Análise da Dinámica da Poboación Galega (1900-2020)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,72 KB

Dinámica da Poboación Galega entre 1900-2020

Entre 1900 e 2020, a poboación galega aumentou moi lentamente, mentres que a española aumentou moito máis rápido e en maiores proporcións. A evolución da densidade de poboación en Galicia aumentou ata 1950 e, a partir deste ano, mantívose bastante inestable, rexistrando no 2020 unha evolución menor que en España. En España, a evolución da densidade de poboación en 1900 era menor que en Galicia, pero no último ano isto cambia. A densidade de poboación medra moi rápido e en gran proporción.

A evolución dun país está determinada por dous elementos:

  • Variación da poboación = crecemento vexetativo + saldo migratorio.
  • Taxa de natalidade: nacementos / poboación total. Depende da taxa de fecundidade e da estrutura por sexos e idades da poboación.
  • Taxa global de mortalidade: defuncións / poboación total. Función das taxas específicas de mortalidade e da esperanza de vida ó nacer.

O índice sintético de fecundidade entre 1900-2015 foi sempre maior en España que en Galicia. Este sempre foi diminuíndo ó longo do período de forma significativa en ambos os espazos. A esperanza de vida foi aumentando en ambos os espazos e case igualándose no último ano. Nas primeiras tres décadas era maior en Galicia e despois cambiaban os papeis cada pouco tempo.

Galicia:

A taxa de natalidade foi diminuíndo ó longo do período, excepto nos períodos 2001-2005 e 2006-2010 que aumentou, aínda que nunha porción pequena. A taxa de mortalidade diminuíu moito ata 1961-1970; a partir de aí, aumentou aínda que non de forma drástica. A taxa de crecemento vexetativo foi positiva e un pouco inestable ata 1951-1960; a partir dese período, foi diminuíndo moi rapidamente ata chegar a ser negativa a partir de 1991-1995, é dicir, a partir de aí morría máis xente da que nacía. A taxa de crecemento real foi positiva ata o período 1941-1960, pero diminuíu excepto no período da Guerra Civil; despois, pasou a ser negativa excepto no período entre 1971-1981 que creceu. O saldo migratorio foi negativo ata 1981-1991, excepto no período da Guerra Civil; despois, foi positivo. Mantén un comportamento inestable, é dicir, crece e decrece continuamente. Podemos destacar que no último período, 2011-2019, decrece. Que este saldo sexa negativo quere dicir que marcha máis xente da que entra.

España:

A taxa de natalidade era máis elevada que en Galicia, pero esta tamén foi diminuíndo axilmente ó longo do período, excepto nos períodos 2001-2005 e 2006-2010. E no último ano segue mantendo unha taxa máis elevada que en Galicia. A taxa de mortalidade foi maior en España que en Galicia ata o período 1941-1950. Esta diminuíu ó longo do período que estamos estudando, pero tivo un pequeno aumento entre 1981 e 2000; despois, decrece e volve aumentar nos últimos dous períodos, aínda que non de forma drástica; e séguese mantendo por debaixo da taxa de Galicia. A taxa de crecemento vexetativo foi un pouco máis baixa que en Galicia ata 1941-1950; nas próximas décadas, pasa o contrario. Esta taxa descende de forma moi brusca, pero só alcanza un valor negativo no período 2016-2019.

Evolución no Período 1950-1975:

A poboación conservaba unha vitalidade natural importante, o crecemento natural foi absorbido pola emigración exterior, o número de habitantes permaneceu estancado e mesmo diminuíu lixeiramente, rompendo co seu crecemento anterior.

Galicia:

Neste período, a taxa de natalidade descendeu moderadamente, a taxa de mortalidade diminuíu pero nos últimos anos tivo un aumento pouco significativo e a taxa de crecemento vexetativo foi diminuíndo de forma moderada. As emigracións exteriores con maior porcentaxe eran ó resto de Europa, en segundo lugar estaban as transoceánicas e en último lugar ó resto do Estado. A poboación neste período diminúe considerablemente.

España:

A taxa de natalidade era máis elevada que a galega, aínda que esta foi diminuíndo; a taxa de mortalidade era inferior á galega e esta tamén foi diminuíndo ó longo do período; e a taxa de crecemento vexetativo é máis elevada que a galega, esta aumenta moi pouco a mediados do período pero diminúe a finais.

Novo Modelo Demográfico 1975-2020:

As emigracións transoceánicas por parte de Galicia teñen un comportamento inestable, pero en xeral podemos dicir que diminúen, sobre todo, a partir do 86 ata o 90. As emigracións a Europa aumentan bastante ata o 82, pero despois caen en picado. A partir do 83 comezan a aparecer as emigracións retorno que van aumentando cada vez máis; o que levan a conseguir un saldo positivo entre o 83 e o 90. A maioría das emigracións entre 1990 e 2015 son ó resto do Estado; estas teñen un comportamento un pouco inestable ó longo do período. As inmigracións aumentan ó longo do período, pero comezan a diminuír a partir do 2008 e teñen un pequeno aumento no último ano.

E, en xeral, o saldo migratorio global ten un forte aumento entre 2002-2008, pero despois diminúen e alcanzan un saldo negativo nos tres últimos anos. O saldo migratorio co resto do Estado é xeralmente negativo. E o saldo migratorio co estranxeiro é positivo en todo o período, excepto no ano 2013, e ten un forte aumento entre 2000 e 2007.

Os inmigrantes chegados a Galicia desde o estranxeiro son maioritariamente de orixe española ata 2000; a partir dese ano, os inmigrantes de orixe española diminúen e aumentan de forma considerable os de orixe estranxeira. O saldo das migracións de Galicia co estranxeiro (persoas de nacionalidade española) aumenta entre 2002-2003, pero despois vai diminuíndo rapidamente e alcanzando un saldo negativo a partir do 2011 ata 2015. Entre 1990-2015, as emigracións eran máis elevadas co resto do Estado que co estranxeiro, as inmigracións eran máis elevadas co resto do Estado que co estranxeiro. En xeral, o saldo das migracións co resto do Estado era negativo; e o saldo de migracións estranxeiras era positivo. Isto quere dicir que marchaba moita máis xente da que entraba no Estado e que entraba máis xente que viña do estranxeiro da que marchaba.

No 1998, a maioría da poboación galega que emigraba e inmigraba en Galicia estaba entre 25 e 34 anos, mentres que a maioría da poboación era maior de 65 anos. No 2005, séguense mantendo estas características, só que de forma máis elevada. Como xa mencionamos, a comezos do período o saldo vexetativo era positivo, é dicir, nacía máis xente da que morría; pero a partir do 87 este saldo pasa a ser negativo.

Galicia:

A taxa de natalidade vai diminuíndo ó longo da época, excepto entre 2000-2010 que ten un lixeiro aumento, pero diminúe nos últimos anos. A taxa de mortalidade aumenta moi pouco a pouco ata 2010 que sofre un pequeno desplome, pero nos últimos anos crece e mantense constante. A taxa de crecemento vexetativo diminúe e, a partir dos anos 90, alcanza un valor negativo; esta ten un lixeiro aumento a partir do 2000, pero nos últimos anos volve a diminuír.

España:

A taxa de natalidade é lixeiramente superior á galega; esta diminúe ata os anos 95, aumenta nos anos 2000 e 2015 e, posteriormente, volve a diminuír en maior proporción. A taxa de mortalidade é lixeiramente inferior á galega; presenta un comportamento inestable ó longo do período, xa que aumenta e diminúe constantemente; pero podemos dicir que, en xeral, aumentou. A taxa de crecemento vexetativo é lixeiramente superior á galega; esta diminúe ata o 2000 en gran medida; tras isto, aumenta ata chegar ó 2015 que volve a caer e no 2019 alcanza un saldo negativo.

As CCAA cunha maior taxa de crecemento vexetativo no 2008 son Ceuta e Melilla; Galicia e Asturias teñen as taxas máis baixas; e a maioría das CCAA teñen unha taxa de crecemento vexetativo positiva. No 2019, as CCAA cunha maior taxa de crecemento vexetativo son Melilla e Ceuta, mentres que Asturias e Castela e León teñen o saldo vexetativo máis baixo; en xeral, a maioría das CCAA teñen unha taxa de crecemento vexetativo negativo. En xeral, a poboación galega aumentou moi pouco neste período. No contexto estatal, Galicia, xunto con Asturias, foron as comunidades que menos variación obtiveron entre 2001-2008.

Galicia aumentou moi pouco o nivel de poboación estranxeira.

Estrutura por Idades:

No 1900, a maioría da poboación tiña entre 5-9 anos, tanto homes coma mulleres. En cambio, no 2020, a poboación máis abundante é a de 40-44 anos. Vemos como no 2020 medrou a poboación de máis de 65 anos e como diminuíu a de menos de 10 anos.

En Galicia, a poboación máis abundante, ó igual que no resto de España e na UE-27, é a de entre 15 e 64 anos. O problema é que Galicia ten unha porcentaxe moi alta de xente maior de 65 anos e unha porcentaxe moi baixa de xente menor de 15 anos en comparación con España e coa UE-27.

A poboación de máis de 25 anos agrúpase máis por zonas do sur.

Distribución Espacial da Poboación:

Entre 1950-2001, a poboación total de Galicia aumentou moi pouco; dentro desta, podemos diferenciar a poboación rural e a urbana. A poboación rural foi diminuíndo ó longo da época, pero segue sendo a máis abundante. A poboación urbana foi aumentando moito ó longo deste período. As zonas pouco poboadas son as que máis superficie ocupan en Galicia, mentres que as zonas intermedias (poboadas) son as que máis habitantes teñen.

A variación do volume e densidade de poboación nas catro provincias: Pontevedra foi a que máis variación obtivo, aínda que A Coruña segue sendo a que máis habitantes ten por km2. Lugo e Ourense obtiveron, en xeral, unha variación negativa da densidade.

Entradas relacionadas: