Arte Barroca: Escultura, Arquitectura e Pintura (Século XVII)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,92 KB

O Estilo Barroco: Introdución e Contexto

O estilo Barroco corresponde basicamente co século XVII.

Escultura Barroca

  • Gruta de Apolo, en Versalles (1666-75), de F. Girardon.

Escultura Barroca Española

  • Gregorio Fernández:
    • Cristo Xacente (1636). (Gran realismo, madeira policromada, imaxe para motivar a piedade).
    • Piedade (1617). (Dramatismo no tema e nas expresións dos rostros, panos quebrados, composición diagonal).
  • Martínez Montañés: San Xerome (1611).
  • José Churriguera: Retablo de Santo Estevo de Salamanca (1692).

Obras Clave de Bernini

  • Baldaquino de San Pedro do Vaticano (1624-33).
  • Fonte dos Catro Ríos, na praza Navona de Roma (1651).
  • Apolo e Dafne (1625). (Movemento, naturalismo, dramatismo no rostro de Dafne, composición aberta, dominio da diagonal na composición).
  • Rapto de Proserpina (1622).
  • Éxtase de Santa Teresa (1650). (Efecto teatral, composición aberta con cruce de diagonais, pregues quebrados nas amplas roupaxes que producen claroscuro, expresión de arrebato).
  • David.

Arquitectura Barroca

  • Borromini: Planta e fachada da igrexa de San Carlos das Catro Fontes, en Roma (1664-1667). (Planta elíptica, dinámica, curvilínea. Frontón partido. Entaboamento ondulante. Fornelas que dinamizan os muros e producen claroscuro).
  • Bernini: Columnata de San Pedro do Vaticano (1656-57). (Preocupación urbanística ordenando o espazo. Monumentalidade. Simbolismo da Contrarreforma).
  • Praza Navona, en Roma. (Presidida polo palacio Pamphili e a igrexa de Santa Inés, con tres fontes monumentais no seu amplo espazo).
  • Hardouin-Mansart: Pazo de Versalles (1680). (Símbolo do poder absoluto dos monarcas franceses. Os xardíns foron deseñados por Le Nôtre e a decoración interior por Le Brun).

Arquitectura Barroca en España e Galicia

  • Pedro Ribera: Fachada do Hospicio de Madrid (1725-26).
  • Alberto Churriguera: Praza Maior de Salamanca (1756).
  • Fernando de Casas Novoa: Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (1738-50).
  • Domingo de Andrade:
    • Pórtico Real e Torre do Reloxo da Catedral de Santiago (1678-80).
    • Escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval (1700).
  • Fernández Sarela: Casa do Cabido, en Santiago (1758). [Barroco compostelán ou barroco de placas].
  • Simón Rodríguez: Fachada do convento de Santa Clara de Santiago (1719). [Barroco compostelán ou barroco de placas].

Outras Obras Arquitectónicas Destacadas

  • C. Rudolf: Fachada da catedral de Valencia (1703-1741).
  • Leonardo de Figueroa: Portada do palacio de San Telmo, en Sevilla (1682).
  • Narciso e Diego Tomé: Fachada da Universidade de Valladolid (1715).
  • Jaime Bort: Fachada da catedral de Murcia (1742-54).

Pintura Barroca

Pintura Barroca en Italia: Caravaggio e o Tenebrismo

A pintura italiana é fundamentalmente relixiosa e decorativa.

Caravaggio (1571-1610)

  • A Crucifixión de San Pedro (1601). (Dramatismo, composición aberta, dominio da diagonal (esquema en aspa), efectos da luz sobre as superficies).
  • A Vocación de San Mateo (1599). (Neste cadro podemos apreciar o estilo e temática de Caravaggio: un tema relixioso tratado como cadro de costumes. Realismo teatralizado. A composición é estática, horizontal, o fondo neutro. Destaca a importancia da luz: hai dous focos exteriores ao cadro que iluminan só certas zonas provocando violentos contrastes (tenebrismo). A luz resalta as figuras e axuda a dramatizar o contido do cadro.)

Pintura Barroca en Flandes: Rubens

Barroco católico ao servizo da Contrarreforma.

Rubens (1577-1640)

  • As Tres Grazas (1638).
  • O Descendemento de Cristo (1612). (Composición diagonal. Predominio das liñas curvas. Practicamente todos os personaxes están no mesmo plano. Os escorzos dan profundidade, así como un segundo plano escuro. Importancia da luz e a cor. O movemento conséguese mediante a luz, a cor e a posición das figuras (movemento de masas). O que importa é o efecto global, de conxunto, non o que fai cada figura illada.)

Pintura Barroca en Holanda: Rembrandt e o Barroco Burgués

Barroco burgués: retrato de grupo, retrato individual, autorretrato, paisaxes, escenas da vida cotiá... Desaparición dos temas relixiosos.

Rembrandt (1606-1669)

Pintor xenial que está por riba das distintas escolas. É un mestre no tratamento da luz. Cultivou variedade de temas: retratos de grupo, autorretratos, paisaxes, temas relixiosos...

  • Lección de Anatomía (1632).
  • Autorretrato (1669).
  • Ronda Nocturna. (Non é o típico retrato de grupo, aínda que foi encargado como tal. Destaca uns personaxes máis ca outros. A luz contribúe a crear o espazo, a dar vida ao grupo. O claroscuro convírtese así nun medio de expresión.)

Outros Pintores Holandeses

  • Franz Hals: Banquete dos oficiais da Compañía cívica de San Xurxo (1616).
  • Vermeer: A Leiteira (1658). (Exemplo de escena da vida cotiá).

Pintura Barroca en España: O Século de Ouro

A pintura é a arte máis característica desta época en España. Hai variedade de temas, pero predominan os relixiosos. A arte emprégase como vehículo de propagación da doutrina católica e de exaltación do culto aos santos e das verdades da fe. Nos temas realistas trátase de representar a realidade tal como é, afastada do anecdótico e recargado. Destaca o interese pola luz: algúns pintores superarán o tenebrismo, facendo que a luz modifique figuras e obxectos, creando espazos.

Pintores Destacados

  • Zurbarán: Pintor da vida monástica, cores brancas, sobrias. Obra: Bodegón (1633).
  • Ribera: Pintor de temas variados (relixiosos, mitolóxicos...). Evoluciona a partir do tenebrismo. Obra: Santo Andrés (1632).
  • Murillo: Estilo doce, agradable, imaxes piadosas afastadas da realidade concreta. Obra: Inmaculada (1660).

Velázquez: O Xenio do Barroco Español

Sen dúbida o pintor máis importante do barroco e un dos grandes xenios da historia da pintura de todos os tempos. Cultivou gran variedade de temas: Retrato aristocrático, costumista, mitolóxico, bodegóns... É o primeiro que dá o paso da pintura tenebrista ao realismo baseado na luz, procurando a profundidade espacial (perspectiva aérea); a difuminación das liñas, o uso da cor e a meticulosa elaboración técnica caracterizan a súa pintura.

Obras de Velázquez
  • As Lanzas, ou A Rendición de Breda.
  • A Fragua de Vulcano (1630).
  • A Venus do Espello (1648).
  • Inocencio X (1650).
  • Os Borrachos (1628).
  • Cristo Crucificado (1632).
  • As Fiandeiras (1657). (Fábula de Atenea e Aracne).
  • As Meninas (1656).
Outros Mestres do Barroco Español

Outros pintores importantes: Alonso Cano, Valdés Leal, Claudio Coello.

Entradas relacionadas: