Antoloxía de 14 relatos: Percival e outros contos
Antoloxía de 14 relatos
1. Percival
Aparece Percival, que pecha a fiestra para illarse da rúa e do mundo exterior. Escoitaba a radio; a súa casa destaca por ter varios animais disecados e insectos, e tamén polas espadas que contén. Despois sae ao seu xardín, o das “Outas Árbores”. Relátanse as veces que saíu ao xardín:
LEONLOBISCO: Diríxese a un bosque cun libro, pero logo abandónao e díxolle ao mayordomo que non vai cear na casa. No bosque hai árbores moi distintas e, ao ser tarde, aparecen os animais nocturnos. Prepárase coa espada e todo para ir a cabalo polo bosque e escoita o “ouvido” dunha besta. Pregúntase como chegou alí, que facía e en que momento abandonara a casa. Atopa un claro e ve un home que di ser metade lobo, metade león, e que ten esa parte do bosque na súa propiedade. Percival díxolle que non: que o bosque é de todos e que non parece tal criatura. De súpeto convértese en leonlobisco e Percival loita con el até matalo. Ao volver, díxolle ao seu mayordomo que matou un monstro salvaxe e que debe limpar o monte.
A LOITA NO CHAO: Apaga a radio porque non lle gusta o grupo que soe. Vaise cara ao bosque, colle un libro de poemas e pídelle a Pel, o mayordomo, que lle diga ás criadas que están nas fiestras que se vaian, porque se vai desvestir. Comeza a camiñar durante días despido polo bosque, que agora ten un aspecto diferente: cheira distinto, as árbores son ásperas… Chega a un chan sen herba e ve a dous homes, un enriba do outro. Trata de expulsar o opresor pero decátase de que están unidos, que son a mesma criatura. Atacan a el, e volve á casa, onde pide un baño quente.
O NAMORO: Vai de noite ao bosque, onde Pel di que hai unha festa ao fondo. Percival pídelle un traxe negro e, entrando no bosque, atopa un chalet amarelo onde está a festa. Escoita conversas sobre un tal Percival que fora dono do bosque. Alguén di que a lenda apunta que Percival aparece ese día para namorar unha rapaza. Así é: coñece a Brasja, que lle ofrece os beizos. Percival, tolo, marcha polo bosque deixando á rapaza, respondendo “eu son Percival” ás preguntas de Brasja.
As historias están ordenadas así polo autor, quen coñecera a Percival e propón a historia para advertir aos lectores do que facer cando o coñezan.
2. A cancela
Trátase dun obreiro, O. Phea, que ten unha muller e un fillo emigrado, e que vai todos os días a traballar polo mesmo camiño. Vai en bici da casa á fábrica sempre polo mesmo percorrido. Un día, facendo o traxecto, non atopa o mesmo muro que había antes e trata de experimentar os camiños que se bifurcan e levan a unha cancela e a un bosque ao que quere entrar. Ademais, intenta enviarlle unha carta ao seu fillo explicándolle que o muro non estaba alí e que quere descubrir o que hai no bosque en vez de ir a traballar. Un home de barba longa díxolle que é de artista… O bosque resulta estar pintado, e aquilo lhe causa dor. Iso foi consecuencia de pasar tanto tempo polos mesmos camiños: a monotonía.
3. Os ollos de Kelma
Ambientado nun bar, fala de tres estudantes sentados nunha mesa e a comer. Un deles, Hen (o rubio), Maong (o moreno que lle di a Hen que coñeceu a Kelma) e Nix (o “trapalleiro”) falan de mulleres. Maong di que Kelma os convidou a cear á súa casa. Van ao seu encontro e ao doutra prostituta, Nina, na Praza da Torre Branca. Kelma parece descuidada, con dentadura podre… Os fíos levános á casa onde a estancia é negra. Ofrecelles cear, pero antes falan e ela pregúntalle a Maong por que sempre fala dos seus ollos. El responde que son fermosos e ela díxolles que, se os queren ver, alí llos ten. Saca os ollos das órbitas e dá un a cada un. Quedan sorprendidos e asustados, e Nina marcha correndo. Despois, os amigos volven e Nix póñese a bromeares con eles, dicindo que xa sabía que o que podía pasar con Kelma non ía ser nada bo.
4. O asasino
M. F. Saal esmaga unha mosca, e outras acheganse para devorala. Todo o mundo sabe que é un asasino. De súpeto entra Ok na habitación. Lémbralle que matou ao seu pai, que el e os seus amigos mataran a moita xente e que Ok era só un neno cando viu ao seu pai enriba dunha morea de mortos. M. F. Saal retrocede, apartándose de Ok. Este díxolle que a “oposición” triunfara nas provincias do leste e que pronto estarían alí. Saal deixa o revólver co que o apuntaba, axéllase e ponte a chorar. Ok érgueno, póñeo contra unha vidreira, dálle un golpe e Saal cae. Abaixo había unha multitude de xente que berraba o nome de Saal, achegándose a el como unha multitude de moscas.
5. Nhadron
Zabrate e Jaccrú manteñen unha conversa no alto dunha torre. Jaccrú conta unha historia: un día camiñaba pola rúa e atopouse con Nhadron, unha muller moi guapa. Jaccrú díxolle “¡Miña pomba!”, e ela exclama que nunca debería dicirlle iso.
Outro día, mentres conversan, ás seis da tarde, Jaccrú díxolle que “mañá non hai traballo”, que “é domingo”, e ela comeza a berrear: “¡É sábado! ¡É sábado!”. Jaccrú nunca a vía os sábados porque ela llo tiña prohibido.
Un día decide ir á súa casa (xa se casara con ela) e descubríu que os seus ollos e cabelo eran negros (en vez de grises e louros). Un despertador vermello comeza a soar ás seis e media, e Nhadron comeza a minguar e transfórmase en corvo.
6. Lorelai
Unha moza vai en automóbil ata un hotel chamado ABA UPSEIG. Entra para facer unhas preguntas á dona: “¿non é certo que a vila tivo rei até hai pouco?”. Ela responde que ata hai tres anos reinara a princesa Lorelai. A princesa era fea e corpulenta, pero tiña o sorriso máis fermoso da vila. Cando era nena non se daba conta, pero cando se fixo muller sufriu e decidiu mandar construír unha torre e encerrarse nela. Aba pregúntalle cando ía saír de alí e ela respóndelle: “cando un home me pida para levarme con el”. Varios príncipes foron, pero fuxiron ao velo. Un día, un home foi ao hotel para preguntar pola princesa, e levouna con el. Iso ocorrera hai tres anos.
A moza explícalle a Aba que aquel home era o Dr. Fael, que a levára con el para tratala e convertela nun ser normal e fermoso. Despois casaron. Aba pregunta por que non voltou á vila, e a moza responde que non a reconecerían. Aba di que hai unha maneira: o seu sorriso único.
Un coche para no hotel e un home entra. Os dous viaxeiros volven presentarse: son Lorelai e o Dr. Fael. Ao mes seguinte son raíña e rei.
7. O verdugo
Eikof é unha vila na que se realizaban todas as execucións das condenas de morte do Estado. Facía tempo que xa non se celebraban. Algúns discutían que o Ditador agora era máis benevolente; outros que as execucións se levaban a cabo noutros lugares do Estado…
Nun recuncho da vila, o verdugo e outros homes discutían. Este dicía que se o Ditador cambiase a localidade das execucións, el aínda non sería despedido… O verdugo era un home corpulento e tiña unhas mans que lle suoraban, pero que eran admiradas por todo o pobo. Nese momento recibiu un telegrama: “Estea vostede preparado para a execución”.
Finalmente, o día chegou, e varios funcionarios entraron na vila en coches. Un deles leu unha carta do Ditador: decretaba a extinción da pena de morte e, para borrar o “vestixio de erros anteriores”, mandou matar ao verdugo.
O pobo berraba de pracer mentres o penduraban da corda.
8. Grieih
Grieih: grilo
Rasgulkje: escornabois
Un paxaro ataca a Rasgulkje. Grieih cúrao segregándolle un líquido.
Unha mantis ataca a Grieih. Rasgulkje mata á mantis pero Grieih morre :(
9. O crime do chalet vermello
Pete-Iau diríxese á casa da Dra. Ano Jhosco para felicitala polo derradeiro libro que escribira. Vai pola “Avenida das Ulmeiras”, na que hai unha beirarrúa con cadros brancos e negros (coma un taboleiro de xadrez). Polo camiño encontra varias persoas que lle recomendan non ir á súa casa…
Chega ao chalet vermello, o único da zona. Pete-Iau chamou á porta e un home deixouno entrar. A casa estaba chea de cousas de científica. Coñece á muller e falan sobre o libro. Despois, Ano Jhosco díxolle que era cruel ao dicirlle que o núcleo da súa teoría estaba no aire, e enfadiouse. Ela choraba, mandou pechar a porta e obrigou a Pete-Iau a facela “gozar”, aínda sabendo que era “fea”, “un monstro”. Ata se pintaba de azul.
Ambos pelexaron, e Pete-Iau matouna. Despois chamou á policía por un teléfono.
10. Mantis religiosa
O Dr. Orl fala na súa casa, chea de terrarios de insectos, coa súa sobriña Els Bri. O tío conta a historia dunha mantis religiosa (barbantesa). Primeiro ensínalle unha mantis nunha caixa: está en posición de orar, bótalle unha araña dentro e en pouco tempo mátaa e cómea. Despois mete un macho cunha femia, e comezan a aparearse. Como o proceso leva sete horas, o Dr. Orl saca outra parella que, tras finalizar o acto, a femia devora ao macho.
Logo van ao despacho, e Bei —o criado— conta a historia á rapaza: cando este foi ao tellado un día a limpar, apareceu unha muller que actuaba como unha mantis, “tremeu e fixo un xesto horrible”, “veña fungar como unha cobra…” O criado fuxiu e contouno ao Dr. Orl. Este chamou ao psiquiatra L. Boyt, e os seus compañeiros levaron a muller a un manicomio.
O doutor recibiu despois unha carta de L. Boyt, que intentaba descifrar o caso.
11. O templo
Rij vai ao templo porque recibe un aviso dos cinco sacerdotes alí presentes. Na penumbra só se podían ver entre eles os máis próximos. Como a Rij non lle respondían, enfádase e roza sen querer un interruptor, acendendo a iluminación do Deus, que era “unha enorme man de mármore, cos dedos moi abertos e un sacerdote por cada un dos dedos”. Despois Rij ríu e marchou. (wtf, sinceramente)
12. Philoctetes
Nokao, contista, recibe unha carta de Philoctetes: preso político que fora encerrado por ser revolucionario con 18 anos, e que na actualidade ten 50. Cando solicitou unha entrevista co director, lanzoulle unha cadeira á cabeza, e ao intentar escapar o director apreta un botón e péchase unha porta… esmagándolle un pé a Philoctetes. Despois, dáulle outro golpe.
Despertou no calabozo de castigo e, tras varios días sen luz, o pé fedía. O médico ordenou que fora á enfermaría. O doutor cortoulle o pé e déulle un libro —o de Nokao—. Despois de tanto tempo sen ler, o preso leu emocionado e sentiuse feliz.
Na carta agradece que, grazas a Nokao, puido saír da prisión.
13. Tríafo e o vento
Anceps: protagonista.
Tríafo: protagonista da historia que escribe no pavillón.
Fratu: notario de Tríafo que lle revela o seu pasado e a súa irmá.
Anceps escríbelle unha carta a Teu para dicirlle que ao final non se vai casar con ela.
14. O dique de area
Lao Rismy: xefe da nación de Nijmenk, que é invadida polos invasores do Leste.
gallego con un tamaño de 11,09 KB