Análise Ética e Gramatical: O Dilema de 'Os Fillos do Mar' e os Dereitos Humanos

Otras materias3,66 KB

Proposta Alternativa IV

1. O Dilema do Protagonista en «Os Fillos do Mar»

O protagonista da novela «Os fillos do mar» de Pedro Feijoo dubida se relatarlle a auténtica verdade do seu pai a Mariña. Ela tiña unha imaxe dun pai bo e xeneroso que non se correspondía coa realidade: un vil asasino. Finalmente, cando o narrador se convenceu de non lle dicir nada para non atormentala, recibe unha chamada da muller.

2. O Prezo do Prestixio: Accións Escuras

Con estas liñas, o protagonista quere mostrarnos que detrás do éxito do pai de Mariña escóndense escuras accións e decisións que o puideron axudar a acadar o seu bo prestixio. Estes actos, ao mellor, levárono a deixar os valores humanos e éticos a un lado, pagando uns «prezos demasiado elevados».

3. Ética e Dereitos Humanos: A Xustificación da Vida

A vida humana está por riba de todo e de todos. Ningún argumento pode xustificar que se lesione, se perda ou se interrompa a vida plena de todo home e muller.

O Rexeitamento ás Agresións Humanas

No mundo actual, cada persoa normal ou decente experimenta un gran rexeitamento ás agresións da vida humana. Nada xustifica a morte infrinxida, directa ou indirectamente, a unha soa persoa, nin sequera a violación dunha soa das dimensións corporais, morais ou espirituais do máis humilde ou descoñecido ser humano.

Os Dereitos Humanos como Criterio Ético

É pola dignidade das persoas, por riba de ideas políticas, relixiosas, etc., que os Dereitos Humanos son, hoxe en día, o criterio e a medida ética da lexitimidade dos gobernos e das relacións internacionais.

Excepcións Éticas ao Dereito á Vida

Porén, por outro lado, existen certas situacións que poderían xustificar o asasinato dun home. Que pasaría se un neno convivise día tras día co maltrato da súa nai e só tivese como única saída para liberala de tanta dor e sufrimento o asasinato do seu pai? Ou se unha persoa tivese que recorrer a un homicidio para defender e asegurar o benestar doutra persoa ou a súa propia vida? Só nestes casos citados podería aceptar o dano voluntario cara a outro ser.

En conclusión, de non ser polos casos mencionados, a vida é un dereito propio de cada ser e ninguén debe aniquilalo.

4. Uso do Artigo cos Posesivos en Galego

A continuación, detállase o uso do artigo cos posesivos:

  • O seu pai / O meu pai / Do seu pai: Acompaña a nome de parentesco (o uso do artigo é facultativo).
  • Do meu achado: Uso obrigatorio do artigo co posesivo porque este acompaña a un substantivo.
  • Das miñas conclusións: Uso obrigatorio do artigo co posesivo porque este acompaña a un substantivo.
  • No seu interior: Uso obrigatorio do artigo co posesivo porque este acompaña a un substantivo.
  • Nos meus argumentos: Uso obrigatorio do artigo co posesivo porque este acompaña a un substantivo.

5. Tipos de Conxuncións e Exemplos

Identificación das conxuncións presentes no texto:

  • Bo e xeneroso: Conxunción copulativa.
  • Ou quizais / Nin sequera: Conxuncións distributivas.
  • Se / Que (Destruíse o que / Decidín que): Conxuncións completivas.
  • En xuíz e parte / E de conclusións / Fermosa e: Conxuncións copulativas.
  • Aínda que: Conxunción concesiva.
  • Como para: Conxunción modal.

Descargar

PDF Word HTML