Análisis Sintáctico-Semántico del "Que" y "Se" + Literatura Gallega del Exilio

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,77 KB

Valores de "Que"

Pronombre

  • Relativo: Esta foi a rúa en que nacín. As bailarinas que din a verdade son as dos ollos grandes. Marta deu a solución que poucos agardaban. Os que aproben todo irán de excursión.
  • Interrogativo: Que queres? Por que o fixeches?
  • Exclamativo: Que lugar máis fermoso visitamos!

Conjunción

  • Completiva: Cibrán pensaba que hoxe non había clase. Gustaríame que viñeses connosco a fin de semana. Avisounos que viría.
  • Causal: Chamoume Xoán, que chegaba antes. Non mo contes, que xa o sei todo.
  • Consecutiva: Cheguei tan tarde que non había ninguén.
  • Concesiva: que veña, que non veña [= veña ou non veña, 'aínda que non veña'].
  • Comparativa: Apañaron máis patacas que cebolas.
  • Final: Avisoume que lle trouxeches os discos.
  • Disxuntiva: Que acepte, que non acepte, a nós non debe preocuparnos.
  • Copulativa: dálle que dálle.
  • Nexo da perífrase verbal: Teño que descansar máis.

Valores de "Se"

Pronombre

  • Reflexividade: (el) queimouse (a si mesmo).
  • Reflexivas: constituídas por un suxeito axente e paciente máis predicado. A persoa que realiza a acción tamén a recibe: María vestiuse axiña.
  • Verbos pronominais: conxugados en 3ª persoa. O neno quéixase de vicio.
  • Pasivas reflexas: cun suxeito paciente: Nesas hortas plántase millo. Nestas hortas plántanse patacas.
  • Activas impersoais: sempre co verbo en 3ª persoa do singular e cun paciente: Alúgase apartamento(s) na temporada de verán. Regálase can / regálase cans.
  • Recíprocas: os dous axentes son á vez pacientes. Anxo e Antía quérense cada vez máis. Xoán e Pedro escríbense cartas.

Conjunción

  • Completiva: Quero saber se rematastes. Non che preguntei se tiñas fame. Pregúntalle se vai ir á voda de Xurxo.
  • Comparativa: Chegou tan canso como se viñese andando. Por moito que lle berren sempre fai coma se non oíse.
  • Condicional: Aprobarei se estudo. Irei á praia se me dá tempo.

Semántica

  • Sema: os semas son os trazos significativos das palabras. Ex: cadeira: asento, con respaldo, con patas...
  • Semema: conxunto de todos os semas que se asocian a un lexema.
  • Lexema: é a unidade mínima dotada de significante e significado. Ex: cadeira, sofá...
  • Campo semántico: Ex: campo semántico dos asentos: cadeira, banco, banqueta, sofá, escano, tallo. Semas: obxecto para se sentar as persoas, con respaldo, para unha persoa, con brazos, con patas, baixo...
  • Denotación: móstranos os semas que configuran a palabra sen ter en conta o contexto, é o significado obxectivo.
  • Connotación: ten en conta o contexto e fai referencia aos elementos subxectivos. Ex: formiga - denotación: o bicho // connotación: traballador/a.
  • Antonimia: oposición de significados, esquerda-dereita.
  • Sinonimia: lágrima / bágoa, ledicia / alegría, beizos / labios, falador / falangueiro.
  • Polisemia: un significante ten varios significados: ollo (parte da cabeza / oco dunha ponte), cabeza (parte do corpo / guía, dirixente), fondo (profundidade / investimento), operación (a matemática / a cirúrxica).
  • Homonimia: sincronicamente -no momento- é un significante con varios significados: río (eu río / canle de auga), cal (o das paredes / canle).
    • Homófonos (non homógrafos): pronúncianse igual pero escríbense de xeito diferente: abano (para dar aire) - habano (de Cuba); balor (mofo) - valor (valentía).
    • Homógrafos: escríbense igual e tamén se pronuncian do mesmo xeito (homófonos): queixo (parte da cabeza) - queixo (o feito de leite).
  • Hiponimia: é a relación de significado entre un termo máis específico (subordinado) e outro máis xeral: can-animal, caravel-flor, león-mamífero (hipónimo-hiperónimo).
  • Hiperonimia: é a relación de significado entre un termo máis xeral e outro máis específico: mamífero-gato (hiperónimo-hipónimo).
  • Cohiponimia: é a relación entre hipónimos dun mesmo hiperónimo: can / gato (en relación a mamíferos).

Literatura Galega do Exilio (1936-1975)

Etapas e Tipos de Actividades

A gran represión cultural e lingüística durante a ditadura franquista en Galiza provocou o exilio de numerosos intelectuais comprometidos co nacionalismo, o republicanismo ou simplemente coa democracia. Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a actividade cultural do exilio.

Pódense establecer tres etapas na actividade literaria do exilio:

  • Entre 1939 e 1950, a produción literaria en galego concéntrase exclusivamente en América. Publícanse obras importantes como Jacobusland, de Emilio Pita, Catro poemas pra catro grabados, de Lorenzo Varela ou Sempre en Galiza, de Castelao.
  • Entre 1950 e 1960, fundadas en Galiza Galaxia e outras editoriais, a actividade do interior e da diáspora compleméntase. Publícanse en América obras que a censura española non tolera, como A esmorga, de Blanco Amor.
  • Entre 1960 e 1975, a expresión cultural en galego vai adquirindo unha certa normalidade en Galiza e comezan a publicarse obras dos exiliados. Algúns destes inician o proceso gradual de regreso ao noso país, xa antes da chegada da democracia.

A actividade do exilio é intensa e variada. Abarca os seguintes campos:

  • Publicacións: fúndanse editoriais (Alborada, Emecé), coleccións bibliográficas (“Hórreo”, “Dorna”), xornais (Galicia, Opinión gallega) e revistas (Vieiros, Galicia emigrante, De mar a mar).
  • Conferencias e exposicións: o labor político céntrase na realización de exposicións e conferencias en apoio á causa republicana e en defensa da identidade galega.

Autores do Exilio

Os escritores máis importantes de poesía da literatura galega do exilio son Luís Seoane e Lorenzo Varela. Luís Seoane é un artista polifacético, que destaca polo seu labor nas artes plásticas. Os temas recorrentes da obra de Lorenzo Varela (Catro poemas para catro gravados e Lonxe), inscrita na órbita da poesía social, son a reconstrución histórica desde o punto de vista das clases populares e a saudade da terra, provocada pola distancia do exilio.

Narrativa e Teatro

A narrativa de Blanco Amor vese no tema da Narrativa de posguerra. En canto ao teatro, cómpre salientar a Castelao, Blanco Amor e, en menor medida, a Varela Buxán e Luís Seoane. A obra máis coñecida e representada deste período é, sen dúbida, Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Foi escrita de maneira interrompida entre 1931 e 1939 e non foi estreada até 1941, no exilio americano, na cidade de Buenos Aires, constituíndo un acontecemento cultural de primeira magnitude. A obra teatral de Blanco Amor vese no tema do Teatro de posguerra.

Prexuízos sobre o Galego

  • Falta de utilidade do galego.
  • O galego é unha lingua máis pobre que o castelán tanto na gramática como no léxico.
  • O galego é unha lingua rural, de pobres e ignorantes.
  • O galego normativo é un idioma inventado.
  • O galego é un idioma imposto.
  • O uso do galego como unha descortesía perante persoas foráneas.

Comparativa de Linguas Minorizadas

Galego

  • Zonas: Galicia, franxa eonaviega de Asturias, comarcas do Bierzo e As Portelas en Castela e León [e máis Val de Xálima].
  • Falantes: 2,5 millóns.
  • Status: Cooficial en Galicia.
  • Vitalidade: Monolingües e bilingües co galego como lingua inicial: 66%. Como lingua habitual: monolingües 31%; galego só e máis galego: 52%.

Astur-Leonés

  • Zonas: Asturias, norte de León e oeste de Cantabria e Miranda do Douro (Portugal).
  • Falantes: 250.000 (de 135.000 a 600.000).
  • Status: Recoñecida -non oficial- en Asturias; cooficial localmente en Portugal.
  • Vitalidade: Lingua habitual do 25% da poboación asturiana.

Éuscaro

  • Zonas: Euskadi, Navarra, Iparralde (País Vasco Francés) e Condado de Treviño (Burgos).
  • Falantes: uns 800.000.
  • Status: Cooficial no País Vasco e parte de Navarra.
  • Vitalidade: Monolingües e bilingües co éuscaro como lingua inicial: 39%. Como lingua habitual: 46%.

Aragonés

  • Zonas: norte de Huesca (Alto Aragón).
  • Falantes: 12.000.
  • Status: Recoñecida como lingua propia.
  • Vitalidade: Ten moi escasa presenza social.

Aranés

  • Zonas: Val de Arán (Lleida) e alén Pireneos como gascón.
  • Falantes: 5.000 no territorio peninsular.
  • Status: Cooficial en toda Cataluña.
  • Vitalidade: Monolingües e bilingües co aranés como lingua inicial: 29%. Como lingua habitual: 25%.

Catalán

  • Zonas: Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Andorra, Rosellón, Franxa de Aragón, Algher.
  • Falantes: 10 millóns.
  • Status: Oficial en Andorra, cooficial en Cataluña, Comunidade Valenciana e Illas Baleares.
  • Vitalidade: Monolingües e bilingües co catalán como lingua inicial: 42%. Como lingua habitual: 47%.

Entradas relacionadas: