Análise Comparativa: Vida Rural vs. Urbana en Galicia
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 9,44 KB
Comparativa Inicial: Rural vs. Urbano
Estereotipos e Realidades
Rural: estereotipos, dispersión poboacional, agricultura e gandaría, desvalorización, envellecemento, emigración.
Urbano: centralización dos recursos, innovación, industria, oportunidades, xente moza.
Reflexións sobre o Lugar de Residencia
Lugar de residencia habitual. Canto tempo levades vivindo nese sitio? Cales son as vosas orixes (rural ou urbano)? Por que tomastes a decisión de vivir no rural/urbano? Cales son as vantaxes de vivir no rural e de vivir no urbano? Escolleríades o mesmo sitio para vivir agora mesmo? Pros e contras da vida no rural. Pros e contras da vida no urbano. Pros e contras da necesidade dun cambio de vida do urbano ao rural. Onde está o futuro da sociedade, no rural ou no urbano? Por que? E vós, como futuras Animadoras Socioculturais, onde considerades que existe maior saída laboral? Por que?
Conceptos Fundamentais
Poboación Humana
Individuos que viven nunha área determinada.
- Tamaño Poboacional: número de individuos dun pobo/cidade.
- Distribución: como de aglomeradas e/ou dispersas están as persoas. Esta pode ser:
- Uniforme: poboación espazada equitativamente.
- Aleatoria: poboación espazada ao azar.
- Agrupada: poboación distribuída en grupos.
- Densidade: número de individuos por unidade de área.
Concepto de Comunidade
"Agrupación ou conxunto de persoas que habitan un espazo xeográfico delimitado e delimitable, con membros que teñen conciencia de pertenza ou de identificación con algún símbolo local e que interaccionan entre si máis intensamente que noutro contexto, operando en redes de comunicación, intereses e apoio mutuo, co propósito de acadar determinados obxectivos, satisfacer as necesidades, resolver problemas ou desempeñar funcións sociais relevantes a nivel local".
Contextos Urbanos: Características e Desafíos
Hábitat de máis da metade da poboación española e europea.
- Motor de desenvolvemento económico, social, tecnolóxico e cultural.
- Innovación a nivel tecnolóxico e social.
- As súas políticas (recursos, economía, organización) transcenden o territorio urbano.
- Centros de poder político pola capacidade de influencia que teñen.
- Peso crecente das redes de cidades (cidades por un transporte sostible, cidades que traballan pola vulnerabilidade social...).
Características Principais
- Tendencia á homoxeneización.
- Perda de sentimento de identidade.
- Xeradora de procesos de exclusión.
- Deficitaria en equipamentos públicos e zonas verdes.
- Terciarización.
- Políticas selectivas de rehabilitación de vivendas.
- Contraste centro-periferia.
- Despilfarro de recursos enerxéticos e contaminación.
//As cidades pasaron de ser o mellor instrumento do que se dotou a humanidade para satisfacer as súas múltiples necesidades, a ser focos desestabilizadores e desestabilizados no seu interior, onde as tensións e disfuncións tradicionais se incrementan, á par que se acelera a depredación das súas contornas inmediatas e contribúen (de forma severa) á crise ambiental a escala planetaria.
Contextos Rurais: Oportunidades e Debilidades
O desenvolvemento comunitario tivo a súa orixe no rural. Rural = Organización da comunidade. Modelo de economía agrarizada. Idealización do modelo de vida da cidade. Diversidade de necesidades. A xente marcha vivir ao rural porque ansía unha tranquilidade fóra da urbe.
Oportunidades e Debilidades
- Dispoñibilidade organizativa: maior interacción, sentimento de pertenza ao espazo.
- Veciñanza vs. Conflito: canto maior é a interacción e as relacións, máis intenso é o conflito.
- Carencia de servizos: non se aproveitan os equipamentos existentes.
- Autoestima da comunidade: formar parte dunha contorna infravalorada.
A Despoboación en Galicia
A despoboación prodúcese cando o nivel dunha poboación descende de forma alarmante. Adoita producirse pola emigración e as baixas taxas de natalidade que conducen a un envellecemento da poboación, aumentando a taxa de mortalidade.
O Envellecemento
Galicia é a segunda comunidade autónoma máis envellecida e cuadriplica a taxa de xubilados desde hai 40 anos, por detrás de Asturias. Un de cada 4 habitantes xa supera os 65 anos e na metade das comarcas a poboación de avanzada idade representa máis do 30% do seu padrón. A pirámide poboacional de Galicia cada vez está máis envellecida: 207 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16.
Desenvolvemento Comunitario e Axentes
Definición de Desenvolvemento Comunitario
“É aquel proceso educativo (porque as persoas mudaron e aprenderon que ese cambio era necesario para elas) encamiñado a conseguir o benestar social da poboación facendo que esta interveña de forma directa – a través dunha participación activa – na solución dos problemas existentes (persoas como protagonistas dese cambio, participación da comunidade a partir dunha aprendizaxe conseguida a través dunha educación, de aí que teña que ser un proceso participativo e non só imposto); poñendo en marcha diferentes mecanismos de acción – intervención social (metodoloxía) para mellorar a realidade social aproveitando ao máximo os recursos cos que se conta (valorar o que existe xa na comunidade para poder desenvolver os cambios, ser consciente do valor que teñen os recursos do territorio para optimizalos e explotalos)”.
AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Axencia pública autonómica da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. A súa finalidade é mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural, contribuíndo á cohesión do territorio.
Elabora estratexias, planifica actuacións, coordina e xestiona recursos destinados ao desenvolvemento do medio rural. Como entidade pública xestora do programa LEADER en Galicia realiza as tarefas de apoio e de seguimento e control dos programas executados polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).
Participación e Financiamento (LEADER/GDR)
- Quen pode participar? Entidades públicas ou privadas que desenvolvan actividades en ámbitos económicos, sociais, etc.
- Como? A través dos GDR, asociacións constituídas por todas as entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional que desexen implicarse. Funcionan como calquera asociación sen fin de lucro.
- Financiamento (LEADER): Calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación dun Grupo de Desenvolvemento Rural pode solicitar unha subvención. Os promotores non precisan formar parte do GDR para obter financiamento do programa LEADER.
Programa LEADER
LEADER (siglas en francés de "Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural") é unha iniciativa impulsada pola Unión Europea para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, facendo aos territorios rurais protagonistas do seu propio desenvolvemento.
Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR)
Elemento esencial da metodoloxía LEADER, que se trata de procesos que se configuran de abaixo cara arriba. Son entidades sen ánimo de lucro que son o resultado da participación da sociedade rural. Contan con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos para levar a cabo a estratexia de desenvolvemento. Son multisectoriais tanto na dimensión económica (non só do sector primario) senón tamén no resto de dimensións sociais. Os proxectos poden ser de natureza produtiva (orientados á xeración de emprego e riqueza) ou non produtiva (que perseguen a dotación de servizos e equipamentos). Son axentes dinamizadores no medio rural e claves no referente ás políticas de fixación da poboación e na loita contra o despoboamento do agro e o seu abandono.
Quen pode ser socio dun GDR?
Os GDR funcionan como calquera asociación sen ánimo de lucro e deben cumprir co principio de "portas abertas". Poderán ser socios dos GDR: asociacións de calquera tipo, cooperativas, comunidades de montes veciñais, organizacións profesionais agrarias... As persoas físicas e as empresas individuais non poden formar parte directamente, senón que deben intervir a través das súas asociacións profesionais ou outro tipo de entidades representativas.
COCEDER: Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural
Unha ONG de Acción Social de ámbito estatal, formada por 23 Centros de Desenvolvemento Rural (CDR) e unha Federación pertencente a 9 comunidades autónomas, que funcionan de maneira autónoma e solidaria.
Cal é o seu principal obxectivo? O desenvolvemento social, evitando que o colectivo de persoas que viven no medio rural quede excluído duns niveis suficientes de benestar, así como a loita pola inclusión social, a coherencia e os dereitos sociais de todos e todas elas.