Anatomía e Educación Física: Aparato Locomotor, Resistencia e Quecemento

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Deporte y Educación Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,29 KB

O Aparato Locomotor: Estrutura e Función

O aparato locomotor está composto por osos, articulacións e músculos. É indispensable para comprender o movemento humano e diferentes exercicios.

Sistema Óseo Articular

É a estrutura que sostén o corpo, formado por 206 osos de diferentes tamaños.

Exemplos de Composición Articular

  • Cóbado: Úmero, radio e cúbito.
  • Xoenllo: Fémur, tibia e peroné.

Tipos de Osos

  • Curtos: Forma cúbica (ex: vértebras).
  • Planos: Ex: escápula ou omoplata.
  • Longos: Ex: úmero, fémur.

Articulacións

Son os puntos de unión entre dous ou máis osos, que permiten o movemento do aparato locomotor.

Partes da Articulación

  1. Superficies articulares: Partes do oso que entran en contacto con outro oso para formar a articulación.
  2. Cápsula articular: Especie de bolsa que rodea a articulación e a illa do exterior.
  3. Líquido sinovial: Lubrica a articulación e diminúe a fricción entre superficies articulares.
  4. Ligamentos: Cordóns de fibras que reforzan a cápsula onde se exercen as forzas de grande intensidade.

Capacidades Físicas Básicas: Resistencia e Velocidade

A Resistencia

É a capacidade de realizar un esforzo durante un tempo prolongado sen que diminúa o rendemento.

Tipos de Resistencia

  • Resistencia anaeróbica aláctica: Permite obter enerxía ata os 20 segundos e recupérase ao cabo duns 3 minutos. Débense traballar esforzos de máxima intensidade.
  • Resistencia anaeróbica láctica: As necesidades de osíxeno son maiores ás que podemos achegar a través da respiración e obtén ácido láctico.
  • Resistencia aeróbica: Obtén enerxía do consumo de glicosa e graxas.

Métodos de Adestramento da Resistencia

Métodos Continuos
  • Carreira continua: Método máis básico para o desenvolvemento da resistencia aeróbica. Consiste en correr a un mesmo ritmo en distancias longas.
  • Fartlek: Consiste en correr de xeito continuado variando o ritmo da carreira en diferentes tramos.
  • Adestramento total: Mestura de Fartlek e carreiras con exercicios máis intensos.
Métodos Intervalicos
  • Interval Training: O esforzo realízase en distancias relativamente curtas e seguidas de tempos de recuperación.

A Velocidade

É a distancia percorrida por unidade de tempo (correr).

Tipos de Velocidade

  • De reacción: Capacidade de responder o máis rapidamente posible a un estímulo.
  • De desprazamento: É a que permite desprazarse dun lugar a outro.
  • Xestual: É a calidade que permite realizar un xesto no menor tempo posible.

O Quecemento Deportivo

O quecemento consiste en todos aqueles exercicios que se levan a cabo previamente á práctica deportiva para mellorar o rendemento e diminuír o risco dunha lesión.

Obxectivos do Quecemento

  • Activar a función do aparato respiratorio.
  • Activar a función do corazón e aparato circulatorio.
  • Aumentar a temperatura corporal.
  • Preparar as articulacións e os músculos.

Tipos e Organización do Quecemento

Pode ser xeral e específico, activo e mental, pasivo, excéntrico e concéntrico.

Organización do Quecemento

A duración é de 10 a 45 minutos e a intensidade é de 5 a 10 repeticións por exercicio.

Fases e Exercicios

  • Exercicios xenéricos: O seu obxectivo é aumentar o rego sanguíneo.
  • Exercicios de estiramentos: Aumentar a temperatura das masas musculares antagonistas.
  • Exercicios de potenciación: Aumentar o ton muscular e habituar os músculos a determinados movementos (ex: sprint).
  • Exercicios específicos de cada deporte: O seu obxectivo é a coordinación e o dominio xeral da técnica.

Entradas relacionadas: