Análise de Follas Novas de Rosalía de Castro: Temas e Estilo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,93 KB

Publicación e Estrutura de Follas Novas

Follas Novas é o segundo volume de Rosalía de Castro. Estaba listo para publicar en 1872, pero non viu a luz ata 1880. Comeza cunha dedicatoria de Rosalía agradecendo o apoio económico e segue cun prólogo de Emilio Castelar e "Dúas palabras da autora".

Rosalía volve afirmar a súa plena solidariedade coas xentes do pobo, en especial coas mulleres. É consciente de que o seu canto non é aquel que se agarda no seu tempo dunha muller escritora. O libro é a revelación do espírito dominado polo pesadume. Chega a interiorizar sufrimentos alleos.

O poemario propiamente dito contén 5 libros e 136 poemas (breves) onde presenta a existencia humana na súa problemática. A estrutura da obra segue un proceso no que podemos distinguir as dúas tendencias (intimista e social).

Temática Principal en Follas Novas

Visión Intimista

Os sentimentos de soidade e desamparo son os seus constantes compañeiros. Rosalía gaña conciencia de que a vida é fondo de dor e, se a vida e o sufrimento corren alleos, o amor está condenado ao fracaso. O amor é unha ilusión que se destrúe co tempo. Adquiren protagonismo:

  • O odio
  • O resentimento
  • A vergoña

O repouso identifícase coa morte (única realidade certa da condición humana). Chégase a plantexar o suicidio como fuxida do sufrimento. As oscilacións entre dúbidas e crenzas revelan un radical sentimento de saudade.

Visión Social

Aborda a situación da muller escritora, constrinxida nos límites do sentimentalismo do século XIX. Rosalía é consciente de que a súa traxectoria estaba á marxe das modas, o que deu lugar a hostilidade e ofensas (mandou queimar os seus libros despois da morte).

Ademais, ocupouse das peas alleas, fustrigando as inxustizas e as hipocrisías sociais. Volve desenvolver o tema da emigración, xa que créase un país de orfos e mulleres desgraciadas.

Métrica e Recursos Estilísticos

Presenta gran variedade e complexidade na rima (pegadas de formas populares como cuartetas, décimas...). A maior innovación é a alternancia de versos longos e quebrados xunto a estruturas de estrofas mixtas, o que crea un ritmo entrecortado e disonante.

O estilo é sinxelo, con poucos recursos expresivos (a escaseza de metáforas compénsase coa abundancia de comparacións). O recurso estilístico que manexa ben é o símbolo (como en Negra sombra).

Lingua Empregada por Rosalía

Parte da lingua falada, o que dá lugar a un galego suroccidental cos seus trazos distintivos, xunto con castelanismos e vulgarismos. Non procura un modelo literario; aínda así, dálle a dignidade dunha lingua poética totalmente madura. Recupera para o galego a categoría de lingua literaria.

A Prosa de Rosalía de Castro

Inclúe os prólogos de Cantares Gallegos e Follas Novas, ademais do Conto galego. Describe un espazo aldeán e a aposta levada a cabo por dous amigos para demostrar que o desconsolo dunha viúva non pasa máis alá que o día do enterro do home. Limítase a dar constancia dunha situación social.

Significación da Obra Rosaliana

Rosalía é precursora da poesía cívica de Galicia. Cantares Gallegos marcou o punto de partida para o Rexurdimento polo que supuxo a dignificación da lingua e do pobo.

Follas Novas é unha profundación nesa actitude de denuncia e tamén marca unha corrente innovadora debido á súa métrica e á súa temática (sinala a poesía do século XX). Rosalía sentiuse allea ao mundo da falsa feminidade polo que se move a maioría da literatura da época, mostrando unha clara posición feminista.

Entradas relacionadas: