Análise Demográfica e Urbana: Conceptos e Casos Prácticos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,3 KB

Definicións Clave en Demografía e Urbanismo

Esperanza de Vida

Cálculo do número de anos que unha persoa pode esperar vivir ben no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes.

Réxime Demográfico

Etapa na evolución do movemento natural dunha poboación cunhas características determinadas en canto a natalidade, mortalidade e ao crecemento vexetativo.

Censo de Poboación

É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado. Achéganos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, nivel de estudos, renda, etc.

Crecemento Vexetativo

É a diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións dunha poboación nun momento determinado.

Área Metropolitana

Rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome a unha área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, etc.

Cidade Difusa

Modelo de desenvolvemento urbano que se caracteriza por unha expansión do territorio con menor densidade de edificación, ao longo das áreas metropolitanas e contornas suburbanas.

Espazo Schengen

Conxunto de territorios dos Estados europeos nos que se aplica a supresión de controis nas fronteiras interiores e as persoas circulan libremente.


Exercicios Prácticos de Análise Demográfica

1. Análise do Envellecemento Poboacional

a) Estudo de Pirámides de Poboación

Huelva, Sevilla, Cádiz, Almería e Murcia

É unha pirámide de poboación, que mostra a estrutura demográfica da poboación, por sexo e idade, nun momento determinado.

No eixo vertical temos os rangos das idades (de 5 en 5 anos) e no horizontal os efectivos de poboación masculina e feminina en porcentaxe sobre o total da poboación. A forma da pirámide é propia dos países desenvolvidos con taxas de natalidade moi baixas e unha mortalidade en aumento pola alta esperanza de vida asociada a un réxime demográfico moderno.

Pirámide de parasol, correspondente a unha poboación envellecida.

  • Entrante de 70 a 74 anos: nacidos desde 1938 ata 1942, correspóndese coa caída de nacementos durante a Guerra Civil e a posguerra; este é menos visible nas mulleres pola maior lonxevidade e menores taxas específicas da mortalidade.
  • Saínte correspondente ao baby boom dos anos 60 para os maiores de 40 anos. Forte crecemento vexetativo dos anos do “desarrollismo” e política pronatalista do réxime ditatorial.
  • Entrante moi significativo pola baixada da fecundidade nos anos 90, asociado aos cambios sociais e culturais que acompañan ao final da transición demográfica e redución por mor da crise económica.
  • Saínte por incremento da natalidade que se explica pola inmigración nos primeiros grupos de idade (de 0 a 9 anos). Esta poboación conserva comportamentos de fecundidade propios das rexións de orixe.

O envellecemento poboacional implica: aumento do gasto destinado ás pensións; problemas para o mantemento do Estado do Benestar; atraso na idade de xubilación; dificultade para asegurar a reposición xeracional; crise demográfica a medio prazo.


2. Estudo de Caso: O Plano Urbano de Barcelona

a) Análise do Plano Urbano e Problemas

Álava, Madrid, Valladolid e Zaragoza

A figura 2 é unha representación a escala dun fragmento do plano urbano da cidade de Barcelona, capital da comunidade autónoma de Cataluña.

Un plano urbano é unha representación das zonas que están ocupadas e das que están libres, así como a súa organización e cambio a través do tempo. O plano permite diferenciar os tres elementos máis importantes: o casco antigo, os ensanches e as periferias.

Barcelona localízase á beira do mar Mediterráneo, o que serve de apoio á cidade e a conforma como unha das cidades máis importantes do país.

O casco antigo ocupa unha extensión pequena dentro da cidade. Nesta zona localízanse elementos históricos importantes como o Barrio Gótico, a Catedral, etc.

O desenvolvemento industrial de Barcelona no seu pasado levou á creación dun ensanche arredor da cidade. Este desenvolvemento industrial fixo que numerosos pobos agrícolas acabasen sendo convertidos en barrios urbanos, os cales forman a periferia na actualidade e conforman un conxunto de barrios obreiros, zonas industriais, etc.

Ao igual que en moitas grandes cidades, os principais problemas do casco antigo son o deterioro físico de rúas e casas, o que dá lugar a unha degradación social que provoca envellecemento da poboación, perda de poboación, baixo nivel de renda e concentración de clases marxinais cun rápido desgaste das edificacións. Isto provoca un deterioro ambiental que prexudica a imaxe da cidade. Este deterioro provoca que numerosa poboación se decida por abandonar o casco antigo cara á periferia.

As principais solucións son: a reforma de edificios para poder darlles outro uso; o cambio de mentalidade da poboación cara a vivir nestes lugares; as políticas de reanimación e conservación destes lugares, etc.


3. Poboación Estranxeira e Evolución Demográfica

a) Distribución e Consecuencias Demográficas

Andalucía, Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid.

A figura 1 é un mapa de puntos proporcionais dividido por provincias que representa a porcentaxe de poboación estranxeira en 2015.

A figura 2 representa dúas pirámides de poboación con datos do INE, correspondentes aos anos 1960 e 2020.

A pirámide de España en 1960 corresponde a un modelo de pirámide progresiva, cunha base ancha e ampliándose por mor dunha taxa de natalidade elevada, na época de eclosión do baby boom do segundo franquismo. A esperanza de vida, ben menor ca en tempos actuais, denota un maior envellecemento feminino, característica que se mantén en tempos presentes. A pirámide estréitase de xeito significativo no grupo de 20 a 24 anos, correspondente aos non nacidos na Guerra Civil, e amosa poucos varóns no grupo de 40 a 44 anos, debido ás mortes causadas pola guerra, especialmente en soldados novos.

A pirámide do ano 2020 é un modelo de pirámide regresiva, propia do novo réxime demográfico. A taxa de fecundidade descendeu, situándose por debaixo da taxa de reposición —o que repercute nunha taxa de natalidade baixa, tamén característica dunha sociedade actual. A idade media da poboación aumentou e a esperanza de vida tamén.

A pirámide de poboación de 2020 ten unha serie de consecuencias para o futuro demográfico do Estado:

  • Amosa unha maior duración da vida da maior parte das persoas. A necesidade de atender aos maiores incide na necesidade de servizos sociais centrados na atención sanitaria.
  • Un menor número de nacementos esixe reemprazar a poboación activa do tecido produtivo mediante inmigración.
  • O envellecemento demográfico, cun peso moi significativo da poboación xubilada no total, pode conlevar dificultades de mantemento do sistema de pensións ou a necesidade de reforma do mesmo.

Entradas relacionadas: