Antropología y Política en Platón: Un Análisis de la Filosofía Platónica

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,4 KB

ANTROPOLOXÍA E POLÍTICA EN PLATÓN

A división na ontoloxía platónica entre mundo sensible/intelixible tradúcese na antropoloxía platónica no dualismo corpo/alma.
O concepto de ser humano en Platón terá gran influencia na visión cristiá.

O ser humano é unha uníón accidental, incómoda, transitoria de corpo e alma na que:

  • O corpo (soma) é o cárcere da alma, un aloxamento temporal.
  • A alma (psyque) ten como máxima aspiración separarse do corpo para volver ao mundo das ideas.
    Esta está estruturada en 3 partes:
  • ALMA RACIONAL: Puro pensar. Creada polo Demiúrgo tomando como modelo as Ideas. É inmortal e está situada no cerebro.
  • ALMA IRASCIBLE: A das paixóns nobres (ira, esperanza, valor, ambición). É mortal e está situada no peito.
  • ALMA CONCUPISCIBLE: A das paixóns innobres (instinto conservación, instinto sexual). É mortal e está situada no abdome.

Platón desenvolvé o tema da transmigración das almas. Estas son creadas polo Demiúrgo e son todas iguais, eternas e atemporais. Encárnanse nun corpo concreto (primeira encarnación).

Despois da morte, son xulgadas por un tribunal e teñen unha sentencia. As purificadas volverán á rexión das ideas, onde serán felices. As que non, irán ao Hades, onde serán castigadas. Pasado un tempo, diante dun tribunal, as almas escollen a súa nova encarnación libremente, de xeito que a responsabilidade da nova vida recae nelas.

Platón establece unha xerarquía de valores nas transmigracións, segundo o grao de virtude, na cal a cúspide son os filósofos e entre os peores estarán os sofistas, tiranos e animáis (oposición aos Pitagóricos). Antes de se reencarnar, as almas beben auga dun río e esquecen a súa existencia anterior.

Entrando na vía política, para Platón a ética ten como finalidade que o individuo alcance a felicidade, que se atopa na práctica da virtude (areté), o camiño cara o ben e a xustiza. A virtude pode equivaler a sabedoría. Platón defendé o intelectualismo moral de Sócrates dun xeito máis moderado. Virtude=saber=felicidade. Tamén pode equivaler á purificación (saúde da alma). É virtuosa aquela persoa que purifica a súa alma das paixóns e se desprende do corpo para poder ascender ás Ideas. A alma purificada é aquela na que cada parte cumpre a súa función: a racional, a sabedoría e prudencia; a irascible, fortaleza e valor; a concupiscible, moderación.

A virtude é a harmonía das tres partes, que Platón identifica coa xustiza.

Para que o individuo chegue á perfección é necesaria unha comunidade política. Desta forma, a ética lévanos á política, exposta na obra A República, considerada unha utopía que establece un modelo de organización social, cunha crítica aos problemas da polis ateniense. Podemos dicir que a Platón o que realmente lle importa é a política, polo que constrúe a teoría das ideas para xustificar a súa teoría política. Intenta establecer un estado ideal.

Hai unha conexión clara entre alma e estado, pois a estrutura da alma é a da a cidade e viceversa. Por iso a ética coincide coa política. Platón organiza a sociedade en tres clases:

  • Produtores: atenden as necesidades elementais da vida humana. Son os labregos, artesáns, construtores... Correspóndese coa alma concupiscible.
  • Defensores ou guerreiros: exército profesional de persoas escollidas entre os cidadáns con forzá, valor, amor á verdade... Serán educados para a defensa. Correspóndese coa alma irascible.
  • Gobernantes: Os mellores entre os gardiáns. Educados na busca da verdade (epistéme). Son os filósofos. Correspóndense coa alma racional.

Os filósofos son os máis aptos para gobernar, os gardiáns defenderán a comunidade, e xuntos conforman as dúas clases superiores.

A xustiza da polis será que cada unha das clases sociais cumpra co seu cometido propio, e a do individuo é que teña ordenadas as partes da alma segundo a virtude que lle é propia. Platón subordina así a ética á política.

Debemos ter en conta que o fin último da sociedade para Platón é a felicidade dos cidadáns, o ben común, que para Platón nunca se conseguiría coa guerra, senón cun estado de paz, na que os gobernantes se preocupan polo benestar dos gobernados e non polos seus intereses propios, e no que ademáis dun certo benestar económico sería imprescindible garantir unha boa formación (educación)
Dos cidadáns.

Ademáis, sistematizou os diferentes réximes políticos distinguindo cinco formas de gobernó que se suceden cíclica e decadentemente. O máis perfecto é a monarquía ou aristocracia (gobernó dos mellores), logo virán a timocracia (poder militar), oligarquía (minoría rica que explota aos outros homes), democracia (gobernó da masa) e a máis decadente será a tiranía (o máis demagogo toma o poder e suprime as liberdades). O ciclo faría que volverá de novo a aristocracia-monarquía.

Outros temas son:

A igualdade de sexos: as mulleres están igualmente dotadas que os homes excepto pola forzá e por iso deben ser educadas igual.

A abolición da familia e propiedade dos gobernantes e defensores na busca do ben común.

Entradas relacionadas: