A Arquitectura e Pintura Barroca en Europa: Características e Obras
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,57 KB
O Barroco en Europa: Arquitectura e Pintura
O Barroco é un estilo artístico xurdido en Italia no século XVII que se caracteriza por unha linguaxe complexa con solucións formais e estéticas adaptadas ao contexto para o que foi concibido. Por iso, diferénciase entre un barroco católico, protestante e absolutista.
A Arquitectura Barroca
A arquitectura do Barroco rompe co equilibrio clásico e debe enfrontarse ao gran problema de definir un novo espazo arquitectónico, tendo como posibles opcións o espazo unitario proposto por Vignola na Igrexa do Gesú ou apostar por unha arquitectura escenográfica tal e como propuñan Bernini, Borromini e Guarini.
Claves da Arquitectura Barroca:
- Predominio da liña curva, con plantas elípticas e ovais que crean sensación de movemento.
- Emprego de materiais diversos como mármores e bronces, buscando o sentido decorativo e efectista.
- Elementos constitutivos que evocan o mundo clásico, pero buscan o xigantismo e o colosalismo.
- Interiores con rica decoración con efectos fantásticos de luces e perspectivas ficticias, resultado da combinación de escultura, arquitectura e pintura, creando escenografías e efectos teatrais.
- Concepción global do edificio que entende a arquitectura dentro dun contexto urbano ou paisaxístico, creando grandes perspectivas que resalten a masa arquitectónica.
- Urbanismo escenográfico esencial na ordenación das cidades, destacando a importancia do espazo público como lugar de expresión e de propaganda.
Exemplos da Arquitectura Barroca en Europa:
En Italia, no ámbito dominado pola nova Roma saída da Contrarreforma, a Igrexa será a principal mecenas das artes, que contribuirán a fomentar a fe tratando de conmover a través da emoción dos sentidos. Isto dará lugar a unha arte didáctica que rexeita o racional e exalta o patético e o excesivo. Carlo Maderno foi o primeiro arquitecto que puxo en práctica os ideais do Barroco cun estilo moi vigoroso e forte, destacando a Fachada do Vaticano. Bernini será o artista recoñecido cun estilo clasicista e grandioso, destacando a Praza de San Pedro do Vaticano ou San Andrea del Quirinale. Borromini é o gran xenio incomprendido cunha obra onde destaca a fantasía e o movemento como San Carlo alle Quattro Fontane.
En Francia, a arquitectura defínese como esencialmente clasicista, dando lugar a construcións equilibradas e sobrias. Coa chegada ao trono de Luís XIV, a arquitectura trata de expresar a grandeza da monarquía absoluta, destacando Le Vau, encargado de agrandar e remodelar o Palacio de Versalles, ou J. Hardouin Mansart, que deseña a famosa Galería dos espellos de Versalles. Deste autor destaca a Igrexa dos Inválidos. Especial mención debe ter Le Nôtre, xardineiro deseñador dos xardíns de Versalles nun estilo recoñecible onde predomina a perspectiva e o rigor xeométrico.
En Inglaterra é reseñable Christopher Wren, arquitecto de gran influencia francesa, destacando a Catedral de San Paulo, e en Austria Fischer von Erlach crea unha arquitectura síntese do clasicismo francés e elementos do barroco italiano, como vemos en San Carlos Borromeo de Viena.
En definitiva, a arquitectura barroca tende cara o espectáculo, a escenificar espazos.
A Pintura Barroca
O Barroco é un estilo artístico xurdido en Italia no século XVII que se caracteriza por unha linguaxe complexa con solucións formais e estéticas adaptadas ao contexto para o que foi concibido. Por iso, diferénciase entre un barroco católico, protestante e absolutista.
Claves Xerais da Pintura Barroca:
- Emprego de óleo sobre lenzo. É agora cando aparece o concepto actual de cadro. Tamén pintura mural decorativa ao fresco, sobre todo en bóvedas.
- Composicións complexas e abertas. Gran importancia do movemento e formas diagonais.
- Importancia da luz e dos contrastes lumínicos como elementos expresivos.
- Busca da expresión e a representación dos sentimentos interiores, o que leva ao naturalismo.
- Dominio da perspectiva aérea.
Exemplos da Pintura Barroca en Italia:
En Italia, no ámbito dominado pola nova Roma saída da Contrarreforma, a Igrexa será a principal mecenas das artes, que contribuirán a fomentar a fe tratando de conmover a través da emoción dos sentidos. Na pintura italiana podemos distinguir tres grandes tendencias: a naturalista, a clasicista e a decorativa. Michelangelo Merisi, Il Caravaggio, é o creador da corrente naturalista, de enorme influencia na pintura.