Análise da Industria Española: Retos, Tendencias e Oportunidades
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 12,45 KB
A Industria Española: Unha Visión Xeral
España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Pero o desenvolvemento da actividade industrial non acadou un nivel notable ata a segunda metade do século XX. A crise industrial de 1974, que evidenciou a necesidade de cambiar os sistemas de produción, coincidiu coa revolución tecnolóxico-informática. Desenvolveuse así unha nova etapa denominada postindustrial ou terceira revolución industrial que deu lugar a novos modelos de empresas cunha importancia crecente das novas tecnoloxías, a innovación e a investigación. O ingreso de España na Unión Europea deu lugar a un proceso de modernización produtiva, e supuxo a fin do proteccionismo e a apertura do mercado á competencia exterior, o que provocou unha reconversión industrial e o peche de moitas industrias non competitivas. A incorporación de novos países á UE afecta a industria española por diversas causas: estes países gozan dunha maior proximidade ao grande eixe industrial europeo (países nórdicos, Alemaña, Norte de Italia...); ademais, a súa estrutura productiva é similar á española, a man de obra, máis barata, e a súa produtividade e cualificación en alta tecnoloxía, maior. Así mesmo o investimento do capital estranxeiro permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía co que aumentou o seu potencial industrial dentro da UE. Un dos sectores da industria española máis afectados é o dos automóbiles, no que España mantivo un bo ritmo de exportacións; o sector está dominado por empresas de capital estranxeiro que poden deslocalizar as industrias na procura de menores custos, o que tería consecuencias negativas para as industrias de compoñentes. España debería orientar o seu tecido industrial a unha maior calidade e produtividade para lle facer fronte á competencia dos novos países da UE que tenden a desprazar a España do seu segmento do mercado exportador. Por outro lado, España tivo que superar varios períodos de crise. O primeiro deuse a partir de 1990, a mediados dos noventa a industria española, xa recuperada, convertérase no sector de actividade máis produtiva grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral. A economía crecía por riba da media europea e aumentaba o investimento español nos países da UE mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban empresas españolas. A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, produción e demanda aínda que perderá importancia no conxunto de actividades económicas a causa da terciarización do emprego. No entanto, en 2007 xorde a crise financieira en Estados Unidos e aféctalle a economía mundial. Na Unión Europea iniciouse unha tendencia xeral á baixa, que en España se reflicte cunha recesión da carteira de pedidos, un aumento dos stocks e unha desaceleración do emprego.
Problemas Estruturais da Industria Española
Os problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía). A industria española presenta diversos problemas estruturais que afectan negativamente á súa competitividade fronte á economía europea e á global:
- Existe un escaso número de grandes empresas, xa que dominan as pequenas e medianas empresas; estas teñen a vantaxe de adaptarse mellor ás demandas do mercado e presentar menos conflictos laborais, porén, non permite facer economías de escala, nin grandes investimentos en novas tecnoloxías.
O Instituto da Mediana e Pequena Empresa Industrial fomenta a innovación das PEMEs e a colaboración tecnolóxica entre elas.
- A produtividade industrial é inferior á da Unión Europea, feito que incrementa o custo laboral. Un dos recursos para mellorar a produtividade é a aplicación das innovacións derivadas das TIC, pero o gasto español neste sentido está moi por debaixo do gasto da UE.
- O nivel de intensidade tecnolóxica é baixo e a porcentaxe de investimento en I+D+i é insuficiente (só o 1,4% de industrias manufactureiras españolas presentan un nivel alto de intensidade tecnolóxica e unicamente 22 empresas españolas figuran na listaxe das mil empresas comunitarias que máis invisten en innovación). Isto provoca unha balanza tecnolóxica deficitaria: as principais empresas de automóbiles, maquinaria eléctrica, aparellos electrodomésticos e produtos farmacéuticos fabrican con patentes estranxeiras, que son unha boa fonte de ingresos para os países que as crean, pero un enorme gasto para países como España que deben pagar para a súa aplicación. É fundamental, polo tanto, dedicarlle unha porcentaxe máis elevada do PIB a I+D+i e fomentar a mellora do sistema educativo e a formación técnica laboral.
Tendencias Recentes da Industria en España
Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización. O actual tecido industrial español estase a incorporar á globalización económica, de maneira que as nosas zonas industriais se configuran como puntos dunha rede de produción a nivel mundial. Esta rede caracterízase pola concentración de capital e de decisión en poucas empresas multinacionais moi poderosas, co que o papel da economía estatal se reduce. Numerosas decisións tómanse fóra de España xa que aquí hai poucas sedes centrais de grandes empresas. Isto explica que, malia ser unha potencia industrial, non teña un papel relevante na economía mundial. Nesta economía globalizada as empresas buscan a competitividade para aumentar a súa conta de mercado; de aquí derívanse as causas da deslocalización: a busca de menores custos laborais e das mellores condicións fiscais e técnicas. Por esta razón trasládanse ao Leste de Europa, Sueste asiático, China... Por outro lado, a localización dos establecementos industriais flexibilizouse de maneira que a empresa pode deslocalizar parte do proceso produtivo. Este é o caso dalgunhas fábricas téxtiles españolas que desprazaron ao Norte de África os procesos que esixen unha considerable man de obra, mentres que o deseño dos tecidos, proceso de maior valor engadido, se fai en España. As consecuencias das deslocalizacións son o aumento da taxa de paro e a perda de emprego do sector secundario que cad avez tende máis a terciarizarse. As políticas industriais, por parte dos gobernos, proporciónanlles axudas ás empresas para frear o proceso de deslocalización e o aumento do paro.
Outros Aspectos Relevantes
VOC: Subcontratación. A subcontratación, outsourcing ou tercerización é o proceso económico no que unha empresa move ou destina os recursos orientados a cumplir certas tarefas cara a unha empresa externa por medio dun contrato. España é un país cunha gran oferta de industria subcontratista que ofrece os seus servizos e solucións tecnolóxicas a un amplo número de sectores industriais punteiros.
Enerxías renovables. Son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles. Galicia é unha das CCAA con maior producción de enerxía renobable, destaca a enerxía hidraulica no complexo Miño-Sil, a de biomasa, e a eólica nos cumes montañosos de litoral galego, sen esquecer o potencial da enerxía xeotermica en Ourense.
Fondos Estruturais. Son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e busca reforzar a cohesión económica e social. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) -destinados ás rexións menos favorecidas- e o Fondo Social Europeo (FSE) - destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego. España foi un dos países que máis axudas recibiu dende 1986, e seguirá sendo receptor de importantes axudas europeas; no periodo 2014-2020 destaca a aportación do FEDER.
Industrias verdes. Son aquelas na que o valor central non é o crecemento económico senón o desenvolvemento sostible -a través do respeto ao medio ambiente e o uso preferente de enerxías alternativas ou renovables-. Unha industria verde crea valor económico, medioambiental e social. Por tanto, nelas un valor fundamental é o de evitar a contaminación industrial e o deterioro da paisaxe. En España as "Etiquetas Ecolóxicas Europeas" son o distintivo que permite identificar aqueles bens (entre eles os bens industrias) cuia producción e consumo xera un menor impacto ambiental.
Materias primas estratéxicas. No novo contexto de desenvolvemento industrial unha serie de materias primas estratéxicas acadan nos mercados internacionais un valor notable pola súa asociación a industrias de tecnoloxía punta e a escaseza das mesmas. En moitos casos estamos diante de recursos que son causa de guerras neo-imperialistas para abastecer ás grandes potencias industriais. Ademáis dos tradicionais petróleo, gas e uranio, están outras como coltan, diamantes, manganeso, cobalto, aluminio, cobre, níquel, titanio, etc. España posue xacementos de minerais matálicos, destacando por volumen, cobre, cinc e niquel.
Parque tecnolóxico. Espacio destinado a albergar industria de alta tecnoloxía, centros ou organismos de investigación e de transferencia de tecnoloxía. Están promovidos e xestionados por unha ou varias instituciones públicas ou privadas. Caracterízase por situarse na periferia urbana que presentan una elevada calidade ambiental, boas infraestructuras e abundantes servizos empresariais. Na actualidade, existen parques tecnolóxicos na maioría de provincias de España, aínda que os máis importantes concentranse nos principais focos de innovación do noso país (Madrid e Cataluña).
Balanza de pagamentos. A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transaccións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transaccións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As exportacións, investimentos, etc. rexístranse como datos positivos, mentres que as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. España acumulou sete anos de superávit na balanza de pagos no 2018.
Economía somerxida. Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais. Permite a subsistencia marxinal dun sector máis ou menos amplo da poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas. Afecta a máis dun millón de personas e move sobre 200.000 millones de €, chegando a representar o 18% do PIB.
Ecoturismo. Chamamos ecoturismo a unha nova tendencia do turismo alternativo, diferente ao Turismo tradicional. Neste enfoque para as actividades turísticas priviléxiase a sustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural; nesta alternativa turística preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente e a comunidade local, e mantendo sempre un respeto ético polas leis laborais e os dereitos humáns dos traballadores implicados. As posibilidades do ecoturismo en España son moi importantes debido á cantidade e variedade da súa biodiversidade.
Franquía. Cadeas de establecementos pertencentes a empresas xuridicamente distintas ligadas por un contrato no que unha (a franquiadora) lles concede a outras (as concesionarias) a licenza para explotar unha marca ou unha fórmula comercial mediante o pagamento dunha cantidade determinada, achegándolle a asistencia, a publicidade, etc. En España destacan franquías de sectores como o comercio textil (Zara, Mango, Adolfo Domínguez...) e restauración (Vips, Telepizza...).
Taxas aeroportuarias. As tasas aeroportuarias son un imposto que paga cada viaxeiro en concepto de uso e mantemento do aeropuerto (en moitos países). Inclúese en estas taxas unha serie de tarifas polos servicios que ofrece o aeropuerto (uso das pistas, os servizos de tránsito aéreo, de control de pasaxeiros e equipaxes...). En España cobraas AENA e están reguladas pola Comisión Nacional de os Mercados e a Competencia (CNMC).