Análise Espacial na Economía: Causas do Esquecemento e Dinámicas Urbanas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,48 KB

1. Causas do Esquecemento da Dimensión Espacial na Análise Económica

Razóns para o esquecemento:

  1. Enfoque adoptado pola Economía como ciencia: A Economía, a diferenza doutras ciencias sociais, tendeu a minimizar o papel e a influencia do espazo.
  2. Separación entre economistas e xeógrafos: A análise da distancia, da distribución espacial da poboación e das actividades económicas, as diferenzas espaciais e a descrición dos condicionantes xeográficos naturais consideráronse, durante moitos anos, un campo de estudo propio dos xeógrafos. Moi poucos economistas se preocuparon pola localización das unidades de produción.

2. As Economías de Aglomeración e o Tamaño das Cidades

Afirmación: As economías de aglomeración son ilimitadas, o que explica o crecente tamaño das cidades.

FALSA:

  • A presenza de economías de aglomeración é fundamental no crecemento das cidades porque ofrecen ás empresas e á poboación vantaxes que se traducen en incrementos de produtividade e en maiores ingresos por habitante.
  • PERO As economías de aglomeración non son automáticas nin ilimitadas. A súa amplitude depende do funcionamento do Estado, da eficacia dos servizos públicos, das infraestruturas de transporte e dos avances tecnolóxicos.
  • O tamaño dunha cidade é resultado dun equilibrio entre factores de concentración (economías de escala) e factores de dispersión (transporte).
  • As deseconomías de aglomeración maniféstanse en conxestión, contaminación, incremento de custos (maior prezo do solo, maiores salarios…).
  • O tamaño óptimo é cambiante, está en continua evolución, varía en función da estrutura económica e tecnolóxica.

3. Dualidade do Sistema Económico Mundial

Afirmación: A nivel mundial existe unha dualidade entre un núcleo de actividades que se desenvolven a nivel local e unha maioría de actividades globais.

O sistema económico mundial non constitúe un mercado único:

  1. Existe un núcleo globalizado de actividades dinámicas.
  2. E unha inmensa maioría de actividades que se desenvolven en ámbitos locais, protagonizadas por microempresas e pequenas empresas.

A finais do século XX aproximadamente ¾ partes do produto mundial non son obxecto das transaccións internacionais.

5. Evolución das Políticas de Desenvolvemento Local

Afirmación: Dende a crise dos anos setenta, o ámbito local cobra importancia no deseño das políticas e as estratexias de desenvolvemento comezan a seguir o enfoque top-down (de arriba a abaixo).

FALSO:

Progresivamente foise producindo unha mudanza significativa nas políticas de desenvolvemento, pero foise abandonando o enfoque de arriba a abaixo (top‐down), orientado desde as administracións centrais á redistribución espacial da actividade económica, co obxecto de reducir as diferenzas rexionais dos niveis de renda per cápita; E adquiriu importancia o enfoque desde abaixo cara arriba (bottom‐up), orientado ao desenvolvemento económico das cidades e rexións (Difusión de innovacións, Reorganización da base empresarial local, Infraestruturas básicas, Servizos de desenvolvemento empresarial, Capacitación de recursos humanos, Sistema de información local).

Entradas relacionadas: