Análise Musical: Oliveros e Reich no Século XX

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,97 KB

Pauline Oliveros: "Bye-bye butterfly"

Contexto e Gravación

A presente audición corresponde á peza titulada "Bye-bye butterfly", gravada por Pauline Oliveros. Gravouse en 1965 no San Francisco Tape Music Center, un laboratorio sonoro creado en 1962 para facilitar aos compositores o traballo con equipos especializados.

Pauline Oliveros: Biografía e Traxectoria

Pauline Oliveros, nada en Houston, Texas, é unha acordeonista e compositora. É unha figura central no desenvolvemento da música da posguerra e da arte electrónica. Foi membro fundadora do San Francisco Tape Music Center. Máis tarde, este centro mudou ao Mills College, onde foi a primeira directora. Actualmente coñécese como o Centro de Música Contemporánea. Tamén impartiu clases no Instituto Politécnico Rensselaer.

"Bye-bye butterfly": Contexto Histórico

"Bye-bye butterfly" encóntrase dentro da segunda metade do século XX. Este século distínguese polos numerosos avances tecnolóxicos; porén, está descrito como "a era das grandes matanzas", porque se desenvolveron numerosas guerras ao longo destes cen anos (dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, a Revolución Industrial, etc.). Caracterízase tamén polas múltiples correntes chamadas vangardas. O obxectivo de ditas correntes era romper con todo o anterior. Aparece a Segunda Escola de Viena, da que forman parte nun principio Alban Berg e Anton Webern, liderados por Arnold Schönberg, que tiñan como obxectivo a atonalidade e o dodecafonismo. Tiveron influencia en todo o século e deron lugar ao serialismo.

Análise Musical: Xénero e Crítica

En canto ao xénero desta peza, ten un xénero profano descritivo. É música electrónica, xénero que comezou con Varèse a principios de século.

Esta obra encerra unha crítica tanto aos valores da música do século XIX como ao sistema de educación moral e á opresión do sexo feminino.

Recursos e Parámetros Musicais

Utiliza o recurso da intertextualidade, que consiste na interpolación de planos sonoros que relativizan a discursividade lineal da mensaxe melódica. Todo isto é procesado en tempo real por ecos (delays) en dúas canles (estéreo).

A peza é unha improvisación cun ritmo libre; por estes motivos, non se poden analizar os parámetros tradicionais, posto que carece de tonalidade, textura, ritmo e forma.

O timbre da peza preséntase en dúas fontes: a música electrónica e, por outra parte, unha aria procedente da ópera Madama Butterfly, que é música concreta; por iso é música electrónica. En canto á instrumentación, non emprega instrumentos tradicionais, senón un sistema de reprodución e gravación de sons, que son combinados cun coro de voces en italiano.

Steve Reich: "Music for 18 musicians"

Contexto e Introdución

A presente audición corresponde á peza titulada "Music for 18 musicians" de Steve Reich.

Stephen Michael Reich: Biografía e Estilo

Stephen Michael Reich, nado en Nova York, é un compositor estadounidense. Reich é coñecido por ser un dos pioneiros do minimalismo. Nos seus inicios, Reich desenvolveu varias técnicas de composición musical, que inclúen o uso de loops en cinta, efectos de fase repetidos e novos conceptos musicais, como a retroalimentación con micrófonos e o alongamento. Destacan obras como Violin Phase e Piano Phase, entre outras. Estas composicións tiveron unha grande influencia na música contemporánea americana, aínda que logo Reich abandonou a experimentación tecnolóxica para seguir explorando novas formas de expresión musical co uso de ensembles instrumentais, en obras como "Music for 18 musicians", "The Cave", etc.

"Music for 18 musicians": Contexto Histórico

"Music for 18 musicians" encóntrase dentro da segunda metade do século XX. Este século distínguese polos numerosos avances tecnolóxicos; porén, está descrito como "a era das grandes matanzas", porque se desenvolveron numerosas guerras ao longo destes cen anos (dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, a Revolución Industrial, etc.). Caracterízase tamén polas múltiples correntes chamadas vangardas. O obxectivo de ditas correntes era romper con todo o anterior. Aparece a Segunda Escola de Viena, da que forman parte nun principio Alban Berg e Anton Webern, liderados por Arnold Schönberg, que tiñan como obxectivo a atonalidade e o dodecafonismo. Tiveron influencia en todo o século e deron lugar ao serialismo.

Análise Musical: Xénero e Timbre

En canto ao xénero da obra, é profano, puro, vogal e instrumental. O papel da voz non é dominante; cabe destacar que a voz é un instrumento máis. O timbre é o dunha orquestra formada por:

  • Un violín
  • Un violonchelo
  • Dous clarinetes
  • Dous clarinetes baixos
  • Catro voces de muller
  • Catro pianos
  • Tres marimbas
  • Dous xilófonos
  • Un metalófono

Textura, Ritmo e Estrutura

En canto á textura da peza, todas as voces son independentes. Non se pode falar de melodía acompañada, xa que non se garda xerarquía nas voces. Cada voz xoga un papel propio, aínda que ás veces hai momentos nos que xoga un papel especial sobre a base rítmica.

O ritmo da peza está formado por dous pulsos, os cales se producen simultaneamente: o primeiro é un pulso regular dos pianos e os instrumentos de láminas, presente ao longo da obra; o segundo é o ritmo da respiración humana das voces e os instrumentos de vento.

En canto á estrutura da obra, divídese en trece seccións, das cales a primeira e a última reciben o nome de Pulses, mentres que as seccións centrais desenvólvense sobre un único acorde que se reelabora en diferentes inversións. Cada sección está, á súa vez, concibida como unha pequena composición independente segundo o esquema ABCDCBA da peza á cal se presenta o texto en inglés.

Entradas relacionadas: