perspectiva aérea. Represéntase a densidade do aire, de xeito que os obxectos afastados son máis borrosos.
- Xogo de luces e sombras. Créanse varios focos de luz e sombra que guían a ollada do espectador.
- Mediante o escorzo. Créase a ilusión dun espazo real colocando unha figura perpendicular ao plano de composición xeral, ou facendo que se retorza e se mova.
- Mediante o solapamento. As figuras ou obxectos dispóñense unha detrás das outras, e as que están máis lonxe son de menor tamaño.