Arquitectura Bizantina: Características, Exemplos e Evolución
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,84 KB
Características da Arquitectura Bizantina
- As plantas preferidas (pero non as únicas) son as de plan central, circular, poligonal, ou en forma de cruz grega (cos brazos iguais).
- A planta basilical é idéntica á da basílica paleocristiá, só que normalmente coas naves abovedadas. O corpo basilical divídese en dúas partes: o Naos para os feligreses e a Bema ou presbiterio para o clero, separadas por unha mampara, reixa ou valo: o iconostasio, onde se penduran as imaxes sagradas (iconos) e serve para ocultar dos fieis a consagración durante a eucaristía. Sobre as naves laterais disponse un segundo andar, a tribuna ou matróneo.
- Os materiais empregados son os mesmos que na arquitectura romana, sobre todo o tixolo (ladrillo). A pobreza dos materiais construtivos disimúlase cubrindo os paramentos de decoración.
- As cubertas son abovedadas (bóvedas de canón e de aresta), con preferencia polas cúpulas, sostidas sobre pendentes (cast. "Pechinas").
Definición de Pendente
Un pendente é un triángulo esférico que se constrúe entre o anel ou circunferencia que cobre unha cúpula e os arcos torais sobre os que se asenta.
- Úsanse como soportes os piares e as columnas, con capitel troncopiramidal con decoración vexetal tallada a bisel ou mediante o uso do trépano, imitando ao capitel corintio (capitel pseudocorintio). Sobre o capitel adoita superpoñerse un segundo corpo troncopiramidal, chamado címacio.
Os exteriores dos edificios adoitan ser austeros, sen máis decoración que a proporcionada polos propios elementos construtivos (arcadas cegas, alternancia de pedra e tixolo nos paramentos ou muros). Sen embargo, os interiores contan cunha rica decoración a base de mármores e pedras de diferentes cores, pinturas e mosaicos, con profusión do uso do dourado.
Exemplos Destacados da Arquitectura Bizantina
Primeira Idade de Ouro (Século VI - Xustiniano)
Os exemplos máis salientables e coñecidos corresponden á Primeira Idade de Ouro, durante o reinado do emperador Xustiniano.
En Constantinopla
- Igrexa de Santa Irene, de planta basilical, cuberta con cúpulas.
- Igrexa dos Santos Serxio e Baco, de plan central, octogonal inscrita nun cadrado.
- Igrexa de Santa Sofía, fusión de planta central e basilical.
- Igrexa dos Santos Apóstolos (hoxe desaparecida): de cruz grega inscrita nun cadrado, con cúpulas. Serviu de exemplo a outros templos como a Basílica de San Marcos de Venecia.
En Rávena
- San Vital de Rávena: de plan central, octogonal. Edificio de gran transcendencia, por servir de modelo a edificios posteriores, como a Capela Palatina de Aquisgrán.
- San Apolinar in Classe, e San Apolinar il Nuovo: de planta basilical, como as paleocristiás, destacan, como San Vitale, polos mosaicos que decoran o interior.
Segunda Idade de Ouro (Séculos IX-XII)
Na II Idade de Ouro continúan as mesmas plantas, pero é frecuente a elevación das cúpulas mediante un tambor. Exemplos deste período son San Marcos de Venecia e Santa Sofía de Kiev.
Terceira Idade de Ouro (Séculos XIII-XV)
Na III Idade de Ouro continúase co estilo da II Idade, aínda que se acentúan diferenzas rexionais (cúpulas abulbadas en Rusia).