Análise da obra de Rosalía, Curros e Pondal: características e temas
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,14 KB
Rosalía de Castro: Obra poética
Cantares Gallegos: conxunto de 36 poemas (abunda o arte menor, o octosílabo) que busca unha defensa do país e a súa cultura contra calquera tipo de ataque. Rosalía tiña unha inclinación polas clases traballadoras do país, sobre todo polas mulleres. A obra amosa unha estrutura redonda: no primeiro dos poemas, unha rapaza declara a intención de cantar en galego, e no último, despídese tras declarar que cumpriu co que cría que era o seu deber.
Temática
Clasifícase a obra en:
- T. costumista: conxunto de poemas que describen tipos e costumes galegos.
- T. amorosa: expón algunha pena amorosa.
- T. intimista: cita a saudade provocada pola evocación da terra e antepasados.
- T. social: poemas que tratan algún aspecto social como a emigración ou a marxinación do país.
Follas Novas: publicado en 1880, consta de 136 poemas (emprega versos de arte maior) e coincide co punto culminante do Rexurdimento, acadando a súa maior altura poética.
Temática
Clasifícase en:
- Poesía de tendencia obxectiva: (as viúvas dos vivos e dos mortos) recolle poemas centrados en Galicia e na inmigración.
- Poesía de tendencia subxectiva: (vaguedades) composicións persoais (paso do tempo, sentido da vida, a morte).
- Mestura os outros dous con contido social e intimista.
Prosa
Conto Galego: foi publicada de xeito posterior. Nárranse unha aposta de dous homes, a aposta trata sobre conseguir a man dunha muller o mesmo día que ela enterra o seu marido.
Trazos lingüísticos e estilísticos
A súa poesía ten base en temas de inspiración popular, usando recursos típicos (repeticións, paralelismos, etc.). Na súa obra emprega un galego popular e coloquial con castelanismos e vulgarismos.
Curros Enríquez: Obra
É un dos poetas destacados no Rexurdimento e autor de dous libros en galego (Aires da miña terra e O divino sainete).
Aires da miña terra: esta obra de 1880 provocou un gran escándalo porque incluía poemas nos que criticaba o caciquismo e a igrexa. Os poemas deste libro pódense agrupar en tres apartados:
- Poemas sociais ou cívicos: constitúe o grupo fundamental da obra e nel o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase pola sociedade coa que convive e intenta combater as inxustizas sobre as clases populares, o abuso do poder, caciquismo, etc.
- Poemas costumistas: inclúense tres composicións feitas para un concurso celebrado en Ourense en 1877 (A viaxe de Cristal, Unha boda en Einibo e O gaiteiro de Penalta). Nestes poemas vese a influencia de Cantares Gallegos.
- Poemas intimistas e de circunstancias: forman este grupo algúns poemas que teñen a súa orixe nalgún acontecemento persoal. Tamén inclúen poemas onde expresa o sentimento de dor polas mudanzas que produce o tempo, a idea da morte.
O Divino Sainete: este libro apareceu en 1888 e é unha parodia do libro A divina comedia. É un extenso poema burlesco, no que o autor ridiculiza os seus inimigos ideolóxicos e persoais e critica a igrexa e institucións do goberno. Relátase unha imaxinaria viaxe a Roma realizada polo autor e acompañado por Francisco Añón. A viaxe faise nun tren con 7 vagóns que representan cada un os 7 pecados capitais (preguiza, envexa, soberbia, luxuria, gula, ira e avaricia). Unha vez en Roma, a onde se encamiñan todas as riquezas, Curros chega a entrevistarse co Papa e obtén a promesa de renuncia ás riquezas da Igrexa.
Trazos temáticos e ideolóxicos da poesía
A poesía de Curros caracterízase por:
- Compromiso social: como escritor cre que ten que denunciar as inxustizas e poñerse do lado dos afectados.
- Afán anticlerical: denuncia os abusos da Igrexa por considerala intolerante e represora da liberdade.
- O progresismo: Curros é un poeta social ou civil, que defende as liberdades e os dereitos das persoas. Cre nos valores do progreso e ataca a intolerancia, a censura, o fanatismo relixioso, a tiranía, a pena de morte e os abusos dos poderosos.
Eduardo Pondal: Obra
En 1886 publica Queixumes dos pinos, composto de 91 composicións. O fío condutor deste libro é un personaxe que, de camiño a Ponteceso, escoita os queixumes dos piñeiros. A continuación, aparecen eses queixumes en boca do bardo, e finalmente, o bo bergantiñán aclara a mensaxe do bardo. Este libro inclúe un poema chamado Os Pinos, convertido no Himno galego. Tamén traballou no extenso poema épico Os Eoas, no que conta a fazaña do descubrimento de América.
Características da súa poesía
A poesía de Pondal caracterízase por:
- O celtismo: influenciado por Murguía, constrúe un mundo literario baseado nun pasado lendario cheo de esplendor, situándoo na época celta. Para relatar o noso pasado, recorre á creación de heroes imaxinarios.
- O bardismo: Pondal atribúese a si mesmo o papel de bardo. Os bardos eran sacerdotes-poetas-adiviños celtas que se consideraban como unha figura clave, como un líder espiritual que guía ao seu pobo.
- O ossianismo: en 1760 un escocés atopou un libro de poemas dun bardo chamado Ossian. Pondal viu neste libro un pasado ideal no cal os galegos nos deberiamos fixar.
- O helenismo: ademais do pasado celta, Pondal, home de ampla formación clásica, admira profundamente o pasado de Esparta, pobo grego guerreiro que representa para el un modelo a seguir. O helenismo ponse de manifesto na alusión a guerreiros que proveñen da cultura grega, na alusión a topónimos helénicos, no tema da morte heroica en combate, no emprego de cultismos de orixe grega.
- A muller: manifesta nos seus versos un pensamento machista e retrata a muller de dous xeitos: 1) representa a debilidade sendo un botín para o home e, por outro lado, como unha heroína.
Cantigas Medievais
Cantigas de amor
- O protagonista é un home.
- Nos primeiros versos aparece a palabra "senhor".
- Non hai referencias espaciais.
- Personaxes: poeta e namorada.
- Descrición da amada: ser perfecto.
- Analízase o estado anímico do poeta.
- Rasgos formais (dobre, mordobre, finda e altafinda).
Cantigas de amigo
- Protagonista unha muller.
- Nos primeiros versos aparece "amigo".
- Paisaxe rural.
- Personaxes: a amiga, a nai, a irmá, o amigo, elementos da natureza.
- Non hai descrición física do amigo.
- Analízase o estado anímico da amada.
- Rasgos formais: refrán, paralelismo e leixaprén.