Análise da Poesía das Irmandades da Fala
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,81 KB
A Poesía das Irmandades da Fala
Como caracterización xeral á poesía das Irmandades, pódense distinguir dúas liñas de actuación poética:
- Unha que avoga pola poesía costumista e ruralista.
- Outra que, sen fuxir sempre da temática anterior, trata outros temas e, mesmo, ás veces, tendo en conta as correntes estéticas do momento no resto de España ou de Europa.
No primeiro caso salientaría Antonio Noriega Varela e, no segundo, Ramón Cabanillas, o poeta por excelencia das Irmandades da Fala e do seu tempo.
Antonio Noriega Varela
Antonio Noriega Varela foi o primeiro escritor que serve de ponte entre a literatura do século XIX e a do século XX.
Publicou os traballos “A Virxe e a paisanaxe” e mais “Como falan os brañegos”. Como obra literaria só publicou o libro titulado “Do ermo”.
Características da poesía de Noriega
Poesía costumista e ruralista
As primeiras composicións seguen a liña do realismo costumista característico do século XIX. Son expresión da dura vida labrega ou das alegrías festeiras. Noriega concibía a poesía galega como poesía popular, afastada das novas correntes contemporáneas.
Lirismo da natureza
Este conxunto de poemas caracterízase pola ausencia de anécdotas e onde aparece o poeta en soidade coa natureza. A actitude dominante é a tenrura polas cousas humildes da paisaxe de montaña.
Ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas (Cambados 1876-1959).
A obra poética de Cabanillas
Poesía Lírica
A súa poesía lírica ten tres direccións principais:
- A poesía social, cívica ou combativa: de carácter agrarista e anticaciquil (por exemplo, “Himno a Acción Gallega”).
- A poesía de tipo intimista: (por exemplo, “Camiño longo”).
- A poesía costumista: con tratamento modernista dos temas e novidades formais, distanciado do costumismo do século XIX (por exemplo, “Na taberna”).
Poesía Narrativa
A súa poesía narrativa inclúe obras como “Na noite estrelecida”.
Esta obra inspírase nas lendas da corte do rei Artur e a procura do Santo Grial, ambientadas en Bretaña. Narra mitos épicos célticos, idealismo cabaleiresco e tradición cristiá.
Divídese en tres partes que narran en verso a historia da espada Escalibur, a partida e procura do Santo Grial, e a morte do rei Artur. A característica esencial é que Cabanillas galeguiza a lenda, cun afán nacionalista e a necesidade de mitos que contrapoñer ás carencias que padecía a sociedade galega.
Outras obras narrativas
“Samos” ten un carácter máis descritivo ca narrativo. Preséntanos a historia e a vida comunitaria do mosteiro. En “O bendito San Amaro” narra a lenda dese santo.
Estilo e influencias de Cabanillas
A Estética de Ramón Cabanillas
A estética de Ramón Cabanillas é unha síntese dos seguintes elementos básicos:
- A tradición clásica greco-latina.
- A tradición folclórica galega.
- Os mestres do Rexurdimento.
- O Romanticismo europeo serodio e os movementos simbolistas e post-simbolistas da segunda metade do século XIX.
Modernismo e métrica
O Modernismo reflíctese nas sensacións lumínicas e no emprego dunha linguaxe refinada, reflectida no luxo sensorial e de elementos suntuarios.
A métrica empregada inclúe o alexandrino, o octosílabo e mais o heptasílabo.
O legado de Cabanillas
Cabanillas supera o risco de ser un epígono máis do Rexurdimento grazas á incorporación dos rexistros que caracterizan a modernidade poética.