Anatomía Humana Esencial: Estrutura do Ollo, Visión e Sistema Locomotor en Galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,35 KB
O Ollo Humano: Estrutura e Compoñentes
- Córnea
- Esclerótica que se volveu transparente na parte dianteira.
- Humor acuoso
- Substancia de consistencia similar á auga.
- Iris
- Anel muscular que ao contraerse permite regular a entrada de luz, actuando como un diafragma. Presenta diferentes cores.
- Pupila
- Orificio frontal da coroide polo que a luz pasa ao interior do ollo.
- Cristalino
- Medio transparente que actúa como unha lente biconvexa formando a imaxe enfocada na retina. Separa o humor acuoso e o humor vítreo.
- Músculos ciliares
- Modifican a curvatura do cristalino.
- Esclerótica
- Capa exterior branca. Protexe os elementos internos do ollo.
- Coroide
- Localízase debaixo da esclerótica. Capa de cores. Evita as reflexións incontroladas dentro do ollo, absorbéndoas.
- Humor vítreo
- Substancia máis densa que o humor acuoso. É transparente e proporciona consistencia ao globo ocular.
- Retina
- Capa coas células fotosensibles, os conos e os bastóns. Os conos requiren luz de maior intensidade e perciben as cores. Os bastóns son sensibles a todo tipo de luz.
- Fóvea
- Zona cun elevado número de conos. É o punto de máxima agudeza visual.
- Capilares sanguíneos
- Proporcionan nutrientes ás células e eliminan residuos.
- Nervio óptico
- Condución nerviosa que recolle o estímulo dos conos e bastóns e o conduce ao encéfalo. Os 2 nervios ópticos crúzanse no quiasma óptico. Este cruzamento fai que as imaxes se formen no hemisferio oposto do ollo do que proceden.
- Punto cego
- Zona da retina onde se atopa o nervio óptico.
Afeccións Visuais Comúns
- Miopía
- Afección común da visión na que as imaxes máis distantes aparecen desenfocadas. Prodúcese porque o globo ocular é demasiado longo e aumenta a curvatura da lente. Corríxese con lentes diverxentes.
- Hipermetropía
- Afección común da visión na que as imaxes próximas aparecen distorsionadas. Prodúcese cando o globo ocular é demasiado curto. Corríxese con lentes converxentes.
- Astigmatismo
- Consiste na visión borrosa. Prodúcese por unha curvatura irregular da córnea. Corríxese con lentes cilíndricas.
Sistema Locomotor
O Sistema Muscular
Os músculos son órganos contráctiles formados por un tipo de tecido propio, o tecido muscular.
Tipos de Tecido Muscular
- O tecido muscular estriado está unido aos ósos. As súas células conteñen fibras proteicas. Hai 2 tipos: a actina (que é contráctil) e a miosina (que almacena o osíxeno necesario para obter enerxía). As células están fusionadas e os citoplasmas comunicados. A contracción é voluntaria.
- O tecido muscular cardíaco só se atopa formando o miocardio.
- O tecido muscular liso está formado por células independentes, polo tanto non están fusionadas. Son contraccións involuntarias.
O Sistema Óseo: Estrutura dos Ósos
Clasificación dos Ósos
- Ósos planos
- A súa forma permítelles acomodar órganos ou partes que realizan unha función. Ex: pelve, cranio.
- Ósos curtos
- Pequenos e redondeados, son os ósos das mans e pés.
- Ósos irregulares
- Non teñen forma definida. Ex: vértebras.
- Ósos longos
- Teñen forma cilíndrica e son resistentes, teñen unha boa estrutura e mobilidade (brazos e pernas). Ex: tibia.
Partes do Óso Longo
- Epífise
- Extremo redondeado. Formado por tecido óseo esponxoso. Fórmanse células sanguíneas.
- Metáfise
- Contén a cartilaxe de crecemento, a zona que permite o crecemento do óso en lonxitude.
- Diáfise
- Zona central. Formada por tecido óseo compacto.